O garífuna é unha lingua arauaca falada polo pobo garífuna que habita na zona oeste da costa norte de América Central. Malia ser unha lingua da familia arauaca é atípica por falarse fóra da área lingüística arauaca, que está limitada ó norte de América do Sur, polo cal ten moitos préstamos das linguas caribes e das linguas europeas, produto das guerras, da migración e da colonización. O garífuna está clasificado como "vulnerable" polo Libro Vermello das Linguas Ameazadas da UNESCO.[1]
Outrora, a lingua estivo confinada nas illas de San Vicente e Dominica, mais os seus falantes, os garífunas, foron deportados masivamente polos británicos en 1797 á costa norte de Honduras,[2] dende onde o pobo e a lingua se estenderon ó longo da costa dende Nicaragua até Guatemala e Belize.
Langworthy, Geneva (2002). "Language Planning in a Trans-National Speech Community" (). In: Barbara Burnaby e Jon Reyhner (eds), Indigenous Languages Across the Community, Flagstaff: Northern Arizona University, pp. 41–48.
Munro, Pamela (1998). 'The Garifuna gender system'. In Hill, Mistry, & Campbell (eds), The Life of Language: papers in linguistics in honor of William Bright.