Saltar ao contido

Plaza de España de Madrid

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Plaza de España de Madrid

Tipopraza Editar o valor en Wikidata
EpónimoEspaña Editar o valor en Wikidata
Persoas e organizacións
Mantido porConcello de Madrid Editar o valor en Wikidata
Datas
Fundación1911 Editar o valor en Wikidata
Localización
Mapa
 40°25′24″N 3°42′44″O / 40.423392, -3.712233
EstadoEspaña
Comunidade autónomaComunidade de Madrid
ConcelloMadrid Editar o valor en Wikidata
Contacto
RedesBNE: XX5256081
Wikidata ]

A Plaza de España é un amplo espazo axardinado no centro histórico da cidade de Madrid, no barrio de Argüelles do distrito Moncloa-Aravaca, en cuxo centro atópase unha fonte monumental dedicada a Miguel de Cervantes. Fai de eixe continuador unindo a Gran Vía coa rúa da Princesa. Ata pouco antes da construción da Gran Vía esta praza denominábase Plaza de San Marcial. Destacan, pola súa altura, dous edificios de formigón, a Torre de Madrid (1957) e o Edificio España (1953), ademais dun exponente do modernismo madrileño: a Casa Gallardo e o Edificio da Compañía Asturiana de Minas, sede da Consellería de Cultura.

Desta praza saen as rúas da Gran Vía, Princesa e a Cuesta de San Vicente. Atópase tamén xunto á rúa de Bailén, o que a sitúa xunto ao Palacio Real de Madrid. Con 36.900 metros cadrados é unha das maiores prazas de España. É bastante usual atoparse nesta praza grupos de turistas de todas as nacionalidades en calquera época do ano.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]