Chase Manhattan Money Museum

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Chase Manhattan Bank
Money Museum
("Museo do Diñeiro
do Banco Chase Manhattan")

Coordenadas40°45′31″N 73°58′45″O / 40.75861, -73.97917
PaísEstados Unidos de América Estados Unidos
Cidade Nova York
TipoMuseo numismático
Inauguración1928
Clausura: 1977
editar datos en Wikidata ]

O Chase Manhattan Money Museum foi un museo numismático estadounidense establecido en Nova York, propiedade do Chase Manhattan Bank, que estivo activo entre 1928 e 1977.

Historia[editar | editar a fonte]

Farran Zerbe, fundador e primeiro conservador do Chase Manhattan Money Museum (ca. 1908).
Documento oficial do Chase National Bank.

As orixes do Chase Manhattan Money Museum están nas exposicións itinerantes e nas conferencias que nos períodos 1907 e 1920-1928 levou a cabo Farran Zarbe, baixo o título de Money of the World, que ían circulando por diversos bancos e outras institucións dos EEUU.[1] Finalmente, a exposición e a biblioteca que a acompañaba foron adquiridas polo daquela chamado Chase National Bank, de Nova York, en 1928.[2][3][4][5]

A partir desta adquisición da colección, organizouse o Chase National Bank Collection of Money of the World Museum, do que o propio Ferbe foi o primeiro conservador, posto do que se retirou en 1939.[6][7] Entre as pezas que conformaban o museo estaban algunhas das máis singulares e raras da primeira época dos EEUU. A partir de 1955, cando o banco se fundiu co Bank of Manhattan para formar o Chase Manhattan Bank, o museo pasou a denominarse Chase Manhattan Money Museum.[2][3][8][9]

Farran Zerbe (dereita) co seu sucesor, Vernon L. Brown, conservador do Chase Manhattan Money Museum, (ca. 1939).[10]

En 1939, Zerbe retirouse do seu posto como conservador e foi substituído por Vernon L. Brown, que xa estivera vinculado ao museo desde 1931, ás ordes de Zerbe.[11] Logo de diversos cambios de situación, finalmente o museo estableceu a súa sede no Rockefeller Center, na Sexta Avenida de Manhattan, o 10 de xullo de 1956.[12][13]

A directora da US Mint, Nellie Tayloe Ross, Ralph Smith (sentado), da Oficina de Padróns, e Bernon L. Brown, conservador do Chase Manhattan Money Museum, revisan unhas moedas en 1942.[14]

Logo do retiro de Vernon L. Brown en 1963, Don Taxay pasou a ocupar o posto de conservador do museo en abril de 1964.[15] Tres anos máis tarde foi sucedido por Gene Hessler como o derradeiro conservador do Chase Manhattan Money Museum, entre os anos 1967 e 1975. Ante os anuncios do próximo pechamento do museo, Hessler amosouse contrario, aducindo que recibía a vista de 1.500 persoas diariamente en temporada alta.[16]

Finalmente, o Chase Manhattan Money Museum pechou en 1977 e David Rockefeller negociou para que a maior parte da colección, composta por aproximadamente 26.000 obxectos, fose doada á Colección Numismática Nacional dos EEUU, xestionada polo Instituto Smithsoniano, acadando desete xeito unha dedución de impostos importante. Isto sucedeu o 16 de xaneiro de 1978, e o instituto deu a coñecer publicamente os aspectos máis destacados da colección o 7 de febreiro de 1979.[16][17][18]

No entanto, outro grupo de pezas acabou formando parte da colección da American Numismatic Society, entre as que se atopa un exemplar do escasísimo dólar de 1804. Por outra parte, un billete dun dólar datado en 1862 co número de serie 1 (o primeiro billete dun dólar emitido nos Estados Unidos) é hoxe propiedade do Chase Bank.[16][19]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Smith, P. (1998). "Zerbe Took His Collection on The Road". En The Numismatist. Vol. 111. Nº 8. Agosto. Páxinas 898-899.
  2. 2,0 2,1 Lupia, J. N. "Zerbe, Joseph Farran Arquivado 31 de agosto de 2021 en Wayback Machine.". Encyclopedic Dictionary of Numismatic Biographies.
  3. 3,0 3,1 Dodson, O. H. (1969). "The Legendary Farren Zerbe". En The Numismatist. Vol. 82. Nº 9. Setembro Páxinas 1195-1206.
  4. Smith, P. (2012). "Zerbe, (Joseph) Farran". En American Numismatic Biographies. Páxina 384-385.
  5. Brand, H. A. (1958). "Incident in the Life of Farran Zerbe". En The Numismatist. Maio. Páxina 545.
  6. Alexander, D. T. (2016). "Farran Zerbe: Numismatist, Promoter, Hustler Arquivado 03 de xuño de 2021 en Wayback Machine.". En Coin Week. 27 de setembro.
  7. Ogilvie, J. W. (1950). "Farran Zerbe. Honorary Member of the ANA". En The Numismatist. Xuño. Páxinas 351-352
  8. Obojski, R. (1960). "The Chase Manhattan Bank Museum of Mo ney of the World". En Seaby Coin and Medal Bulletin. Nº 507. Agosto. Páxinas 314-315.
  9. "Chase Manhattan Bank Money Museum". American Numismatic Society.
  10. The Numismatist. Vol. LII. Nº 11. Novembro de 1939. Páxina 925.
  11. "Vernon L. Brown Biography". Newman Numismatic Portal (NNP).
  12. Tarxeta co anuncio do novo enderezo. Numismatic Bibliomania Society en Flickr.com.
  13. "Exhibit of Money in New Quarters". En The New York Times. 11 de xullo de 1956. Páxina 40.
  14. The Numismatist. Vol. LV. Nº 5. Maio de 1942. Páxina 380.
  15. Smith, P. (2012). "Taxay, Don(ald Paul)". En American Numismatic Biographies. Páxinas 345-346.
  16. 16,0 16,1 16,2 "Chase Manhattan Money Museum History". En The E-Sylum. Vol. 7. Nº 31. 1 de agosto de 2004.
  17. "Smithsonian gets Chase Manhattan world-famous numismatic collection". En Coin World. 1 de febreiro de 1978. Páxina 55.
  18. Clain-Stefanelli, E. (1979): Highlights from the Money Collection of the Chase Manhattan Bank. Smithsonian Institution. Washington.
  19. "Chase Manhattan Bank Money Museum". American Numismatic Society.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]