Monte Gaiás

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Coordenadas: 42°52′12″N 8°31′30″O / 42.87, -8.525

Monte Gaiás

Imaxe do monte Gaiás, ao fondo vese o monte Viso.
Localización administrativa
Localizaciónnoroeste de Santiago de Compostela
Características xerais
Altitude364 m

O monte Gaiás é un dos diversos montes que rodean a cidade de Santiago de Compostela, coñecido por ser o espazo xeográfico onde se localiza a Cidade da Cultura de Galicia, cuxa construción comezou no ano 2001.

Características[editar | editar a fonte]

O Gaiás ten unha altura de 362 metros,[1] o que o sitúa como terceiro cumio máis alto de Santiago de Compostela, por tras do Viso (397 m)[2] e do Pedroso (456~461 m).

Parques[editar | editar a fonte]

Vistas do monte Gaiás. Ao fondo, a cidade de Santiago de Compostela
Vistas do monte Gaiás. Ao fondo, a cidade de Santiago de Compostela

No monte Gaias hai tres espazos verdes:

  • O Bosque de Galicia, un espazo de 24 ha con 7.000 árbores de especies autóctonas (carballos, castiñeiros, salgueiros, bidueiros, ameneiros, espiños, loureiros etc.) e unha rede de sendas peonís de 3 km. Conta con zonas de descanso e un miradoiro orientado ao solpor de Compostela. O proxecto partiu da idea orixinal de Eisenman Architects [3][4] Na segunda fase, o Bosque contará cunha superficie total de 34 ha e preto de 12.000 árbores novas.
  • O Xardín Literario, un espazo verde dedicado aos escritores e poetas galegos. Ocupa algo máis dunha hectárea, con árbores de 14 especies diferentes que evocan na súa disposición as follas dun libro, un sendeiro chamado "o Camiño dos Libros", e unha instalación artística xerada a través de placas con citas literarias de autores galegos, rodeado de camelias. Tapices vexetais con plantas trepadoras, taludes axardinados, un estanque, un miradoiro e un pequeno auditorio ao aire libre configuran o lugar. Foi deseñado pola arquitecta Isabel Aguirre, directora da Escola Galega da Paisaxe da Fundación Juana de Vega.
  • Parque do Lago duns 51.163 m2, un proxecto de rexeneración paisaxística que conta cun lago de 4.783 metros cadrados, rodeado de vexetación preexistente, e unha plataforma de madeira con bancos, e un sistema de iluminación con cintas led de baixo consumo. O parque conta tamén cunha carballeira convertida en espazo de lecer con mesas, bancos e elementos deportivos con camiños para corredores[5].

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Ruta a pé ao monte Gaiás". Wikiloc. Consultado o 13 de setembro do 2022. 
  2. "El Monte Viso: la panorámica más despejada de Santiago de Compostela y sus alrededores". Quincemil (El Español). Consultado o 13 de setembro do 2022. 
  3. "City of Culture of Galicia 2011 — EISENMAN ARCHITECTS". eisenmanarchitects.com (en inglés). Consultado o 2023-01-24. 
  4. "Bosque de Galicia". www.santiagoturismo.com; Web Oficial de Turismo de Santiago de Compostela e Arredores. Consultado o 2023-01-24. 
  5. "Parque do Lago". www.santiagoturismo.com; Web Oficial de Turismo de Santiago de Compostela e Arredores. Consultado o 2023-01-24. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

----

Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre xeografía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.