Morella
| Localización | |||||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| |||||||||
| Estado | España | ||||||||
| Comunidade autónoma | Comunidade Valenciana | ||||||||
| Provincia | Castelló | ||||||||
| Comarca da Comunidade Valenciana | Ports | ||||||||
| Capital de | |||||||||
| Capital | Morella | ||||||||
| Poboación | |||||||||
| Poboación | 2.501 (2025) | ||||||||
| Lingua oficial | lingua catalá (lingua predominante) | ||||||||
| Xeografía | |||||||||
| Parte de | |||||||||
| Superficie | 413,5 km² | ||||||||
| Altitude | 984 m | ||||||||
| Comparte fronteira con | |||||||||
| Datos históricos | |||||||||
Evento clave
| |||||||||
| Organización política | |||||||||
| • Alcalde | Bernabé Sangüesa (2023–) | ||||||||
| Identificador descritivo | |||||||||
| Código postal | 12300 | ||||||||
| Fuso horario | |||||||||
| Código INE | 12080 | ||||||||
| Código ARGOS de concellos | 12080 | ||||||||
| Sitio web | morella.net | ||||||||
Morella é un concello da Comunidade Valenciana, España. Situada ao norte da provincia de Castelló, é a capital da comarca de Ports, en pleno Maestrazgo. O seu termo municipal ten 413,5 km², o terceiro en extensión da Comunidade Valenciana. Conta con 2.854 habitantes (INE 2008).
Xeografía
[editar | editar a fonte]Morella, cidade da provincia de Castelló limítrofe coas de Teruel e Tarragona, aparece ante os ollos do visitante rodeada do encanto que lle transmiten as súas murallas centenarias e coroada pola súa robusto castelo, a máis de mil metros de altitude e con accesos a través dos portos de montaña de Torre Miró (1.259 m) e Querol (1.020 m).
O relevo abrupto e montañoso da comarca de Ports sementa o camiño para chegar a Morella atravesando barrancos, bosques de piñeiros, carrascas, carballos, ramblas e muelas.
O seu clima é mediterráneo de alta montaña, con veráns frescos e invernos moi fríos con xeadas frecuentes e abundantes nevadas. Durante os meses máis centrais do inverno, o forte vento de mistral, que frecuentemente sopra nesta zona, provoca que a sensación térmica descenda en numerosas ocasións duns -20 °C.
A N-232 é o eixo de comunicación de Morella con Zaragoza e Logroño. Así mesmo, esta estrada conecta Morella cos destinos turísticos valencianos do litoral, coa Autoestrada do Mediterráneo (A-7) e coa estrada N-340. Desde Castelló, tamén se pode acceder á cidade pola N-238 que enlaza posteriormente coa N-232 en dirección a Morella.
Historia
[editar | editar a fonte]Empolicada espectacularmente na ladeira dunha montaña, a cidade amurallada de Morella, a antiga Castra Aelia dos romanos e feudo do carlismo en tempos do xeneral Cabrera, señorea a paisaxe do Alto Maestrazgo. Morella pode exhibir unha historia tan antiga como ilustre.
Demografía
[editar | editar a fonte]| 1990 | 1992 | 1994 | 1996 | 1998 | 2000 | 2002 | 2004 | 2005 | 2007 | 2008 |
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| 2.996 | 2.850 | 2.859 | 2.797 | 2.719 | 2.711 | 2.752 | 2.782 | 2.815 | 2.863 | 2.854 |
Lugares de interese
[editar | editar a fonte]- Igrexa de Santa María
- Convento de San Francisco
- Igrexa de San Nicolás
- Castelo de Morella
- Murallas medievais
- Acueduto de Santa Lucía
- Casa do concello
- Casas solariegas
- Covas prehistóricas de Morella La Vella
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]| Commons ten máis contidos multimedia sobre: Morella |
