Gabinete Numismático da Universidade de Uppsala
- Para outros artigos de entidades numismáticas coa palabra "gabinete", véxanse as páxinas de homónimos Gabinete e Gabinete numismático.
Gabinete Numismatico da Universidade de Uppsala ––Uppsala universitets myntkabinett–– | |
---|---|
![]() Edificio principal da Universidade de Uppsala, sede do Gabinete Numismático. | |
Coordenadas | 59°51′27″N 17°37′46″L / 59.85750, -17.62944 |
País | ![]() |
Cidade | ![]() |
Inauguración | Século XVII |
Na rede | |
http://www.gustavianum.uu.se/coincabinet/ | |
[ editar datos en Wikidata ] | |
O Gabinete Numismático da Universidade de Uppsala (en sueco: Uppsala universitets myntkabinett) é unha institución científica e museística pertencente a esa universidade, que acolle unha das coleccións públicas de moedas e medallas de Suecia. Ten a súa sede no edificio principal da Universidade de Uppsala.[1]
Historia[editar | editar a fonte]
As orixes da colección remóntanse ao século XVII. Algúns dos primeiros obxectos que comezaron a conformala foron as moedas e as medallas provenientes do gabinete de arte e antigüidades de Augsburgo, que lle foi doado á Universidade de Uppsala en 1694 polo rei Carlos XI.[2].[3]
Máis tarde, a colección viuse ampliada ao recibir algunhas doazóns salientables, como a da raíña Luísa Ulrica de Prusia. Particularmente significativa foi a achega de Carl Didrik Ehrenpreus (1692-1760), reitor da universidade, á que lle vendeu a baixo prezo a súa colección de 3.000 moedas e medallas e ademais lle doou 120 varas rúnicas para a biblioteca.[4]
O primeiro estudo sobre numismática na Universidade de Uppsala publicouse en 1679.[5] A partir dese momento, editáronse máis de cincuentra traballos sobre a moeda e a historia monetaria.[6]
A colección[editar | editar a fonte]
A colección abrangue arredor de 40.000 obxectos, desde moedas do século VI a. de C. ata o diñeiro electrónico actual.[7]
É particularmente relevante a sección de moedas e medallas antigas de Suecia, xunto coas coleccións de moeda da época viquinga, as primeiras moedas dos estados europeos e as moedas do mundo islámico.[7]
A finalidade principal do Gabinete é o apoio á investigación e á formación en materia numismática na Universidade de Uppsala, motivo polo que na exposición permanente só se amosa unha pequena parte dos fondos que posúe.[7]
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ Mäkeler, H. (2015).
- ↑ "The Augsburg Art Cabinet". www.gustavianum.uu.se (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 01 de outubro de 2020. Consultado o 10 de febreiro de 2021.
- ↑ "About us". Uppsala University Coin Cabinet.
- ↑ "Carl Didric Ehrenpreus". Svenskt biografiskt lexikon.
- ↑ Disputatio politica de nummo. Uppsala, 1679.
- ↑ "Dissertations on numismatics and monetary history". Uppsala Universitet.
- ↑ 7,0 7,1 7,2 "Collections". Uppsala University Coin Cabinet.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Outros artigos[editar | editar a fonte]
Bibliografía[editar | editar a fonte]
- Berghaus, P.; Mäkeler, H. Nilsson, H. (2006). Münzkabinett der Universität Uppsala: Deutsche Münzen der Wikingerzeit sowie des hohen und späten Mittelalters. Uppsala. ISBN 91-554-6603-6
- Lindberger, E.; Blackburn, M.; Nilsson, H. (2006). Uppsala University Coin Cabinet: Anglo-Saxon and later British coins. Sylloge of Coins of the British Isles. Uppsala. ISBN 0-19-726339-9
- Mäkeler, H. (2015). "Uppsala universitets myntkabinett nu och i framtiden". En Nordisk Numismatisk Unions Medlemsblad . Nordisk Numismatisk Union. Nº 1. Páxinas 13-18.
- Rundberg, J; Holmberg, K.; Nilsson, H. (2008). Uppsala universitets myntkabinett: Svenska vikingatida och medeltida mynt präglade på fastlandet. Uppsala. ISBN 978-91-554-7242-9