A lingua ashéninka (tamén escrita como ashéninca ou ashéninga) é unha lingua arauaca falada polo pobo ashéninka do Perú e do Brasil. É o nome común de varias variedades que pertencen ao subgrupo de linguas campa.[1]Ethnologue distingue sete linguas diferentes no complexo ashéninka, mentres que Pedrós[1] propuxo unha división en tres linguas (ashéninka, asháninka e ashé-ashá norte) baseándose no principio de intelixibilidade mutua. As variedades incluídas en ashéninka e ashé-ashá norte foron chamadas tradicionalmente ashéninka. Glottolog reflicte a proposta de Pedrós, aínda que considerando as linguas propostas por el como agrupacións das linguas que distingue o Ethnologue. Segundo datos de 2017 tiña 8.774 falantes.[2] O ashéninka está clasificado como "vulnerable" polo Libro Vermello das Linguas Ameazadas da UNESCO.[3]
Cushimariano Romano, Rubén e Richer C. Sebastián Q. (2009). Diccionario asháninka–castellano (versión preliminar). [1]
Crevels, Mily, Lyle Campbell, Veronica Grondona e Mouton De Gruyter. "Language Endangerment in South America: The Clock Is Ticking." A Comprehensive Guide The Indigenous Languages of South America, 2012, 167-234.
"Asháninka." Language, Alphabet and Pronunciation. Consultado o 5 de maio de 2016.