Illa Trinidad
Trinidad | |
---|---|
Cairi Iëre Tukusi La Isla de la Trinidad | |
Museo e Galería de Arte nacional | |
Localización de Trinidad | |
Situación | |
País | Trinidad e Tobago |
Arquipélago | Antillas Menores |
Mar | Mar Caribe |
Coordenadas | 10°27′38″N 61°14′55″O / 10.46056, -61.24861Coordenadas: 10°27′38″N 61°14′55″O / 10.46056, -61.24861 |
Xeografía | |
Superficie | 4.748 km² |
Longura máxima | 140 km. |
Largura máxima | 97 km. |
Punto máis alto | 940 m. Cerro Aripo |
Demografía | |
Capital | Porto España |
Poboación | 1.267.145 hab. (2011) |
Densidade | 266 hab./km² |
Lingua propia | Inglés, Crioulo |
Trinidad é unha illa do mar Caribe, a maior de Trinidad e Tobago e das Antillas Menores, e aproximadamente a unha decena de quilómetros de distancia da costa oriental de Venezuela. A capital da illa e do país é Porto España, situado no noroeste, no Golfo de Paria. A segunda cidade máis importante, San Fernando, atópase situada no suroeste.
Historia
[editar | editar a fonte]Foi descuberta por Cristovo Colón o 31 de xullo de 1498 na súa terceira viaxe. En 1530 foi conquistada por España baixo a dirección de Antonio Sedeño, quen é tamén o seu primeiro gobernador, cargo que asume en 1532, pero debido á tenaz resistencia dos nativos é abandonada dous anos máis tarde.
Un século máis tarde, España estableceu misións de cristianización con pais Capuchinos. Durante o período colonial español a illa, coñecida por Trinidad de Barlovento, é dependente da Real Audiencia de Santo Domingo, á súa vez dentro da xurisdición do Vicerreinado da Nova España.
No ano 1640 a illa rexeita un intento de invasión dos Países Baixos e en 1677 outro de Francia.
En 1797, durante unha de guerra entre España e o Reino Unido, unha frota inglesa ataca a illa e obtén a rendición do seu Gobernador.[1] Tras o Tratado de Amiens en 1802 anéxase a illa, e a cal unirá posteriormente á illa de Tobago nunha soa colonia denominada Trinidad e Tobago.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Railroad Map of Trinidad". World Digital Library. 1925. Consultado o 2013-10-25.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Illa Trinidad |