Dicionario

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Dicionario Castellano gallego.jpg

Un dicionario é un lista de termos ou palabras coas súas definicións. Tamén se consideran dicionarios as compilacións de caracteres, iconas, símbolos coa súa representación gráfica. Moitos dicionarios inclúen información adicional: pronuncia, etimoloxía, exemplos de uso, ilustracións e a maior parte dos dicionarios están en formato libro. As palabras ordénanse alfabeticamente.
A diferenza entre entre dicionario e unha enciclopedia está en que un dicionario céntrase no significado e uso das palabras, mentres unha enciclopedia intenta recompilar e organizar o coñecemento sobre temas moi variados.

Galizionario
Vexa a entrada do Galizionario acerca de Dicionario

Tipos de dicionarios[editar | editar a fonte]

  • Dicionarios de definicións (é o máis habitual)
  • Dicionarios bilingües
  • Dicionarios de sinónimos
  • Dicionarios de antónimos
  • Dicionarios de rimas, chamados tamén inversos. En galego temos o antigo exemplo de:
  • Ibañez Fernández, Jose (1956): Diccionario galego da rima e galego-castelán. Madrid: Marsiega.
  • Dicionarios conceptuais, onomasiolóxicos ou ideolóxicos, tamén chamados inversos ou ás veces tesauros
  • Dicionarios de frecuencias
  • Dicionarios etimolóxicos
  • Dicionarios de autoridades
  • Dicionarios históricos
  • Dicionarios visuais

Dicionario prescritivo[editar | editar a fonte]

Unha diferenza fundamental en linguas con Academias normativizadoras é a existente entre dicionario descritivo e dicionario prescritivo. Cando unha institución ten poder para sancionar (normalmente, en lexicografía denomínase sanción ou validación ao refrendo positivo do uso, non á proscrición, negativa), esta publica as súas conclusións lexicolóxicas nun dicionario. Isto pasa en poucas linguas (para o castelán pola RAE, para o galego pola RAG, para o italiano pola Accademia della Crusca, etc.), porque a maioría non teñen unha autoridade validadora. Isto permite establecer bases lingüísticas claras para o ensino e a lexislación, pero diminúe a velocidade de reacción e adaptación da lingua oficial aos novos tempos, posto que a distancia entre lingua oficial e usada é maior.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]