Saltar ao contido

Sociedade Portuguesa de Numismática

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
 Sociedade Portuguesa de Numismática
 Instancia de
Características
 Industria
Datas
 Fundación / creación
12 de marzo de 1952 Editar o valor en Wikidata
Localización
 Situado en
 Sede
Fontes e ligazóns
 Páxina WEB
Wikidata

A Sociedade Portuguesa de Numismática (SPN) é unha entidade asociativa de carácter cultural, instituída na cidade portuguesa do Porto en 1952, que ten como obxectivo a promoción e o desenvolvemento da investigación numismática e do coleccionismo de moedas.[1]

Nacemento

[editar | editar a fonte]

A idea da creación do que despois sería a Sociedade Portuguesa de Numismática xurdiu no seo dos coloquios promovidos no Café Flórida, do Porto, por un grupo de persoas afeccionadas á numismática e de coleccionistas de moedas. O 29 de maio de 1950, este grupo constituíuse como comisión fundadora dunha asociación numismática chamada, nas súas orixes, Instituto Numismático de Portugal, que xa o 31 de maio dese mesmo ano cambiou o nome a Associação Numismática de Portugal. O 5 de xullo de 1950, a comisión organizadora da nova entidade, presidida por Mário Rodolfo Revisioni Ramires aprobou a denominación definitiva de Sociedade Portuguesa de Numismática, que quedou constituída formalmente coa aprobación dos seus estatutos e co seu rexistro o día 12 de marzo de 1952. Na primeira asemblea xeral da nova sociedade, os días 15 e 17 de abril de 1952, elixiuse a súa primeira directiva, presidida por José de Barros da Rocha Carneiro, que estivo no cargo ata xaneiro de 1954.[2]

No artigo primeiro dos estatutos da Sociedade Portuguesa de Numismática establécense como obxectivos a promoción de estudos numismáticos de carácter científico, o fomento da afección pola numismática, a colaboración con outras entidades para a salvagarda dos achados numismáticos, o establecemento de ligazóns con outras institucións semellantes doutros países e, finalmente, a edición dunha revista ilustrada que estude o patrimonio numismático e medallístico de Portugal. Con estes propósitos, a Sociedade Portuguesa de Numismática levou a cabo a publicación dun bo número de monografías e varias publicacións periódicas, dispuxo para os seus asociados unha importante biblioteca especializada e organizou diversos eventos numismáticos.[2]

A súa primeira sede, de carácter provisional, era nunhas modestas instalacións das rúas de São Francisco e Santa Catarina, mais en 1972 pasou a ter unha sede propia definitiva, coa adquisición dun edificio no número 664 da rúa de Costa Cabral, unha casa burguesa de finais do século XIX, onde a sociedade instalou os seus servizos administrativos, a biblioteca, o museo, as salas de xuntas e outros espazos onde os asociados efectúan os seus intercambios e outras actividades diversas.[2]

Eventos numismáticos

[editar | editar a fonte]

Ao longo da súa historia, a SPN organizou ou participou na organización de diversos encontros científicos, ciclos de conferencias e exposicións, entre os que cabe salientar os seguintes:[2][3]

Recoñecementos

[editar | editar a fonte]

Museo e biblioteca

[editar | editar a fonte]

A Sociedade Portuguesa de Numismática conta cun museo, en constante ampliación e reformulación, que amosa o acervo numismático e medallístico da entidade, reunido ao longo das súas máis de seis décadas de existencia. A colección constituíuse fundamentalmente á base de doazóns dos seus asociados, entre as que merecen ser destacadas as de tres dos seus fundadores: José de Barros, o primeiro presidente, cuxa doazón constitúe a base da colección de moeda antiga da SPN; Eduardo Niepoort, que legou a súa importante colección de medallas sobre o Porto; e o coronel Mário Ramires, a quen se lle debe un nutrido conxunto de moedas portuguesas.[5]

Biblioteca

[editar | editar a fonte]

A Biblioteca da SPN está conformada por un amplo conxunto de monografías que cobre practicamente todos os períodos e todas as áreas temáticas da numismática e da medalística, entre as que destaca a relativa a Portugal e as súas antigas colonias. A este fondo hai que sumarlle as revistas de numismática, arqueoloxía e historia editadas por entidades científicas portuguesas e estranxeiras, ademais dun conxunto de catálogos de poxas de moedas publicados en todo mundo por empresas de comercio numismático.[6]

Presidentes da SPN

[editar | editar a fonte]

Esta é unha listaxe dos presidentes da entidade desde a súa fundación:[2]

  • José de Barros da Rocha Carneiro (17 de abril de 1952 - 15 de xaneiro de 1954).
  • Damião António Peres (15 de xaneiro de 1954 - 16 de decembro de 1955).
  • Eduard Marius Van der Niepoort (16 de decembro de 1955 - 21 de febreiro de 1960).
  • Gualter Rodrigues (21 de febreiro de 1960 - 16 de xaneiro de 1962).
  • Raul Ferreira Gonçalves (16 de xaneiro de 1962 - 2 de xaneiro de 1968).
  • Armando Nery Teixeira (2 de xaneiro de 1968 - 11 de xullo de 1968).
  • Ilídio Araújo (11 de xullo - 22 de decembro de 1968).
  • Valdemar Cordeiro (22 de decembro de 1968 - 16 de febreiro de 1970).
  • Raul Gonçalves (16 de febreiro de 1970 - 14 de decembro de 1971).
  • Mário Santos de Almeida (14 de decembro de 1971 - decembro de 1983).
  • Carlos Morais Peixoto Braga (decembro de 1983 - decembro de 1985).
  • Jorge Valladares Souto (decembro de 1985 - 30 de xuño de 2012).
  • Rui Manuel Sobral Centeno (desde o 30 de xuño de 2012).

Publicacións

[editar | editar a fonte]

Periódicas

[editar | editar a fonte]

Monografías

[editar | editar a fonte]

Á parte das súas publicacións periódicas, a Sociedade Portuguesa de Numismática levou a cabo un prolífico labor editorial desde o mesmo ano da súa fundación. Esta é só unha mostra dalgunhas das decenas de monografías publicadas pola Sociedade:[10]

  • (1952): Do Paço, A. Citânia de Sanfins.
  • (1952): Da Costa Couvreur, R. Moedas de D. Miguel I : um ensaio inédito de peça, de 1829.
  • (1953): Hanitsch, K. R. A propósito dum segundo conjunto de moedas de Malaca.
  • (1953): Da Costa Couvreur, R. Moedas de duvidosa autenticidade existentes no Statens Historisca Museum de Stockholm.
  • (1955): Ramires, M. O tesouro de Antoninianos das Fragas do Piago.
  • (1955): Pinto Garcia, L. Da colecção monetária de Mr. Shore.
  • (1956): Folgosa, J. M. As moedas da África Oriental portuguesa: Moçambique.
  • (1957): Batuwantudave, N. Numismática Indo-portuguesa.
  • (1958): Leite de Vasconcelos, J. Nomenclatura numismática.
  • (1959): De Almeida Ribeiro, F. Uma hipotese-- ; uma tese--.
  • (1960): Garcia, E. Um triente inédito de Chindasvinto batido em Barbi.
  • (1963): Prazeres Maranhão. Diccionario numismografico luzitano, em que se descrevem as moedas antigas de Portugal.
  • (1965): Pinto Garcia, L. Descrição das moedas de Angola e S. Tomé e Príncipe.
  • (1968): Brazão, A. Pedro Batalha Reis, grande luminar da numismática nacional.
  • (1972): De Castro Hipólito, M. A Exposicão Numismática de Museu Gulbenkien.
  • (1974): Mateu i Llopis, F. Évora ceca visigoda.

Publicadas como anexo de NVMMVS:[11]

  1. ↑ "A SPN". No sitio web da SPN.
  2. 1 2 3 4 5 6 "Historia". No sitio web da SPN.
  3. ↑ Roma Valdés, A. (2016). Páxina 184.
  4. 1 2 "Congressos de numismática no Brasil". En Schroeder, C. (2004). "Sociedade Numismática Brasileira. 80 anos". En Boletim da Sociedade Numismática Brasileira. Nº 54. Páxinas 52-56.
  5. ↑ "Museu". No sitio web da SPN.
  6. ↑ "Biblioteca". No sitio web da SPN.
  7. ↑ "Nummus". No sitio web da SPN.
  8. 1 2 Roma Valdés, A. (2016). Páxina 180.
  9. ↑ "A Permuta". No sitio web da SPN.
  10. ↑ "Publicações da Sociedade Portuguesa de Numismática". En Worldcat.
  11. ↑ "Anexos Nvmmvs". No sitio web da SPN.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]