Montes de Galicia
Aparencia
Suxeriuse que "Montañas de Galicia" sexa fusionado con este artigo ou apartado (conversa). Para realizar a fusión dos artigos sigue estes pasos. |
Os montes son uns dos lugares máis referenciais de Galicia, dado que o relevo galego e moi accidentado e case todos os concellos posúen un outeiro, unha peneda, ou unha montaña emblemáticos. Na tradición oral de lendas e historias os montes galegos teñen grande importancia, así coma os ríos e os animais, o que demostra o respecto e admiración que os nosos antergos sentían pola natureza.
Cómpre ter presente que a cuarta parte do territorio galego, é dicir, máis de 700.000 hectáreas, corresponde a monte veciñal en mancomún, xestionada por 2800 comunidades de montes. Isto non só pon de relevo a importancia desta figura como sinal de identidade e cultura do país, senón tamén como un claro indicador económico e produtivo.
A
[editar | editar a fonte]- Monte Alba, 503 m, na serra do Galiñeiro, concretamente no concello de Vigo.
- Monte Aloia, 629 m, na serra do Galiñeiro, concretamente no concello de Tui.
- Andraíde, 592 m concello de Pol e Castro de Rei, facendo límite entre ambos concellos.
B
[editar | editar a fonte]- Monte Breamo, 305 m, no concello de Pontedeume.
- A Barreira, 861 m,[8] no confín das provincias de Lugo (Comarca da Mariña Oriental) e Oviedo, na Serra de Ouroso.
C
[editar | editar a fonte]- A Cabana, 705 m, no concello de Rois.
- Cabeza de Manzaneda, 1781 m,[4] no concello da Pobra de Trives.
- O Cadramón, 1056 m, na serra do Xistral.
- Monte Campelo, 811 m, no concello de Sobrado.
- O Candán, 845 m, na serra do Candán.
- O Careón, 798 m, na serra do Careón.
- Castro Sevil, 545 m, monte comunal de Xinzo no concello de Cuntis.
- Monte Caxado, 756 m, na serra da Faladoira, concretamente no concello das Pontes de García Rodríguez.
- O Cepudo, 527 m, na serra do Galiñeiro, concretamente no concello de Vigo.
- Monte Coco, 969 m. na Serra do Candán. Límites entre concellos de Lalín e Forcarei
- O Corno Maldito, 1849 m, na serra dos Ancares.
- Coto do Rei, 356 m, no concello de Fene, é o punto máis alto deste municipio.
- Coto da Puza, 1027 m, na serra do Suído.
- Monte Cova, 838 m, na serra da Cova da Serpe.
- Cuíña, 1987 m, pico máis alto da serra dos Ancares.
- A Curota, 498 m, na serra do Barbanza.
D
[editar | editar a fonte]- Alto da Devesa, 1603 m, na serra do Courel.
E
[editar | editar a fonte]- O Espiño, 424 m, no concello de Ames, pertence á serra de Ameixenda e é o punto máis alto do municipio.
F
[editar | editar a fonte]- Faro de Avión, 1154 m, na serra do Faro de Avión.
- Monte Faro, 1615 m, na serra do Courel.
- Faro de Domaio, 622 m, na serra de Domaio.
- Monte Faro, 1187 m, na serra do Faro.
- Alto de Fontefría, 790 m, nunha prolongación da serra do Suído
- Formigueiros, 1639 m, na serra do Courel.
G
[editar | editar a fonte]- Monte Galiñeiro, 711 m, entre os concellos de Vigo e Gondomar e na serra do mesmo nome.
- Alto da Groba, 632 m, cota máis alta do concello de Baiona.
I
[editar | editar a fonte]- Iroite, 685 m, na serra do Barbanza.
L
[editar | editar a fonte]- Lanza, 1867 m, na serra dos Ancares.
- Lombo pequeno, 1015 m, na serra do Xistral, é a cota máis alta do concello de Abadín.
- Monte Loureiro, 1076 m, na serra do Faro.
- Louro, no concello de Muros.
M
[editar | editar a fonte]- Monte Meda, 1312 m, nos concellos de Xunqueira de Espadañedo, Parada de Sil e Montederramo, situada na parte norte da serra de San Mamede.
- Mioteira, 871 m, na parroquia da Ferreirúa, no concello da Pobra do Brollón.
- Monte Mondigo, 569 m, está no concello de Ribadeo.
- Montouto, 1525 m, no confín das provincias de Lugo, Ourense e León, na serra dos Cabalos.
- A Moa, 635 m, nos montes do Pindo, concretamente no concello de Carnota.
- As Modornas, 861 m,[7] no limite Comarca da Mariña Oriental da provincia Lugo, na Serra de Ouroso.
- Coto da Moura, 944 m, entre os concellos de Quintela de Leirado e Ramirás en Ourense.
- O Mustallar, 1935 m, na serra dos Ancares.
N
[editar | editar a fonte]- Pico Maluro, 1925 m, na serra do Eixe, entre os concellos da Veiga e Carballeda de Valdeorras, ambos na provincia de Ourense.
- Monte Neme, 389 m, no concello de Carballo.
- Monte de Nenos, 367 m. É a cota máis alta do concello de Narón.
- A Nevosa, 1539 m, na serra do Xurés, concretamente no concello de Lobios.
P
[editar | editar a fonte]- Paradanta, 954 m, nos montes da Paradanta, concretamente no concello da Cañiza.
- O Pedregal, 742 m, no concello de Rois
- Pedrouzos, 385 m, no concello de Ames, pertence á serra de Ameixenda.
- Pena Negra, 2121 m, [2] na serra do Eixe e situado no confín das provincias de Ourense e Zamora.
- Pena Pombeira, 703 m, no concello de Pantón, situada no oeste do concello, na ribeira do río Sil.
- Pena Surbia, 2116 m, [3] na serra do Eixe e situado no confín das provincias de Ourense e León.
- Pena Trevinca, 2127 m, [1] na serra do Eixe e situado no confín das provincias de Ourense e Zamora. É a cota máis elevada de toda a Galiza.
- Penagache, 1225 m, entre os concellos de Verea e Quintela de Leirado na serra de Laboreiro, provincia de Ourense.
- Monte Penalonga, 509 m, no concello de Ribadeo.
- Monte Penarrubia, 1822 m, na serra dos Ancares.
- Penas de Pasadama, 1049 m, cota máis alta do concello de Baleira.
- Monte Pendiella, 712 m, na serra da Loba.
- Monte Pedroso, 461 m, no concello de Santiago de Compostela.
- Piapaxaro, 1619 m, na serra do Courel.
- O Piornal, 1528 m, na serra da Enciña da Lastra.
- Monte Pradairo, 1029 m, concello de Castroverde.
- Prado do Cura, 861 m,[6] no confín das provincias de Lugo (Comarca da Mariña Oriental) e Oviedo, na Serra de Ouroso.
R
[editar | editar a fonte]- Reiteixido, 1540 m, na serra da Enciña da Lastra.
S
[editar | editar a fonte]- San Bieito, 1014 m, na serra do Candán.
- San Nomedio, 690 m, nos montes da Paradanta, concretamente no concello das Neves.
- O Seixo, 1706 m, [5] na serra de Queixa.
- O Serrón do Lobo, 700 m, na serra da Loba.
- O Sistil Branco, 1707 m, na serra da Queixa.
- O Suído, 1060 m, na serra do Suído.
T
[editar | editar a fonte]- Pico da Togo, 818 m,[9] no confín das provincias de Lugo (Comarca da Mariña Oriental) e Oviedo, na Serra de Ouroso.
- Os Tolleiros, 1734 m, na serra da Queixa.
- Tres Bispos, 1792 m, na serra dos Ancares.
- O Turrieiro, 1612 m, na serra da Enciña da Lastra.
U
[editar | editar a fonte]- Uceiro, 1003 m, nos montes do Testeiro.
V
[editar | editar a fonte]- Vixía Herbeira, 613 m, na serra da Capelada.
- Monte do Viso, 260 m, no concello de Redondela.
X
[editar | editar a fonte]- Monte Xesteiras, 717 m, no concello de Cuntis.
- Monte Xiabre, 641 m, no concello de Catoira.
- O Xistral, 1032 m, na serra do Xistral.
- O Xubial, 2053 m, na serra do Eixe.
- Monte Xalo, 510 m, entre Culleredo e Cerceda.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 Instituto Geográfico Nacional (IGN). "Visor de Ortofotos y Cartografía del Instituto Geográfico Nacional (Iberpix)" (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 12-02-2021. Consultado o 22-01-2021.
- ↑ 2,0 2,1 Instituto Geográfico Nacional (IGN). "Visor de Ortofotos y Cartografía del Instituto Geográfico Nacional (Iberpix)" (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 12-02-2021. Consultado o 22-01-2021.
- ↑ 3,0 3,1 Instituto Geográfico Nacional (IGN). "Visor de Ortofotos y Cartografía del Instituto Geográfico Nacional (Iberpix)" (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 12-02-2021. Consultado o 22-01-2021.
- ↑ 4,0 4,1 Instituto Geográfico Nacional (IGN). "Visor de Ortofotos y Cartografía del Instituto Geográfico Nacional (Iberpix)" (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 12-02-2021. Consultado o 22-01-2021.
- ↑ 5,0 5,1 Instituto Geográfico Nacional (IGN). "Visor de Ortofotos y Cartografía del Instituto Geográfico Nacional (Iberpix)" (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 12-02-2021. Consultado o 28-01-2021.
- ↑ 6,0 6,1 Instituto Geográfico Nacional (IGN). "Visor de Ortofotos y Cartografía del Instituto Geográfico Nacional (Iberpix)" (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 12-02-2021. Consultado o 28-01-2021.
- ↑ 7,0 7,1 Instituto Geográfico Nacional (IGN). "Visor de Ortofotos y Cartografía del Instituto Geográfico Nacional (Iberpix)" (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 12-02-2021. Consultado o 28-01-2021.
- ↑ 8,0 8,1 Instituto Geográfico Nacional (IGN). "Visor de Ortofotos y Cartografía del Instituto Geográfico Nacional (Iberpix)" (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 12-02-2021. Consultado o 28-01-2021.
- ↑ 9,0 9,1 Instituto Geográfico Nacional (IGN). "Visor de Ortofotos y Cartografía del Instituto Geográfico Nacional (Iberpix)" (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 12-02-2021. Consultado o 28-01-2021.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- AA.VV. (2006). As montañas de Galiza. Vigo: A Nosa Terra. ISBN 978-84-8341-126-1.
- Inés Santa María Otero e Noé Massó Lago: Atlas xeográfico e histórico de Galicia e do Mundo (2009), Edicións do Cumio, ISBN 978-84-8289-328-0.
- Mapa Topográfico Nacional de España (2002), Instituto Geográfico Nacional, Ministerio de Fomento.
Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte] Este artigo sobre Galicia é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |