Saltar ao contido

Plaza de Colón de Madrid

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Plaza de Colón de Madrid

Tipopraza Editar o valor en Wikidata
EpónimoCristovo Colón Editar o valor en Wikidata
Localización
Mapa
 40°25′30″N 3°41′22″O / 40.424925, -3.689439
EstadoEspaña
Comunidade autónomaComunidade de Madrid
ConcelloMadrid
DistritoChamberí
Barrio administrativoAlmagro Editar o valor en Wikidata
Wikidata ]

A Plaza de Colón é unha das prazas máis emblemáticas da cidade de Madrid. Recibe o nome de Cristovo Colón, ao que fai honor. Atópase delimitada polas rúas Serrano, Goya, Jorge Juan, e os paseos de Recoletos e La Castellana, unindo estes dous coa rúa Génova.

Na praza atópanse o Centro de arte Teatro Fernán Gómez, un monumento a Cristovo Colón de estilo neogótico erixido entre 1881 e 1885, e os Xardíns do Descubrimento, cun monumento formado por tres macroesculturas de formigón. Ademais, dende 2001, ondea na praza a bandeira de España máis grande do mundo, de 14 x 21 metros (294 m²), nun mastro de 50 m de altura.[1]