Un ballo in maschera

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Un ballo in maschera
Un baile de máscaras
Forma Ópera seria
Actos e escenas 3 actos
Idioma orixinal do libreto Italiano
Libretista Antonio Somma
Fontes literarias Baseado no libreto de Eugène Scribe para Daniel-François Auber: Gustave III, ou Le Bal masqué (1833).
Estrea 17 de febreiro de 1859
Teatro da estrea Teatro Apollo
Lugar da estrea Roma
Duración 2 horas 15 minutos[1]
Música
Compositor Giuseppe Verdi
Personaxes

Riccardo (tenor lírico-spinto)
Renato (barítono)
Amelia (soprano dramática)
Silvano (barítono)
Ulrica (contralto)
Óscar (soprano lixeira)
Sam (baixo)
Tom (baixo)
Conspiradores, amigos do gobernador, negros, cortesáns, xente do pobo[2]

Un ballo in maschera (en galego, Un baile de máscaras) é unha ópera en tres actos con música de Giuseppe Verdi e libreto en italiano de Antonio Somma, baseado no libreto de Eugène Scribe para a ópera Gustave III (1833) de Daniel-François Auber, que se baseou vágamente no asasinato histórico do rei Gustavo III de Suecia. O tema era ben coñecido por ter sido empregado por outros compositores, incluíndo a Daniel-François Auber para a súa ópera de 1833 Gustavo III, ou O baile de máscaras e máis tarde por Saverio Mercadante para a súa ópera Il reggente en 1843. A estrea da ópera tivo lugar no Teatro Apollo de Roma o 17 de febreiro de 1859

En 1792, o rei de Suecia, Gustavo III, foi asasinado como resultado dunha conspiración política contra el. Recibiu un disparo mentres estaba nun baile de máscaras e morreu 13 días máis tarde polas súas feridas. Para o libreto, Scribe conservou os nomes de algunhas das figuras históricas implicadas, a conspiración e o asasinato nun baile de máscaras. O resto da obra -as caracterizacións, o romance, a adeviñación do futuro, etc.- é invención de Scribe e a ópera non é exacta históricamente.

Un ballo in maschera foi unha das óperas máis problemáticas de Verdi, xa que para converterse no Un ballo in maschera que se coñece hoxe, a ópera de Verdi (e o seu libreto) viuse obrigada a sufrir unha serie de transformacións, causadas por unha combinación de normas de censura tanto en Nápoles como en Roma (pedindo mesmo máis alteracións das que Verdi estaba disposto a aceptar), así como pola situación política en Francia en xaneiro de 1858. O feito da censura fixo a Verdi rachar o contrato co teatro, que o demandou, e Verdi contraatacou cunha demanda por difamación. Finalmente a loita legal concluiu coa retirada das acusacións por parte do teatro, e co compromiso de Verdi de terminar la ópera. Sen embargo, antes da estrea en Roma, a acción tivo que trasladarse de Estocolmo a Boston, e o rei Gustavo tivo que ser sustituido polo conde de Warwick, dado que as autoridades non permitían que unha obra de teatro incluíra cun rexicidio .

A pesar do seu desenlace dramático, Un ballo in maschera conta con moitos momentos de brillantismo e ironía asociada á comedia -unha mestura que levou aos críticos a denominala "Shakespeariana".

Personaxes[editar | editar a fonte]

Personaxe
BO: Ambientación orixinal en Boston
SW: Ambientación e personaxes suecos
Tesitura Reparto na estrea (ambientación en Boston),
17 de febreiro de 1859[3]
(Director: - )
BO: Riccardo, conde de Warwick e gobernador de Boston
SW: Gustavo, rei de Suecia
tenor Gaetano Fraschini
BO: Amelia, dona de Renato, namorada de Riccardo
SW: Amelia, dona de Anckarström, namorada de Gustavo
soprano Eugenia Julienne-Dejean
BO: Renato, home de Amelia e secretario de Riccardo, mellor amigo e confidente
SW: Conde Anckarström, home de Amelia e secretario de Gustavo, mellor amigo e confidente
barítono Leone Giraldoni
BO: Oscar, paxe de Riccardo
SW: Oscar, paxe de Gustavo
soprano de coloratura Pamela Scotti
BO: Ulrica
SW: Madame Arvidson, unha adeviñadora
contralto Zelina Sbriscia
Un xuiz tenor Giuseppe Bazzoli
BO: Silvano
SW: Cristiano
baixo Stefano Santucci
Sirvienta de Amelia tenor Luigi Fossi
BO: Samuel
SW: Conde Ribbing
baixo Cesare Rossi
BO: Tom
SW: Conde Horn
baixo Giovanni Bernardoni

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Guías visuales Espasa: Ópera (1.ª ed.). ISBN 978-84-670-2605-4. 
  2. José María Martín Triana: El libro de la ópera, segunda reimpresión en "El libro de bolsillo", 1992, Alianza Editorial, ISBN 84-206-0284-1.
  3. Lista de cantantes tomada de Budden, p. 360

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Operalogo.svg
A Galipedia ten un portal sobre: