Enrique Granados

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Enrique Granados
Granados.jpg
Nome completo Enrique Granados Campiña
Nado o 27 de xullo de 1867
Lleida Cataluña Cataluña
Morto o 24 de marzo de 1916
Canal da Mancha
Orixe catalán
Instrumento(s) piano,

Enrique Granados Campiña, nado o 27 de xullo de 1867 en Lleida e finado no Canal da Mancha o 24 de marzo de 1916, foi un compositor e pianista catalán.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Estudou piano con Joan Baptista Pujol e composición con Felipe Pedrell en Barcelona. En 1883, con 16 anos, presentouse como pianista virtuoso tocando a Sonata nº2 de Schumann.

En 1887 viaxou a Francia, onde coñeceu a Debussy, Ravel e Saint-Saëns en París. O seu primeiro éxito como compositor foi a ópera "Maria del Carmen" (1898).

En setembro de 1909 viaxou a Galicia, actuando o día 5 no salón principal da Exposición Rexional de Santiago de Compostela, interpretando pezas de Liszt, Beethoven e Chopin. Ao día seguinte, actuou na Coruña acompañado polo violinista Juan Manén.

A súa maior obra é a suíte para piano "Goyescas" (1911), que ten unha forte influencia de Liszt e que fai referencia a algúns cadros de Goya.


Viaxe a Nova York[editar | editar a fonte]

No novembro de 1915, Enrique Granados e a súa muller, Amparo Gal, zarparon no barco Montevideo dende Barcelona a Nova York. O motivo principal da viaxe era a estrea da suite Goyescas no Metropolitan Opera House desta cidade, en versión ópera[1]. Adicionalmente o compositor acudiu a diversas recepcións e realizou diversos concertos para piano e violoncelo. Algún deles realizado en compañia do seu amigo Pau Casals[1]. Cabe sinalar o recital que realizou na Casa Branca o 7 de marzo diante do presidente Woodrow Wilson[1]. Tamén realizou diversas gravacións dalgunhas das súas obras e compoñeu a Danza de los ojos verdes. Pensando en realizar a estrea desta obra na mesma cidade e contando coa popular bailarina Antonia Mercé, A arxentina. Finalmente a estrea realizouse o 10 de febreiro no teatro Maxine Elliot[1].

O 26 de xaneiro realizouse o ensaio xeral de Goyescas e finalmente o 28 de xaneiro de 1916 estreouse a suite no Metropolitan[1]. A recepción por parte do público américano foi pobre, e a obra foi bastante minusvalorada por parte da crítica[1]. Algúns biográfos coma Antoni Pizà, sinalan que sendo a música impoñente e grandiosa, o libreto, porén, era moi pobre[1]. Ademais hai que ter en conta que no 1916, aínda estaba recente o recordo da guerra de Cuba entre os EUA e España. A pesar disto a prensa catalana e española publicitou a noticia da estrea coma dun grande éxito[1].

Morte[editar | editar a fonte]

O matrimonio Granados embarcou o 11 de marzo de 1916 no Amsterdam[1]. Tras unha escala en Londres, partiron cara Barcelona no barco Sussex que foi torpedeado pola armada alemá ás 14:50 do 24 de marzo; no contexto da Primeira Guerra Mundial, mentras atravesaban a Canle da Mancha. Ámbolos dous morreron afogados nas augas do Canle.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 1,5 1,6 1,7 1,8 J.M.F. (Abril-Maio 2016). "Granados a Nova York. Aventura Final". 440Clàssica & Jazz (29): 34–37. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]