Gabinete de Moeda Oriental de Jena
- Para outros artigos de entidades numismáticas coa palabra "gabinete", véxanse as páxinas de homónimos Gabinete.
Gabinete de Moeda Oriental de Jena | ||||
---|---|---|---|---|
Tipo | coleção numismática (pt) ![]() ![]() | |||
Parte de | Universidade de Jena ![]() | |||
Localización | ||||
| ||||
Persoas e organizacións | ||||
Fundador | Johann Gustav Stickel (en) ![]() ![]() | |||
Contacto | ||||
Páxina WEB | gw.uni-jena.de… ![]() | |||
[ Wikidata ] |
O Gabinete de Moeda Oriental de Jena (en alemán: Orientalisches Münzkabinett Jena) é unha colección numismática da Universidade de Jena, en Turinxia, Alemaña, especializada en moeda oriental.[1]
Historia
[editar | editar a fonte]Antecedentes e contexto
[editar | editar a fonte]A tradición dos estudos orientais na Universidade de Jena comezou en 1775, cando Johann Gottfried Eichhorn (1752-1827) presentou o seu traballo de habilitación como profesor de Teoloxía e Linguas Orientais sobre os inicios das cuñaxes árabes, baixo o título de De rei numariae apud Arabas initiis (Jena, 1776).[2] En 1781 publicou postumamente Briefe über das Arabische Münzwesen ("Cartas sobre moedas árabes"), de Johann Jakob Reiske (1716-1774), o que constituíu o primeiro intento de elaboración dun manual de numismática do mundo islámico.[3][4]
O Gabinete de Moeda Oriental
[editar | editar a fonte]
En 1840, Johann Gustav Stickel (1805-1896), profesor de Linguas Orientais na Universidade de Jena, convenceu o gran duque Carlos Federico de Saxonia-Weimar-Eisenach para que adquirise unha colección de moeda oriental composta por 1.500 exemplares, e que lle permitise posteriormente o seu estudo, que publicou en 1845.[6] Esa colección fora conformada por Heinrich August Zwick (1796-1855), un misioneiro da Irmandade de Moravia en Rusia que vivira nunha pequena cidade ás beiras do Volga entre 1816 e 1832, considerado como un dos pioneiros da arqueoloxía do Volga.[7]
Stickel acadou o apoio de Maria Pavlovna, a gran duquesa, principal beneficiaria da operación,[8] e con este apoio logrou que a colección aumentase axiña, de maneira que cando Stickel morreu, en 1896, xa chegara aos 12.000 exemplares.[9]
De 1896 a 1909, a colección foi supervisada por Karl Vollers, quen a ampliou e publicou un inventario resumido desta; en 1906 cifrou o número de pezas da colección en 14.000 espécimes.[9] O seu sucesor foi o semitista e orientalista Athur Ungnad, que se mantivo no posto ata 1919. Ungnad foi o derradeiro profesor da cátedra de Estudos Orientais en Jena e, logo da súa marcha, o gabinete de moedas da universidade quedou orfo durante máis de sete décadas.[10]
En 1939, devolvéronselle arredor de 4.000 moedas á familia granducal, que abdicara recentemente, e varios centos de moedas desapareceron durante a segunda guerra mundial, ata chegar a permanecer na colección 8.950 exemplares.[11]
En 1994, a Universidade de Jena retomou a filoloxía semítica e os estudos islámicos, a cargo do profesor Norbert Nebes. Stefan Heidemann converteuse entón no coordinador do Gabinete de Moeda Oriental da Universidade de Jena e, con el, a colección volveu a concibirse como unha ferramenta de investigación científica, para o coñecemento da historia do mundo islámico e oriental. Co apoio de varios filántropos privados e de adquisicións como a do colección do numismático de Múnic Peter Jaeckel nesta nova etapa a colección conseguiu acadar os 21.000.[11]
Entre 1998 e 2001, a Fundación Alemá de Investigación (Deutschen Forschungsgemeinschaft -DFG-) financiou o proxecto "As moedas do Cáucaso e de Europa oriental no Gabinete de Moedas Orientais". O núcleo deste proxecto estaba constituído polas moedas de Heinrich August Zwick. A partir desta iniciativa, levouse a cabo a publicación das moedas do Gabinete en 2005, a cargo de Tobias Mayer, Gert Rispling e Stefan Heidemann.[11]
Fontes da colección
[editar | editar a fonte]Estas son as principais coleccións das que se nutriu o Gabinete de Moeda Oriental da Universidade de Jena desde a súa constitución:[12]
- Heinrich August Zwick (1796-1855): 1.500 pezas adquiridas en 1839.
- Daniel von Sprewitz (1773-1844): en 1846 adquiriuse unha selección da súa colección, composta por 175 moedas.
- Justin Sabatier: colección de 728 moedas, adquirida en 1852.
- August Otto Rühle von Lilienstern (1780-1847): 870 exemplares.
- Frédéric Soret (1795-1865): adquisición de máis de 5.000 moedas islámicas, en 1866.[13]
- Heinrich von Siebold (1852-1908): 1.060 moedas e amuletos asiáticos.
- Peter Jaeckel (1914-1996): 1.200 moedas.
- Christof Baum: doou 307 moedas do Iemen en 2003.[14]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Universität Jena, Orientalisches Münzkabinett". Numismatische Kommission der Länder der BD.
- ↑ Chisholm, H. (ed.) (1911). "Eichhorn, Johann Gottfried" . En Encyclopædia Britannica. 11ª ed. Cambridge University Press.
- ↑ "Orientalisches Münzkabinett: Die Anfänge[Ligazón morta]". Universität Jena.
- ↑ Reiske, J. J. (1781). Briefe über das Arabische Münzwesen[Ligazón morta]. Leipzig.
- ↑ "Orientalisches Münzkabinett: Die Anfänge". Universität Jena.
- ↑ Stickel, J. G. (1845).
- ↑ "Orientalisches Münzkabinett: Die Gründung im Jahr 1840[Ligazón morta]". Universität Jena.
- ↑ Heideman, S. (2005).
- ↑ 9,0 9,1 Vollers, K. (1906).
- ↑ "Orientalisches Münzkabinett: Die Ära bis zum Ersten Weltkrieg, 1896-1919[Ligazón morta]". Universität Jena.
- ↑ 11,0 11,1 11,2 "Orientalisches Münzkabinett: Ein neuer Anfang auf alten Fundamenten, seit 1994[Ligazón morta]". Universität Jena.
- ↑ "Friedrich-Schiller-Universität Jena - Orientalisches Münzkabinett". Kenom: Virtuelles Münzkabinett.
- ↑ "Orientalisches Münzkabinett: Die Sammlung von Frédéric Soret, 1866[Ligazón morta]". Universität Jena.
- ↑ "Alte Münzen als präzise Chronisten von Machtverhältnissen in Arabien". Informationsdienst Wissenschaft (IDW). 16 de xaneiro de 2004.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Stickel, J. G. (1845). Handbuch zur Orientalischen Münzkunde. Das Grossherzogliche orientalische Münzcabinet zu Jena. Brockhaus, Leipzig.
- Vollers, K. (1906). "Das orientalische Münzkabinett der Universität Jena im Jahre 1906". En Blätter für Münzfreunde. Vol 41. 6-7-8.
- Heidemann, S. (2007). "Das Orientalische Münzkabinett Jena - Die Islamische Münzkunde von der Theologie der Aufklärung zu den Regionalstudien". En Eothen. Vol IV. Jahrbuch der Gesellschaft der Freunde Islamischer Kunst und Kultur. Páxinas 95-120. ISBN 978-3-89235-224-2
- Heidemann, S. (1999). "Bibliothek des Großherzoglichen Orientalischen Münzkabinetts". En Krause, F. (ed.). Handbuch der Historischen Buchbestände in Deutschland, 20. Páxinas 162-163. ISBN 978-3487107776
- Heidemann, S. (1999-2000). "Christlich-orientalische Bleisiegel im Orientalischen Münzkabinett Jena" (con C. Sode). En Aram, 11-12. Páxinas 533-593.
- Heideman, S. (2005). "Maria Pawlowna und der Umbruch in der Orientalistik. Die Gründung des Großherzoglichen Orientalischen Münzkabinetts". En Berger, J. et al. (eds.) Von Petersburg nach Weimar. Kulturelle Transfers von 1800 bis 1860. Europäischer Verlag der Wissenschaften, Frankfurt. Páxinas 221-259.
- Mayer, T. (2005). Sylloge der Münzen des Kaukasus und Osteuropas im Orientalischen Münzkabinett Jena (Orientalisches Münzkabinett Jena 1) (con S. Heidenmann e G. Rispling). Harrassowitz Verlag. ISBN 978-3447048934