Saltar ao contido

Aude

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía políticaAude
Imaxe

Epónimorío Aude Editar o valor en Wikidata
Localización
Editar o valor en Wikidata Mapa
 43°05′N 2°25′L / 43.08, 2.42
EstadoFrancia
Divisións administrativasFrancia Metropolitana
RexiónsOccitania Editar o valor en Wikidata
CapitalCarcasona Editar o valor en Wikidata
Contén a división administrativa
Poboación
Poboación379.648 (2023) Editar o valor en Wikidata (61,84 hab./km²)
Xeografía
Superficie6.139 km² Editar o valor en Wikidata
Bañado porGolfo de León e río Aude Editar o valor en Wikidata
Punto máis altoPic de Madrès (en) Traducir (2.469 m) Editar o valor en Wikidata
Comparte fronteira con
Creación4 de marzo de 1790 Editar o valor en Wikidata
Organización política
 Presidente Editar o valor en WikidataHélène Sandragne (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Identificador descritivo
Fuso horario
ISO 3166-2FR-11 Editar o valor en Wikidata
Código NUTSFR811 Editar o valor en Wikidata
Código de departamento INSEE11 Editar o valor en Wikidata

Sitio webaude.fr Editar o valor en Wikidata
Facebook: departementdelaude Instagram: citadellesduvertige Youtube: UC1vtw-W7rz0MCa8EZUkgfPQ Editar o valor en Wikidata

Aude (11) é un departamento de Francia cuxa capital é Carcasona. Forma parte da rexión de Occitania. O seu xentilicio en francés é Audois. Das tres patrias da cassoulet (Carcasona, Castelnaudary e Tolosa), dúas atópanse en Aude.

O departamento de Aude foi un dos oitenta e tres creados o 4 de marzo de 1790, en aplicación da lei do 22 de decembro de 1789. As súas fronteiras abarcan o que anteriormente foi unha parte da provincia de Languedoc.

Xeografía

[editar | editar a fonte]
  • Está limitado polos departamentos de Hérault ao nordeste, Tarn ao norte, Alta Garona ao noroeste, Ariège ao suroeste, Pireneos Orientais ao sur, e polo mar Mediterráneo (47 km de costa) ao leste.
  • Por Aude pasan os ríos Aude, Orbieu e Hers.
  • Punto máis alto: Pic du Madrès (2.469m). Punto máis baixo: 0m (costa mediterránea)
  • Estrada máis alta: Col du Pradel (1.679m)
  • Outros cumios: Pic du Bernard-Sauvage (2.423m), Picaucel (2.027m), La Glèbe (2.024m)
  • Maior lagoa: Étang de Bages-et-de-Sigean (45 km²)
  • Estanques salgados: Étang de Salses-Leucate (110 km², compartido cos Pireneos Orientais), Étang de Gruissan (25 km²), Étang de l'Ayrolle e Étang de Campignol (16 km² entre ambos), Étang de Lapalme
  • Lagos de l'Estrade e Étang de Pissevaches
  • Desfiladeiros da Pierre-Lys, Gorges de Galamus, da Frau, do Orbieu, do Aude
  • Grutas de Limousis, de Laguzou, de Cabrespine (sima xigante)

O clima de Aude é predominantemente mediterráneo.

O outono caracterízase por tormentas violentas e rápidas. O verán é a miúdo cálido e seco, o que favorece o cultivo da vide e a oliveira. Mais, o departamento é unha terra de contrastes:

No norte, a Montagne Noire (montaña negra) e, no sur, o país de Sault teñen climas de montaña, con temperaturas ás veces moi baixas en inverno.

No oeste, o clima é de tipo aquitano, con precipitacións máis importantes, mentres que no leste o clima é puramente mediterráneo.

No centro, na rexión Limouxine, Carcassonnaise e do Razès, o clima é intermedio, con exposicións importantes aos ventos. Os ventos están a miúdo presentes no Aude. É un dos departamentos franceses máis ventosos con 300 a 350 días de vento por ano. Este fenómeno débese principalmente aos relevos setentrionais e meridionais que forman un corredor.

No noroeste sopra o Cers, chamado Tramontane na Provenza, que é un vento de terra. É un vento seco e violento e frío en inverno. Ao contrario, sopra o Autan que é cálido e húmido e procede do mar ao sueste. Estes ventos regulares permitiron instalar centrais eólicas como en Avignonet-Lauragais.

Demografía

[editar | editar a fonte]
Evolución demográfica (poboación censada)
1801183118411851185618611866
225.228270.125284.285289.747282.833283.606288.626
1872187618811886189118961901
285.927300.065327.942332.080317.372310.513313.531
1906191119211926193119361946
308.327300.537287.052291.951296.880285.115268.889
1954196219681975198219901999
268.254269.782278.323272.366280.686298.712309.770

As maiores cidades do departamento son (datos do censo de 1999):

  • Narbona 46.510 habitantes; a aglomeración fórmaa un único municipio.
  • Carcasona: 43.950 habitantes; a aglomeración fórmaa un único municipio.
  • Castelnaudary: 10.851 habitantes, 11.876 na aglomeración.

Economía

[editar | editar a fonte]
Vista da cidade de Carcasona dende a Cidade.

Con pouca importancia da industria (centrada nas cidades principais e en Port-la-Nouvelle), os principais recursos proveñen da agricultura (principalmente a vide) e, sobre todo, do turismo. Lugares de interese son a cidade fortificada de Carcasona, o conxunto monumental de Narbona, a abadía de Fontfroide, os castelos de Peyrepertuse e Quéribus e a reserva africana de Sigean, entre outros.

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]