Laura Alonso Padín

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaLaura Alonso Padín

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento2 de xaneiro de 1976 Editar o valor em Wikidata (48 anos)
Vilagarcía de Arousa, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
EducaciónHochschule für Musik Karlsruhe (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupacióncantante de ópera Editar o valor em Wikidata
Xénero artísticoÓpera Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
TesituraSoprano Editar o valor em Wikidata

InstrumentoVoz Editar o valor em Wikidata
Familia
PaiLuís Alonso Girgado Editar o valor em Wikidata

Páxina weblaura-alonso.com Editar o valor em Wikidata
Facebook: lauraalonsopadin Editar o valor em Wikidata

Laura Alonso Padín, nada en Vilagarcía de Arousa o 2 de xaneiro de 1976,[1] é unha soprano operística galega. Comezou a súa carreira en 1999, cando se converteu en membro do Aalto-Musiktheater de Essen (Alemaña). Tamén ten aparecido como artista principal en moitos teatros internacionais con distintas agrupacións orquestrais de prestixio.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Filla de Luís Alonso Girgado e M.ª Paz Padín Castro, comezou os seus estudos musicais no Conservatorio de Santiago de Compostela, proseguíndoos na Escola Superior de Canto de Madrid co barítono Antonio Blancas.[2] Tras graduarse en canto e violín marcha a Alemaña a estudar na Hochschule für Musik de Karlsruhe en 1993 coa prestixiosa bolsa de estudos da Fundación Alexander von Humbolt alemá cos profesores Aldo Baldin, Anna Reynolds e Jean Cox, e lied con Hartmut Höll, entre outros mestres.

Aos 21 anos cantou a súa primeira ópera, Fidelio, de Ludwig van Beethoven, no Aalto-Musiktheater da cidade alemá de Essen,[3] onde aos 23 anos entrou na súa compañía de ópera. No teatro alemán interpretou entre outros, os papeis de Mimí en La Bohème, Gilda en Rigoletto, Susanna en Le nozze di Figaro, Zdenka en Arabella, Pamina en Die Zauberflöte, ou a en Dialogues des carmélites, así como numerosos concertos. Máis de 400 representacións operísticas e concertos en total, soamente nesta casa de ópera.

Destacou tamén a súa interpretación do papel de Magda na ópera de Puccini La rondine en Utrecht e Ámsterdan coa orquestra TROS, substituíndo de xeito precipitado a Angela Gheorghiu, e obtendo un grande éxito de crítica. Debutou na Staatsoper Unter den Linden de Berlín coa ópera de Richard Strauss Ariadne auf Naxos.

En decembro de 2006, publicou o que é considerado o seu traballo discográfico máis ambicioso, "Col sorriso d'innocenza", un traballo que recolle arias pouco coñecidas de belcanto en colaboración coa Orquestra Filharmónica de Málaga e que colleitou excelentes críticas entre a prensa operística internacional. No ano 2007 encarnou a Sandrina en La finta giardiniera de Mozart durante o Festival de Salzburgo con motivo do ano Mozart, e ese mesmo ano inaugurou o Auditorio Miguel Delibes de Valladolid interpretando un programa de arias de belcanto co tenor canario Celso Albelo e a Orquesta Sinfónica de Castilla y León baixo a batuta de Alejandro Posada. En 2009 participou na estrea en Alemaña da ópera de Granados Goyescas, encarnando a Rosario.

En 1998, recibiu o Premio á Mellor Artista do Teatro (Aalto Theater Essen),[4] concedido por votación popular, e cantou no Teatro no 2010 durante as celebracións da Capital Europea da Cultura 2010, cando a cidade representou á rexión de Ruhr. En novembro dese mesmo ano debutou no Alice Tully Hall do Lincoln Center (Nova York) na representación da ópera de Ricardo Llorca Las horas vacías, obtendo un grande éxito de crítica e público.

En 2011, debutou no Teatro Colón de Buenos Aires (Arxentina), onde encarnou a Lulu, na ópera homónima de Alban Berg baixo a dirección do estadounidense Stefan Lano e con Alfredo Arias na dirección escénica. Ese mesmo ano debutou en Roma cantando a Sinfonía Nº 4 de Mahler, e realizou diversos concertos e producións operísticas en países como México, Perú, Chile ou Brasil.

É convidada regular en teatros e salas de concertos de renome internacional como o Auditorio Rishon Le Zion (Israel), Lincoln Center de Nova York, Teatro Belas Artes en México, Philharmonie de Colonia, Berlín e Essen, Laeiszhalle de Hamburgo, Konzerthaus de Berlín, Karlsruhe e Dortmund, Kuppel Saal de Hannover, Shanghai Oriental Arts Center, Maestranza de Sevilla, Herodes Atticus de Atenas, Concertgebouw de Amsterdam, Utrecht Auditorium, Os Angeles Auditorium (E.E.U.U.), Palau de Valencia e Barcelona, entre outros moitos.

Como gañadora de eminentes premios en concursos internacionais de canto destaca o seu Primeiro Premio no último Certame Alfredo Kraus, xunto a outros nos certames Franco Corelli, Verviers ou Jaume Aragall.

Cantou regularmente con directores do prestixio de Stefan Soltesz, Ión Marin, Philipp Jordan, Zoltan Peszko, Víctor Pablo Pérez, Heiko Matthias Förster , Antonello Allemandi, Frans Brüggen, Helmuth Rilling, Jiri Kôut , Karel Mark Chichon ou E. Plasson, en importantes teatros europeos, como a Deutsche Oper am Rhein, Nationaltheater Mannheim, Staatsoper Berlin, Oper Leipzig, Oper Frankfurt, Staatstheater Darmstadt, Ópera National de Lorraine, Staatstheater Braunschweig, Théâter de Poissy , Komische Oper Berlin , Theater Freiburg, Theater Lübeck, Guanzhou Opera House, Harbin Opern, NCPA Beijing, ou Brno na República Checa.

Colaborou con mestres de escena tales como A. Pilavachi, De Tomasi, Johannes Schaaf, Pontiggia, Berndt, Schlingensief ou Hilsdorf e actuado nos Festivais de Las Palmas de Gran Canaria, o Festival de Royaumont, Bregenzer Festspiele, Verbier Festival, Expo Hannover, Innsbrucker Festwochen, Îlle-de-France Festival, Festival de Santander, Festival de Salzburgo, ou na Semana da Ópera de Berlín, entre outros.

Podemos destacar na súa carreira o seu papel de Giulia na Scala di seta de Rossini, durante unha xira europea coa Freiburger Barockorchester, baixo a dirección de Attilio Cremonesi; a súa actuación en Ariadne auf Naxos na Staatsoper de Berlín ou o seu debut no Festival de Innsbruck (Austria) co papel de Cleopatra na ópera Giulio Cesar, de Antonio Sartorio, editado en disco polo selo ORF, que lle valeu o meritorio Diapason D‘ Or da crítica francesa.

Mención especial merecen tamén éxitos como o de Magda na Rondine de Puccini, que interpretou en Utrecht(Holanda) coa T. R.O.S. e o mestre Gómez Martínez á batuta, así como as funcións do Festival de Salzburgo, no rol de Sandrina, da Finta Giardiniera, con motivo do ano Mozart e coa posta en escena de Doris Dörrie, así como un gran concerto de cancións españolas xunto á Sinfónica de Hamburgo, e a afamada guitarrista chinesa Xuefei Yang, na Laeiszhalle de Hamburgo.

Alonso Padín fixo unha xira polas principais cidades de Alemaña xunto ao tenor chileno Felipe Rojas (Deutsche Oper Berlin) acompañada pola Neue Philharmonie Westfalen, cantando zarzuela, e actuou xunto á Orchestra di camera di Firenze, con obras de Vivaldi baixo a dirección do mestre Guven Yaslicam en Florencia.

Interpretou o Retablo de Maese Pedro de Manuel de Falla en Tel Aviv, e o rol de Donna Anna do Don Giovanni na ópera en Chile, así como varios concertos coa Orquestra Sinfonica dei Roma coa 4ª Sinfonía de Mahler que cantou tamén coa Sinfónica de Galicia e a Sinfónica de Bilbao.

Dedica gran parte do ano a facer recitais e masterclasses en diversos países do mundo moitos deles co pianista Marcelo Amaral e proximamente con Hartmut Höll. Alonso Padín actuou coa Sinfónica de Exipto, e nas máis importantes salas da China. En 2014 cantou o papel de Violetta na Traviata na ópera de Darmstadt, e volveu a interpretar o papel de Lucia dei Lammermoor en Illinois, así como o papel de Konstanze en Die Entführung aus dem Serail de Mozart, tamén en Illinois. No 2014, debutou na Herkulessaal de Munich , na Smetana Hall de Praga, e actuou de novo en Düsseldorf e Berlín con senllos concertos de arias de ópera con orquestra.

Con gran éxito de crtítica tamén actuou no teatro de Belgrado como Gilda en Rigoletto, e como Violetta na Traviata en Rousse, Bulgaria. Nese mesmo ano foi a solista no concerto de ano novo da prestixiosa Dallas Symphony Orchestra xunto ao mestre Dohnányi.

Foi Rosina de Barbiere na Ópera de Tel Aviv, Violetta na ópera de Lviv en Ucraína, e en Rovereto en Italia en abril do 2017; en Chengdú na China, cantou o papel de Carmen, tras facela con gran éxito en Taiyuan (China), baixo a dirección do mestre Michael Köhler.

Debutou en 2017 o Réquiem de Verdi nun gran concerto a favor dos refuxiados en Leipzig en Alemaña, xunto á Filarmónica de Leipzig. No verán do mesmo ano, cantou xunto ao recoñecido tenor mexicano Héctor Sandoval, arias e dúos de ópera xunto á Sinfónica de Castela e León no Festival Little Opera de recente creación, con excelentes críticas. Fixo o seu debut no Carnegie Hall en decembro de 2017 cun concerto de canción española, xunto á prestixiosa pianista da Metropolitan Opera, Yelena Kurdina.

En xullo de 2018 encarnou a Violetta na Traviata en Zhejiang na China, e en España en varios teatros e salas; actuou na cidade brasileira de Natal xunto á orquestra do Río Grande do Norte, e tivo funcións de ópera en Cluj- Napoca, e na prestixiosa Elbphilharmonie de Hamburgo xa en dúas ocasións.

En 2019, cantou novamente Violetta na Traviata, Leonora (Il Trovatore), Aida, Tosca, Turandot (papel principal) e tivo moitas actuacións como Madame Butterfly, en Morelia (México), en Santiago de Compostela e outras cidades de España.

Dende 1994 reside en Berlín.[5]

Repertorio[editar | editar a fonte]

Ópera e opereta[editar | editar a fonte]

Repertorio operístico
Personaxe Título Compositor
Leonore Fidelio Beethoven
Beatrice Beatrice di Tenda Bellini
Norma Norma Bellini
Giulietta I Capuleti e i Montecchi Bellini
Zaira Zaira Bellini
Alaide La straniera Bellini
Lulu Lulu Berg
Carmen Carmen Bizet
Leïla Les pêcheurs de perles Bizet
Margherita Mefistofele Boito
Melisande Pelleas et Melisande Debussy
Salud La vida breve Falla
Maria Maria Stuarda Donizetti
Rita Rita Donizetti
Lucia Lucia di Lammermoor Donizetti
Adina L'elisir d'amore Donizetti
Maria Maria Padilla Donizetti
Pia Pia de' Tolomei Donizetti
Lucrezia Lucrezia Borgia Donizetti
Anna Anna Bolena Donizetti
Norina Don Pasquale Donizetti
Gemma Gemma di Vergy Donizetti
Sancia Sancia di Castiglia Donizetti
Elisabetta I Roberto Devereux Donizetti
Eleonora Il furioso all'isola di San Domingo Donizetti
Margherite Faust Gounod
Xulieta Romeo e Xulieta Gounod
Rosario Goyescas Granados
Rodelinda Rodelinda Händel
Alcina Alcina Händel
Cleopatra Giulio Cesare Händel
Gretel Hänsel und Gretel Humperdinck
Hanna Glawari Die lustige Witwe Franz Lehár
Las horas vacías Ricardo Llorca
Isabella, regina di Spagna Una cosa rara Martín y Soler
Manon Manon Massenet
Thaïs Thaïs Massenet
Esclarmonde Esclarmonde Massenet
Marghérite de Valois Les Huguenots Meyerbeer
Pamina Die Zauberflöte Mozart
Contessa Le nozze di Figaro Mozart
Donna Anna Don Giovanni Mozart
Donna Elvira Don Giovanni Mozart
Fiordiligi Cossì fan tutte Mozart
Elettra Idomeneo Mozart
Sifare Mitridate Mozart
Sandrina La finta giardiniera Mozart
Blonde Die Entführung aus dem Serail Mozart
Zaide Zaide Mozart
Frau Fluth Die lustigen Weiber von Windsor Nicolai
Antonia Les contes d'Hoffmann Offenbach
Giulietta Les contes d'Hoffmann Offenbach
Magda La rondine Puccini
Musetta La Bohème Puccini
Turandot Turandot Puccini
Blanche Dialogues des carmélites Poulenc
Maria Egiziaca Respighi
Semiramide Semiramide Rossini
Giulia La scala di seta Rossini
Fiorilla Il turco in Italia Rossini
Pamira Le siège de Corinthe Rossini
Mathilde Guillaume Tell Rossini
Matilde Matilde di Shabran Rossini
Cleopatra Giulio Cesare Sartorio
Rosalinde Die Fledermaus J. Strauss II
Arabella Arabella R. Strauss
Marschallin Der Rosenkavalier R. Strauss
Zerbinetta Ariadne auf Naxos R. Strauss
Danae Die Liebe der Danae R. Strauss
Elisabetta di Valois Don Carlos Verdi
Alice Falstaff Verdi
Violetta La traviata Verdi
Amelia Un ballo in maschera Verdi
Luisa Luisa Miller Verdi
Giovanna Giovanna d'Arco Verdi
Freia Das Rheingold Wagner
Sieglinde Die Walküre Wagner
Brünnhilde Siegfried Wagner
Gutrune Götterdämmerung Wagner
Agathe Der Freischütz Weber

Zarzuela[editar | editar a fonte]

Zarzuela
Compositor Zarzuela(s)
Barbieri El barberillo de Lavapiés, Los diamantes de la corona e Jugar con fuego
Fernández Caballero Gigantes y cabezudos
Chapí El rei que rabió
Guridi El caserío
Jerónimo Giménez La tempranica
Pablo Luna En niño judío
José Serrano Los claveles e La canción del olvido
Pablo Sorozábal La del manojo de rosas e Katiuska
Arrieta Marina
Vives Maruxa
Usandizaga Las golondrinas
Moreno Torroba Luisa Fernanda e La marchenera

Oratorio e outros[editar | editar a fonte]

Outros
Compositor Obra(s)
Bach Oratorio de Nadal, A paixón según San Xoán, A paixón según San Mateo, Jauchzet Gott in allen Landen e Magnificat
Beethoven Sinfonía Nº9, Egmont, Misa en Do Maior e Christus am Ölberge
Berg Sieben Frühe Lieder
Berlioz L´enfance du Christ (La Vièrge Marie) e Les nuits d'été
Boccherini Stabat Mater
Brahms Réquiem Alemán e Liebeslieder-Walzer
Bruckner Te Deum e Misa Nº 3
Canteloube Chants d'Auvergne
Charpentier Te Deum
Chausson Chanson Perpetuelle e Poéme de l´amour et de la mer
Debussy La demoiselle elúe e L´enfant prodigue
Falla El sombrero de tres picos (La Molinera), El amor brujo (Candelo) e Atlàntida (Reina Isabela e Pirene)
Dvořák Réquiem
Esplá Cinco canciones playeras españolas
Glière Konzert für Koloratursopran
Gounod Messe solennelle à Sainte Cécile
Händel La resurrezione, O Mesías, Judas Maccabaeus, Joshua e Acis and Galatea
Haydn Die Schöpfung, Die Jahreszeiten, Scena die Berenice, Missa in Angustiis e Stabat Mater
Liszt Christus
Mahler Sinfonía Nº 2, Sinfonía Nº 4 e Sinfonía Nº 8
Mendelssohn Elias, Paulus e Ein Sommernachtstraum
Montsalvatge Cinco canciones negras
Mozart Misa en Do menor, Réquiem, Missa solemnis, Krönungsmesse, Regina Caeli e Exsultate, Jubilate
Orff Carmina Burana
Pergolesi Stabat Mater e Orfeo
Poulenc Stabat Mater e Gloria
Rakhmáninov Vocalise e As campás
Ravel Shéhérazade
Rodrigo Cuatro madrigales amatorios
Rossini Petite messe solennelle, Stabat Mater e Messa di Gloria
Schubert Stabat Mater e Der Hirt auf dem Felsen
Schmann Das Paradies und die Peri
R. Strauss Vier Letzte Lieder
J. Strauss (fillo) Frühlingsstimmen-Walzer
Szymanowski Stabat Mater
Turina Canto a Sevilla
Verdi Quattro Pezzi sacri e Réquiem
Villa-Lobos Bachiana Nº 5
Vivaldi Gloria e Laudate pueri
Zemlinsky Lyrische Sinfonie

Premios[editar | editar a fonte]

Discografía[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Redacción (23 de agosto de 2014). "Laura Alonso Padín: "La ópera es un arte con mayúsculas. Sería ideal involucrar más a Galicia con la música clásica"". elcorreogallego.es (en castelán). Consultado o 8 de marzo de 2021. 
  2. Gran Enciclopedia Galega Silveiro Cañada
  3. Españoles por Europa (3) Arquivado 22 de setembro de 2011 en Wayback Machine. en El País
  4. "AALTO-BÜHNENPREISTRÄGER" (PDF). theater-essen.de (en alemán). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 23 de marzo de 2021. Consultado o 8 de marzo de 2021. 
  5. Fuentes Romero, Emilio (21 de agosto de 2011). "Españoles por Europa (3)". lacomunidad.elpais.com (en castelán). Archived from the original on 22 de setembro de 2011. Consultado o 8 de marzo de 2021. 
  6. Redacción (24 de xullo de 2016). "Laura Alonso Padín, la soprano gallega que emigró para triunfar en la ópera". noticiasgalicia.com (en castelán). Consultado o 19 de decembro de 2023. 
  7. "Col Sorriso D'innocenza". music.apple.com. Consultado o 8 de marzo de 2021. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]