Pireneos Atlánticos
| Pyrénées-Atlantiques (fr) | |||||
| Epónimo | Pireneos e Océano Atlántico | ||||
|---|---|---|---|---|---|
| Localización | |||||
| |||||
| Estado | Francia | ||||
| Divisións administrativas | Francia Metropolitana | ||||
| Rexións | Aquitania-Lemosín-Poitou-Charentes | ||||
| Capital | Pau (1796–) | ||||
| Contén a división administrativa | |||||
| Poboación | |||||
| Poboación | 706.564 (2023) | ||||
| Xeografía | |||||
| Superficie | 7.645 km² | ||||
| Punto máis alto | Pic Palas (en) | ||||
| Comparte fronteira con | |||||
| Creación | 4 de marzo de 1790 | ||||
| Organización política | |||||
| • Presidente | Jean-Jacques Lasserre | ||||
| Identificador descritivo | |||||
| Fuso horario | |||||
| ISO 3166-2 | FR-64 | ||||
| Código NUTS | FR615 | ||||
| Código de departamento INSEE | 64 | ||||
| Sitio web | le64.fr | ||||
Os Pireneos Atlánticos[1] (64) (Pyrénées-Atlantiques en francés, Pirinèus-Atlantics en gascón, Pirinio Atlantiarrak en éuscaro) é o departamento francés número 64, situado ao suroeste de Francia, que pertence á rexión Nova Aquitania. Toma o seu nome dos montes Pireneos e do océano Atlántico. Ten a súa prefectura en Pau, e dúas subprefecturas: en Baiona e en Oloron-Sainte-Marie. Divídese en tres distritos: Baiona, Oloron-Sainte-Marie e Pau. A súa poboación en 1999 era de 600.018 habitantes, cunha densidade de 78 hab./km².
O departamento atópase situado ao norte dos Pireneos, que o separan de España (Aragón, Navarra e País Vasco).
A metade occidental do departamento é coñecida como o País Vasco francés, abarcando por completo o distrito de Baiona e a parte occidental do distrito de Oloron-Sainte-Marie mentres que a metade oriental é coñecida como Bearne.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para aquitano.
Este artigo sobre xeografía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |
