Museo Numismático Rigoberto Borjas

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Museo Numismático
Rigoberto Borjas
Edificio do BCH, sede do
Museo Numismático Rigoberto Borjas


Coordenadas14°4′16.9″N 87°12′18.4″O / 14.071361, -87.205111
País Honduras.
Cidade Tegucigalpa.
TipoMuseo numismático
Inauguración3 de xuño de 1993.
Na rede
Sitio web oficial
editar datos en Wikidata ]

O Museo Numismático Rigoberto Borjas é unha institución museística da cidade de Tegucigalpa, pertencente ao Banco Central de Honduras, que alberga unha colección de moedas, billetes e outros obxectos afíns vinculados á historia numismática hondureña.

A sede do museo é o edificio do Banco Central de Honduras.

Historia[editar | editar a fonte]

O museo fundouse e abriu ao público o 3 de xuño de 1993, na antiga sede do Banco Central de Honduras no centro de Tegucigalpa. Cando se inaugurou a nova sede do Banco Central no bulevar Fuerzas Armadas en 2016, o museo trasladouse ao novo edificio.[1][2][3]

O museo leva o nome de Rigoberto Borjas, falecido en 1996, o primeiro xefe do departamento de contabilidade do Banco Central de Honduras, en 1950.​[4]

Colección[editar | editar a fonte]

A colección numismática do museo componse de arredor de 4.000 pezas, sinaladamente exemplares de papel moeda, moedas e cuños que estiveron en uso e en circulación durante as diversas épocas históricas de Honduras. Tamén se amosan medios de pagamento da época prehispánica de Honduras, con anterioridade á chegada dos españois en 1502,[1] así como unha mostra representativa da moeda romana, grega e persa.[4]

Dentro da colección xeral, é de destacar unha colección temática de moedas conmemorativas das datas especiais da historia do país. O museo garda tamén a Declaración de Independencia orixinal de 1821, asinada polo primeiro presidente do país, Dionisio de Herrera, así como varias pertenzas do xeneral Francisco Morazán, que gobernou a República Federal de Centroamérica.[4]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 "Museo Numismático Rigoberto Borjas". Honduras.com
  2. "Museo Numismático Rigoberto Borjas del Banco Central". Directorio Latinoamericano de Recursos Patrimoniales (Ilamdir.org).
  3. "Inauguran nuevo y monumental edificio del Banco Central de Honduras". En El Heraldo. 11 de outubro de 2016.
  4. 4,0 4,1 4,2 Carranza, S. (2018). "Tesoros del Banco Central de Honduras, disponibles al público". En El Heraldo. 21 de abril .

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]