Saltar ao contido

Lingua ashéninka

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Ashéninka
Outros nomes:Campa
Falado en: O Perú e o Brasil
Rexións: Amazonas
Total de falantes: 8.774 (2017)[1]
Familia: Arauaca
 Meridional
  Campa
   Ashéninka
Códigos de lingua
ISO 639-1: --
ISO 639-2: ---
ISO 639-3: cjo
Mapa
Status

O ashéninka está clasificado como "vulnerable" polo Libro Vermello das Linguas Ameazadas da UNESCO[2]

A lingua ashéninka (tamén escrita como ashéninca ou ashéninga) é unha lingua arauaca falada polo pobo ashéninka do Perú e do Brasil. É o nome común de varias variedades que pertencen ao subgrupo de linguas campa.[3] Ethnologue distingue sete linguas diferentes no complexo ashéninka, mentres que Pedrós[3] propuxo unha división en tres linguas (ashéninka, asháninka e ashé-ashá norte) baseándose no principio de intelixibilidade mutua. As variedades incluídas en ashéninka e ashé-ashá norte foron chamadas tradicionalmente ashéninka. Glottolog reflicte a proposta de Pedrós, aínda que considerando as linguas propostas por el como agrupacións das linguas que distingue o Ethnologue.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Base de Datos Oficial de Pueblos Indígenas u Originarios". Base de Datos de Pueblos Indígenas u Originarios. Ministerio de Cultura do Perú. Arquivado dende o orixinal o 2021-09-23. Consultado o 2021-09-22. 
  2. Moseley, Christopher e Nicolas, Alexandre. "Atlas of the world's languages in danger". unesdoc.unesco.org. Consultado o 11 de xullo de 2022. 
  3. 3,0 3,1 Pedrós, Toni (2018). "Ashéninka y asháninka: ¿de cuántas lenguas hablamos?". Cadernos de etnolingüística 6 (1): 1–30. Arquivado dende o orixinal o 6 de setembro de 2018. Consultado o 6 de setembro de 2018. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Cushimariano Romano, Rubén e Richer C. Sebastián Q. (2009). Diccionario asháninka–castellano (versión preliminar). [1]
  • Crevels, Mily, Lyle Campbell, Veronica Grondona e Mouton De Gruyter. "Language Endangerment in South America: The Clock Is Ticking." A Comprehensive Guide The Indigenous Languages of South America, 2012, 167-234.
  • "Asháninka." Language, Alphabet and Pronunciation. Consultado o 5 de maio de 2016.