A Catedral de Santa María a Real da Almudena é a sede episcopal da arquidiocese de Madrid, en España. Trátase dun templo que acada os 102 metros de lonxitude e os 73 metros de altura, que foi construído entre 1879 e 1993, ano no que foi consagrada polo papa Xoán Paulo II na súa cuarta viaxe a España (o 15 de xuño), e que presenta unha mestura de estilos neoclásico, neogótico e neorrománico.
Esta situada no centro histórico da cidade. A fachada principal atópase fronte ó Palacio Real.