Saltar ao contido

Lingua taína

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Lingua taína
 Subclase de
Propiedades
Clasificación lingüística
Localización
 Orixinario de
 Mapas
Mapa de distribución
Datas
 Disolución / destrución
1700 Editar o valor en Wikidata
Códigos e identificadores
Freebase/m/02hxpsb Editar o valor en Wikidata
ISO 639-3tnq Editar o valor en Wikidata
ISO 639-5tnq Editar o valor en Wikidata
IETFtnq Editar o valor en Wikidata
Wikidata

O taíno[1] é unha lingua extinta da familia arauaca falada historicamente polo pobo taíno do Caribe. No tempo da chegada dos colonizadores españois, era a principal lingua do Caribe. O taíno clásico (ou propiamente taíno) era a lingua nativa no norte das Antillas, en Porto Rico, en Turks e Caicos e a maioría da Española, e estaba a estenderse en Cuba. O ciboney está sen documentar, pero as fontes coloniais suxiren que eran un dialecto do taíno que se falaba na parte occidental da Española, nas Bahamas, Xamaica e na maioría de Cuba.

A finais do século XV, o taíno desprazara as linguas anteriores agás no oeste de Cuba e nalgúns lugares da Española. Coa colonización española, a cultura taína esmoreceu e a lingua foi subtituída polo castelán e outras linguas europeas. Crese que a lingua se extinguiu logo de cen anos do contacto cos europeos,[2] mais posiblemente puido ter sobrevivido nalgúns lugares illados do Caribe até o século XIX.[2][3] Como a primeira lingua nativa coa que os europeos se encontraron no Novo Mundo, é a principal fonte de novas palabras americanas incorporadas ás linguas europeas.

  1. Definición de taíno, -na no Dicionario de Galego de Ir Indo e a Xunta de Galicia.
  2. 1 2 Alexandra Aikhenvald (2012) Languages of the Amazon, Oxford University Press
  3. Reyes, David (2004). "The Origin and Survival of the Taíno Language" (PDF). Issues in Caribbean Amerindian Studies 5 (2). Consultado o 19 de febreiro de 2017.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • Payne D.L., "A classification of Maipuran (Arawakan) languages based on shared lexical retentions", in: Derbyshire D.C., Pullum G.K. (eds.), Handbook of Amazonian Languages, vol. 3, Berlín, 1991.
  • Derbyshire D.C., "Arawakan languages", in: Bright, William (ed.), International Encyclopedia of Linguistics, vol. 1, Nova York, 1992.