Bachianas Brasileiras
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde novembro de 2018.) |
As Bachianas Brasileiras son nove composicións musicais compostas por Heitor Villa-Lobos entre os anos 1930 e 1945.
Contexto
[editar | editar a fonte]As Bachianas Brasileiras foron resultado das reflexións que o autor desenvolveu a partir do ano 1930, sobre as diferenzas existentes entre a música clásica universal, no que consideraba a Johann Sebastian Bach coma un dos músicos fundamentais, e os tons e ritmos propios da música nativa Brasileira. Así pódense considerar estas composicións coma un tributo a Bach feito considerando os elementos propios e característicos da música do Brasil.
A maior parte dos movementos desenvolven unha estrutura en tres partes: tema, contraste e volta ó primeiro tema. De feito para remarcar o carácter dual da obra o propio Villa-Lobos deu a cada composición dous nomes: un seguindo a nomenclatura barroca seguida na época de Bach e outra extraído da música popular brasileira.