Rexión ultraperiférica da Unión Europea

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á busca
A Unión Europea      Territorio continental dos Estados Membros      Rexións ultraperiféricas      Países e territorios de ultramar

Denomínanse rexións ultraperiféricas da Unión Europea (RUP) a nove territorios que aínda estando xeograficamente afastados do Continente europeo forman parte indivisible dalgún dos 27 estados membros da UE.[1]

A diferenza dos Países e Territorios de Ultramar considéranse parte integral do territorio europeo formando parte do Espazo Schengen e aplicándose as leis e directrices da Unión (sobre as que se recoñecen tratos diferenciados en distintos sectores segundo os termos do Tratado de Ámsterdan).

O Tratado polo que se establece unha Constitución para Europa recoñece tamén estas características e asume a necesidade de ter en conta as súas especiais circunstancias á hora de lexislar, especificando que terán un trato fiscal especial. Debido ao fracaso na aprobación do mesmo reformouse a consideración destas rexións (engadindo dúas máis á lista) no Tratado europeo de Lisboa.

A oficina de información, xestión e apoio ás Rexións Ultraperiféricas (RUP) atópase na cidade das Palmas de Gran Canaria, na illa de Gran Canaria.[2]

Rexións ultraperiféricas[editar | editar a fonte]

As nove rexións ultraperiféricas da Unión son, por estados:

España España

Portugal Portugal

Flag of France.svg Francia

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]