Gabinete de Numismática (Porto)
- Para outros artigos de entidades numismáticas coa palabra "gabinete", véxanse as páxinas de homónimos Gabinete, e Gabinete de Medallas e Gabinete numismático.
Gabinete de Numismática (Museo da Cidade) | |
---|---|
Palacete Viscondes Balsemao, sede do Gabinete de Numismática | |
Coordenadas | |
País | Portugal |
Cidade | Porto |
Inauguración | 1852 No Museo Municipal do Porto. 1942 No Museo Nacional Soares dos Reis. 1988 Na Casa Tanit. 2008 Na configuración actual. |
[ editar datos en Wikidata ] | |
O Gabinete de Numismática é un dos núcleos museolóxicos que constitúen o chamado Museo da Cidade do Porto, que conta cunha das maiores coleccións de numismática de Portugal, centrada sinaladamente na moeda grega, romana, visigoda, dos reinos cristiáns, árabe e portuguesa.[1][2]
Configuración actual
[editar | editar a fonte]O Museu da Cidade é a designación dada a un conxunto de núcleos museolóxicos espallados pola cidade do Porto. Ademais do Gabinete de Numismática, os restantes núcleos son o sitio arqueolóxico da Rúa D. Hugo, a Casa do Infante (Torre Norte), o Museo do Viño do Porto e o Museo Romántico da Quinta da Macieirinha.[3][4]
Está instalado no Palacete dos Viscondes de Balsemão (século XVIII), no número 71 da praza de Carlos Alberto, na Baixa do Porto (metro: Trindade).[5][6]
Historia
[editar | editar a fonte]A colección iniciouse en 1850, coa adquisición da colección particular de João Allen (1781-1848) polo municipio para a constitución do Museo Municipal do Porto, inaugurado en 1852 na rúa da Restauração.[7]
Non foi ata 1937 cando se iniciou o proceso de inventariado da colección, que posteriormente foi trasladada ao Palacio dos Carrancas, da mesma cidade, onde foi inaugurado o Museo Nacional de Soares dos Reis, en 1942.
Naquela nova localización permaneceu a colección ata o seu traslado ás instalacións da coñecida como CasaTait (ou Quinta do Meio), na freguesía de Massarelos, en decembro de 1988.
Desde setembro de 2008 o Gabinete de Numismática foi trasladado para as súas instalacións actuais do Palacete dos Visconde, na praza de Carlos Alberto, onde se albergan as moedas, medallas, condecoracións, cuños e matrices de papel moeda, con series que abranguen toda a historia da numismática, desde as orixes da moeda ata a actualidade, pasando por exemplares de procedencia grega, romana, sueva, visigoda ou árabe.[8]
A entrada ao museo é gratuíta e en 2009 o número de visitantes foi de 1131.[9] O horario habitual de apertura é de luns a venres de 9:00 a 19:30 horas, e os sábados de 10:00 a 12:00 e de 15:00 a 19:00 (entre abril e outubro), e de 10:00 a 12:00 e de 13:00 a 17:30 (de novembro a marzo); pecha os domingos e festivos.[10]
O 1 de febreiro de 2018 emprendéronse unhas obras de mantemento e reacondicionamento das instalacións que provocaron o pechamento temporal do museo.[11]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Gabinete de Numismática Arquivado 07 de novembro de 2018 en Wayback Machine.". En Guía Oporto.
- ↑ "Gabinete de Numismática Arquivado 07 de novembro de 2018 en Wayback Machine.". En Stay in Porto.
- ↑ Gilabert González, L. M. (2015). "El Proyecto del Museu da Cidade do Porto". Páxinas 103-104.
- ↑ Gilabert González, L. M. (2001). Páxinas 469-470.
- ↑ Visita virtual ao edificio Arquivado 15 de xullo de 2018 en Wayback Machine.. En Visitasvirtuais.cm-porto.pt.
- ↑ "Numismatics department of the Palace of the Viscounts of Balsemão". En Numista.com.
- ↑ Pereira, Isabel. (2003). Páxina 12 Arquivado 07 de novembro de 2018 en Wayback Machine..
- ↑ "Museu da Cidade. Núcleos: Gabinete de Numismática". Na web de Patrimonio Cultural de Portugal.
- ↑ "Mais de 44 mil passaram pelos museus municipais". En Jornal de Notícias. 3 de agosto de 2009.
- ↑ "Gabinete de Numismática Arquivado 07 de novembro de 2018 en Wayback Machine.". En Visit Porto.
- ↑ "Gabinete de Numismática Arquivado 07 de novembro de 2018 en Wayback Machine.". Na web da Cámara Municipal do Porto.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Gabinete de Numismática |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Gilabert González, L. M. La Gestión de Museos: Análisis de las políticas museísticas de la Península Ibérica. Tese de doputoramento. Universidade de Murcia. 2001.
- Gilabert González, L. M. "Museos, gestión y patrimonio cultural: El proyecto de la ciudad de Oporto". En PASOS. Revista de Turismo y Patrimonio Cultural. Vol. 13. Nº 1. 2015. Páxinas 93-112.
- Pereira, Isabel. "O desenvolvimento da ciência numismática na contemporanidade: técnicas de apresentação e projectos de investigação Arquivado 07 de novembro de 2018 en Wayback Machine.". En Actas de la VIII reunión del Comité Internacional de Museos Monetarios y Bancarios (ICOMON). Barcelona, 2001. Museu Nacional d'Art de Catalunya. Barcelona. 2003. Páxina 12.