Ain
| Epónimo | Rio Ain (pt) | ||||
|---|---|---|---|---|---|
| Localización | |||||
| |||||
| Estado | Francia | ||||
| Divisións administrativas | Francia Metropolitana | ||||
| Rexións | Auvernia-Ródano-Alpes | ||||
| Capital | Bourg-en-Bresse | ||||
| Contén a división administrativa | |||||
| Poboación | |||||
| Poboación | 679.344 (2023) | ||||
| Lingua usada | Erromintxela Língua zarfática (pt) lingua francoprovenzal | ||||
| Xeografía | |||||
| Superficie | 5.762 km² | ||||
| Punto máis alto | Crêt de la Neige (pt) | ||||
| Comparte fronteira con | Jura Isère Saona e Loira Ródano (1793–) Vaud (1803–) Cantón de Xenebra (1815–) Alta Savoia (1860–) Savoia (1860–) metrópole de Lión (2015–) | ||||
| Creación | 4 de marzo de 1790 | ||||
| Organización política | |||||
| • Presidente | Jean Deguerry (2017–) | ||||
| Identificador descritivo | |||||
| Fuso horario | |||||
| ISO 3166-2 | FR-01 | ||||
| Código NUTS | FR711 | ||||
| Código de departamento INSEE | 01 | ||||
| Sitio web | ain.fr | ||||
Ain (01) é un departamento de Francia, localizado na rexión de Auvernia-Ródano-Alpes. Comparte fronteira con Suíza ó leste. De feito teñen infraestruturas comúns, como o aeroporto de Cointrin e o acelerador de partículas CERN.
Historia
[editar | editar a fonte]O departamento de Ain foi un dos 83 creados durante a Revolución Francesa, o 4 de marzo de 1790, en aplicación da lei do 22 de decembro de 1789, a partir de catro provincias: Bresse, Bugey, Dombes, Pays de Gex e unha parte de Franc-Lyonnais.
Pays de Gex foi separado de 1798 a 1814 cando se creou o departamento de Léman. Seis municipios do suroeste do departamento, nas periferias de Lión, foron unidos ó departamento de Ródano en 1967 trala creación da Comunidade Urbana de Lión.
Economía
[editar | editar a fonte]Ain é, sobre todo, un departamento agrícola. Con todo, a industria e os servizos son máis importantes na economía do departamento.
Demografía
[editar | editar a fonte]Non existe un xentilicio oficial para designar ós habitantes de Ain. É un departamento formado por catro rexións principais, e os habitantes adoptan o xentilicio da correspondente.
Ain non posúe ningunha cidade especialmente importante, pero si unha densa rede de vilas. Tras ter diminuído a súa poboación na segunda metade do século XIX e trala primeira guerra mundial, volveu a aumentar trala segunda guerra mundial. Dinamizada pola proximidade de Lión e de Xenebra, Ain veu un grande aumento demográfico durante os últimos trinta anos, pasando de 340 000 habitantes en 1968 a 515 000 en 1999.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Consello xeral de Ain
- Prefectura de Ain Arquivado 07 de febreiro de 2019 en Wayback Machine.
| Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Ain |
