Oise
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación
Saltar á procura
![]() | |
Rexión | Alta Francia |
Prefectura | Beauvais |
President | Yves Rome |
Distritos | 4 |
Cantóns | 21 |
Concellos | 688 |
Superficie | 5.860 km² |
Poboación (2015) - Total - Densidade |
821 552 hab. 140 hab./km² |
![]() | |
Localización de Oise en Francia |
Oise (60) é un departamento francés que debe o seu nome ao río que o atravesa, o río Oise.
Historia[editar | editar a fonte]
O departamento foi creado durante a Revolución francesa, o 4 de marzo de 1790 en aplicación da lei do 22 de decembro de 1789, principalmente a partir dunha parte da provincia da Illa de Francia.
Xeografía[editar | editar a fonte]
O Oise forma parte da rexión de Alta Francia. O departamento está situado a 35 km ao norte de París. É fronteirizo cos departamentos de Somme, Aisne, Sena e Marne, Val do Oise, Eure e Sena Marítimo.
Turismo[editar | editar a fonte]
O maior atractivo turístico do departamento de Oise é o Parc Astérix, aberto en 1989. Outro importante atractivo é a Catedral de Saint-Pierre de Beauvais e o Castelo de Pierrefonds.