Lingua resígaro
Resígaro | ||
---|---|---|
Falado en: | Perú | |
Rexións: | departamento de Loreto | |
Total de falantes: | 1 (2017)[1] | |
Familia: | Americana Arauaco Setentrional Arauaco do alto Amazonas Nawiki occidental Resígaro | |
Escrita: | Alfabeto latino | |
Códigos de lingua | ||
ISO 639-1: | --
| |
ISO 639-2: | --- | |
ISO 639-3: | rgr
| |
Mapa | ||
Status | ||
A lingua resígaro é unha lingua da familia arauaca falada no departamento de Loreto, no Perú. Crese que está case extinta xa que no ano 2017 contaba con só un falante.[3][4] Aikhenvald (1999) clasificouna entre as linguas nawiki occidentais. Kaufman (1994) clasificouna nunha póla separada do alto Amazonas.[5][6]
Últimos falantes
[editar | editar a fonte]O 25 de novembro de 2016, a última muller falante de resígaro, Rosa Andrade, foi brutalmente asasinada cunha decapitación aos 67 anos. A súa sobriña relatou: "foi decapitada. Non se atopou a súa cabeza, nin o seu corazón".[7] A derradeiro falante da lingua é o seu irmán Pablo Andrade. El e a súa irmá estaban a traballar nun proxecto co Ministerio de Cultura do Perú para documentar a súa lingua dende outubro de 2016, e para actualizar libros de gramática e un dicionario obsoleto elaborado na década de 1950 pola Summer Institute of Linguistics, que promoveu a tradución da Biblia.[7]
Contacto lingüístico
[editar | editar a fonte]O resígaro ten moitos préstamos morfolóxicos da lingua bora, como pronomes, marcadores numerais e marcadores de casos. Porén, hai relativamente poucos préstamos léxicos.[8]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "A lingua resígaro en Ethnologue". Consultado o 5 de xuño de 2024.
- ↑ Moseley, Christopher e Nicolas, Alexandre. "Atlas of the world's languages in danger". unesdoc.unesco.org. Consultado o 11 de xullo de 2022.
- ↑ International, Survival. "Peru: Last female speaker of indigenous Amazonian language murdered". www.survivalinternational.org. Arquivado dende o orixinal o 2022-01-21. Consultado o 2020-08-04.
- ↑ Fowks, Jacqueline (21 de decembro de 2016). "Asesinada en Perú la última mujer hablante de resígaro". Arquivado dende o orixinal o 22 de marzo de 2022. Consultado o 4 de agosto de 2020 – vía elpais.com.
- ↑ Ramirez, Henri (2019). Enciclopédia das línguas arawak: acrescida de seis novas línguas e dois bancos de dados. (no prelo)
- ↑ Ramirez, Henri, & França, Maria Cristina Victorino de. (2019). Línguas Arawak da Bolívia. LIAMES: Línguas Indígenas Americanas, 19, e019012. https://doi.org/10.20396/liames.v19i0.8655045
- ↑ 7,0 7,1 "Beheaded in Peru: Rosa Andrade, Last Female Speaker of Resigaro Language - Indian Country Media Network". indiancountrymedianetwork.com (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 2018-01-09. Consultado o 2017-05-23.
- ↑ Seifart, Frank. 2011. Bora loans in Resígaro: Massive morphological and little lexical borrowing in a moribund Arawakan language Arquivado 2022-01-21 en Wayback Machine.. Cadernos de Etnolingüística Série Monografias, 2.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Aikhenvald, Alexandra Y. (1999). "The Arawak language family". En Aikhenvald, Alexandra Y.; Dixon, R.M.W. The Amazonian languages. Cambridge: Cambridge University Press.