Lingua barawana
Aparencia
Barawana Mitua | ||
---|---|---|
Outros nomes: | Baré | |
Falado en: | Venezuela e o Brasil | |
Total de falantes: | 240 (2011)[1] | |
Familia: | Americana Arauaco Setentrional Arauaco do alto Amazonas Orinoco Barawana | |
Escrita: | Alfabeto latino | |
Códigos de lingua | ||
ISO 639-1: | --
| |
ISO 639-2: | --- | |
ISO 639-3: | bae
| |
Mapa | ||
Status | ||
A lingua barawana ou baré é unha lingua da familia arauaca falada en Venezuela e o Brasil polo pobo baré.[3][4] Aikhenvald (1999) informou que "só quedaban uns poucos falantes maiores" do baré propiamente dito, e que a variedade guinau estaba extinguida. Kaufman (1994) considera que o baré propiamente dito, o guinau e o marawá (extinguidos) son linguas distintas; Aikhenvald, considéraos dialectos dunha soa lingua. (O marawá non é a mesma lingua ca o marawan.)
Nome
[editar | editar a fonte]A palabra baré é un termo xenérico que fai referencia a un bo número de linguas arauacas faladas na área, incluíndo o mandawaca, o warekena, o baniwa ou o piapoco. O termo barawana é o empregado por Kaufman, Aikhenvald e Ethnologue. Tamén se coñece como ibini e mitua.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "A lingua barawana en Ethnologue". Consultado o 6 de xuño de 2024.
- ↑ Moseley, Christopher e Nicolas, Alexandre. "Atlas of the world's languages in danger". unesdoc.unesco.org. Consultado o 11 de xullo de 2022.
- ↑ Ramirez, Henri (2020). Enciclopédia das línguas Arawak: acrescida de seis novas línguas e dois bancos de dados 3 (1 ed.). Curitiba: Editora CRV. p. 290. ISBN 978-65-251-0234-4. doi:10.24824/978652510234.4.
- ↑ Ramirez, Henri, & França, Maria Cristina Victorino de. (2019). Línguas Arawak da Bolívia. LIAMES: Línguas Indígenas Americanas, 19, e019012. https://doi.org/10.20396/liames.v19i0.8655045
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Outros artigos
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Aikhenvald, Alexandra Y. (1999). "The Arawak language family". En Aikhenvald, Alexandra Y.; Dixon, R.M.W. The Amazonian languages. Cambridge: Cambridge University Press.