Figueiras, Santiago de Compostela

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Coordenadas: 42°53′20″N 08°34′41″W / 42.88889°N 8.57806°W / 42.88889; -8.57806


Figueiras
Necrópoles de Figueiras, Santiago de Compostela.jpg
Cemiterio de Figueiras.
Concello Santiago de Compostela
Área 9,87 km²
Poboación 943 hab. (2004)
Densidade 95,54 hab./km²
Entidades de poboación 12

Santa María de Figueiras é unha parroquia que se localiza no concello de Santiago de Compostela. Segundo o padrón municipal de 2004 tiña 943 habitantes (475 mulleres e 468 homes) distribuídos en 12 entidades de poboación, o que supón un aumento en relación ao ano 1999 cando contaba con 927 habitantes.

Historía[editar | editar a fonte]

A principios do século XX contaba con case que seiscentos fregueses. A súa poboación foi medrando polo éxito do cultivo do millo, xa que a principios do século XVII, segundo fai constar o cardeal Jerónimo del Hoyo nas súas “Memorias do Arcebispado de Santiago”, na parroquia de Santa María de Figueiras so residían trinta fregueses que pagaban con centeo e pan o seus desmos á igrexa de Santiago. Era unha das primeiras paradas no camiño tradicional para Portomouro.

Patrimonio[editar | editar a fonte]

A súa igrexa parroquial conserva interesantes pinturas murais.

Nesta parroquia, no lugar de Codesedas, atópase o castro de Marmancou, que presenta plataformas defendidas por muros de cachotería. O viaxeiro británico Howes escribiu en 1925 no relato da súa viaxe a Compostela sobre este castro e outro situado en Fecha. Neste castro apareceu abonda cerámica castrexa e tamén romana. No lugar de Correxíns consérvanse gravados rupestres da mesma maneira que na aldea de Folgoso onde aparece unha laxe parcialmente destruída pero con varias coviñas, ou cazoletas, que poderían ser unha representación de Orión.

Xeografía[editar | editar a fonte]

A freguesía de Figueiras está dominada polos montes da Cova e de Correxíns. O clima é morno e posúe bos terreos de cultivo, especialmente logo da concentración parcelaria.

Galería de imaxes[editar | editar a fonte]

Lugares e parroquias[editar | editar a fonte]

Lugares de Figueiras[editar | editar a fonte]

Lugares da parroquia de Figueiras no concello de Santiago de Compostela

Codesedas | Correxíns | A Cova | Folgoso | A Fontecova | Marmancou | As Moas de Abaixo | As Moas de Arriba | Piñor | A Portela | Vrins | Xulacasa

Parroquias de Santiago de Compostela[editar | editar a fonte]

Galicia | Provincia da Coruña | Parroquias de Santiago de Compostela

Aríns (San Martiño) | Bando (Santa Eulalia) | A Barciela (Santo André) | Busto (San Pedro) | O Carballal (San Xulián) | O Castiñeiriño (Nosa Señora de Fátima) | Cesar (Santa María) | Conxo (Santa María) | O Eixo (San Cristovo) | A Enfesta (San Cristovo) | Fecha (San Xoán) | Figueiras (Santa María) | Grixoa (Santa María) | Laraño (San Martiño) | Marantes (San Vicente) | Marrozos (Santa María) | Nemenzo (Santa Cristina) | A Peregrina (Santa María) | Sabugueira (San Paio) | San Caetano (Santiago) | San Lázaro (Santiago) | San Paio (Santiago) | Santa Cristina de Fecha (Santa Cristina) | Santiago de Compostela | Sar (Santa María) | Verdía (Santa Mariña) | Vidán (Divino Salvador) | Villestro (Santa María) | Vista Alegre (San Xoán)

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]