Saltar ao contido

Parque do Capricho

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Parque do Capricho
Madrid Editar o valor en Wikidata
Imaxe
 Instancia de
Datas
 Fundación / creación
1784 Editar o valor en Wikidata
 Inauguración
1999 Editar o valor en Wikidata
Dimensións
Superficie17 ha Editar o valor en Wikidata
Localización
 Situado en
 Localización
Recoñecemento
Ben de interese cultural
Data20 de outubro de 1934
IdentificadorRI-52-0000014
Fontes e ligazóns
 Páxina WEB
Wikidata C:Commons

O Parque do Capricho é un parque e zona verde situado no barrio da Alameda de Osuna, no distrito de Barajas, ao nordés da cidade de Madrid. Foi mandado construír pola duquesa de Osuna entre 1787 e 1839. Conta cunha superficie de 14 hectáreas.

Está considerado un dos parques máis belos da cidade. Dos seus recunchos destacan a praza do Capricho, o Palacio, o estanque, a praza dos Emperadores, ou a fonte dos Delfines e das Ranas.

Atribúenselle referencias inglesas, francesas e italianas, da época en que foi construído, as cales son reflexo das influencias artísticas dos deseñadores do parque. Constitúe o único xardín do Romanticismo existente en Madrid. Mostras diso son o labirinto de arbustos, os edificios, como o palacete, a pequena ermida, ou o fermoso salón de baile, ademais dos pequenos ríos que o percorren e estanques, onde se poden atopar cisnes e patos.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]