Languedoc-Rosellón

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Languedoc-Rosellón
Llenguadoc-Rosselló
Languedoc-Roussillon
Lengadòc-Rosselhon
Bandeira de Languedoc-Rosellón Escudo de Languedoc-Rosellón
Bandeira Escudo
 
Languedoc-Roussillon-Position.png
 
Estado Francia Francia
Capital
 • Poboación
Montpellier
251.634 (2006)
Linguas
 • Oficiais
Catalán, francés, occitano1
Francés2
Status
 • Presidente
Rexión de Francia
Damien Alary

Superficie
 • Total
 • % auga
Fronteiras
Costas
Posto 9º
27.376 km²

km
km
Poboación
 • Total
 • Densidade
Posto 9º
2 594 000 (est. 2008)
95 hab./km²
Xentilicio languedociano-rosellonés/esa
Fuso horario
 • en verán
UTC+1
UTC+2
Dominio de Internet .fr
Código ISO
1 Fálase catalán na parte sur e occitano no resto do territorio.
2 Malia ser segundo as leis francesas o francés a única lingua oficial, o Consello Xeral dos Pireneos Orientais aprobou unha resolución legal na que se lle daba unha certa oficialidade ás linguas catalá e occitana nese departamento.
Sitio web oficial
Subdivisións de Francia

Languedoc-Rosellón[1][2] (en catalán: Llenguadoc-Rosselló, en francés: Languedoc-Roussillon, en occitano: Lengadòc-Rosselhon) é unha rexión francesa que agrupa cinco departamentos. Está bordeada ao sur por España e o mar Mediterráneo (golfo de León), e as seguintes rexións francesas: Provenza-Alpes-Costa Azul, Ródano-Alpes, Auvernia e Mediodía-Pireneos. Moitos elementos naturais a rodean: os Pireneos, despois as terras do Lauragais, os Cévennes e o río Ródano. Moitos xeógrafos falan dun anfiteatro que mira ao mal, en relación ás montañas e as chairas languedocianas e rosellonesas.

Os seus cinco departamentos son herdeiros das provincias do Antigo réxime do Languedoc e Rosellón. Os seus cinco departamentos son : o Aude (número 11), o Gard (número 30), o Hérault (número 34), o Lozère (número 48) e os Pireneos Orientais (número 66).

No 2004, o consello rexional adoptou un novo logotipo simbolizando o sol, e que leva a divisa: "Vivir na Septimania".

Historia[editar | editar a fonte]

Artigo principal: Historia do Languedoc-Rosellón.

Na época antiga, o Languedoc-Rosellón formaba a provincia Narbonense, incorporada ben cedo ao Imperio romano. No século V, os visigodos instaláronse aquí, fundando a Septimania. Esta provincia foi temporalmente dominada polos árabes, antes de ser conquistada por Carlos Magno, que a denominou marca de Gothie. Na época feudal tivo lugar unha grande fragmentación política: os condados do Rosellón e de Cerdaña, de lingua catalá, pasaron á órbita do reino de Aragón, mentres que o Baixo Languedoc pasou baixo a dominación da casa Trencavel; despois, tras a cruzada albixense baixo a do rei de Francia. O tratado de Corbeil de 1258 ratifica esta división: os Corbières formaban a fronteira entre o reino de Francia e o reino de Aragón. En 1659 o tratado dos Pireneos incorporou o Rosellón e o norte da Cerdaña ao reino de Francia, pero as provincias do Languedoc e do Rosellón quedaron separadas administrativamente.

Administración[editar | editar a fonte]

Política[editar | editar a fonte]

A política no Languedoc-Rosellón estivo dominada desde hai tempo pola oposición entre dous persoeiros: Jacques Blanc (presidente do consello rexional durante 18 anos) e Georges Frêche, o seu adversario socialista que o sucedeu en marzo de 2004. Os ministros Claude Allègre e Jean-Claude Gayssot son orixinarios da rexión.

Xeografía[editar | editar a fonte]

A rexión do Languedoc-Rosellón é moi heteroxénea. A chaira litoral contrasta coas zonas montañosas de Cévennes e os Pireneos, pasando polas mesetas calcarias. As costas rochosas dos Pireneos alternas coas longas praias de area protexendo as bastas lagoas (lagoa de Thau, de Vendres, do Méjean...).

Economía[editar | editar a fonte]

A economía do Languedoc-Rosellón baséase nun único factor esencial, o "sol", ao servizo de dous sectores vitais: o turismo e a agricultura.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Véxase a entrada de «Perpiñán». Diciopedia do século 21 3. Isaac Díaz Pardo, Víctor F. Freixanes, Antón Mascato (edición). Editorial Galaxia. 2007. p. 1618. ISBN 9788482893600. 
  2. González Rei, Begoña (2004). Ortografía da lingua galega. Galinova Editorial. ISBN 978-8497370417. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]