Saltar ao contido

Don Giovanni (ópera)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Don Giovanni
W.%20A.%20Mozart%20-%20Don%20Giovanni%20-%2001.%20Ouverture%20%28Josef%20Krips%2C%20Wiener%20Staatsoper%2C%201955%29.ogg audio
Imaxe
 Instancia de
 Título
Il dissoluto punito, ossia: il Don Giovanni (it)
Don Giovanni ossia Il dissoluto punito (it)
Don Giovanni (it) Editar o valor en Wikidata
 Nome orixinal
Don Giovanni ossia Il dissoluto punito (it) Editar o valor en Wikidata
 Baseado en
Características
 Xénero artístico
 Forma artística
 Discografía
 Lingua
Implicados
 Compositor/a
 Libretista
Datas
 Fundación / creación
1787 Editar o valor en Wikidata
 Data de publicación
1787 Editar o valor en Wikidata
 Data de estrea
29 de outubro de 1787 Editar o valor en Wikidata
Historia
 Parte da serie
Cifras e dimensións
Nº de partes2 Editar o valor en Wikidata
Localización
 Lugar estrea
Códigos e identificadores
VIAF301866059 Editar o valor en Wikidata
Freebase/m/09hh0 Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
 Código do catálogo
 Descrito pola fonte
IMSLP: Don_Giovanni,_K.527_(Mozart,_Wolfgang_Amadeus) Allmusic: mc0002658506 Editar o valor en Wikidata
Wikidata C:Commons

Il dissoluto punito ossia il Don Giovanni (en galego O libertino castigado ou Don Xoán) é unha ópera en dous actos con música de Wolfgang Amadeus Mozart e libreto en italiano de Lorenzo da Ponte, baseado no personaxe literario de Don Juan.

Foi estreada no Teatro da Ópera Italiana de Praga (actualmente denominado Teatro Estatal de Praga) o 29 de outubro de 1787[1] baixo a batuta do propio compositor. O libreto de Da Ponte foi considerado por moitos na época como dramma giocoso, un termo que denota unha mestura de acción cómica e seria. Mozart incluíu a obra no seu catálogo como "opera buffa". Aínda que ás veces sexa clasificada como cómica, mestura comedia, melodrama e elementos sobrenaturais.

Como obra destacada do repertorio operístico estándar, aparece como o número sete na lista Operabase das óperas máis representadas en todo o mundo,[2] e a terceira de Mozart. Foi ademais un tema moi froitífero para escritores e filósofos.

Instrumentación

[editar | editar a fonte]

Personaxes

[editar | editar a fonte]
Personaje Tesitura Elenco da estrea mundial o 29 de outubro de 1787[3]
Director: Wolfgang Amadeus Mozart
Elenco na estrea en Viena o 7 de maio de 1788[4]
Director: Wolfgang Amadeus Mozart
Don Giovanni, un xove nobre extremadamente licencioso barítono Luigi Bassi Francesco Albertarelli
Leporello, servinte de Don Giovanni baixo Felice Ponziani Francesco Benucci[5]
Il Commendatore (Don Pedro) baixo Giuseppe Lolli Francesco Bussani
Donna Anna, fixa, prometida de Don Ottavio soprano Teresa Saporiti Aloysia Weber[6]
Don Ottavio tenor Antonio Baglioni Francesco Morella
Donna Elvira, unha dama de Burgos abandonada por Don Giovanni soprano Katherina Micelli Caterina Cavalieri[7]
Masetto, un campesiño baixo[8] Giuseppe Lolli Francesco Bussani
Zerlina, prometida de Masetto soprano Caterina Bondini[9] Luisa Mombelli
Coro: campesiños, servintes, damas, músicos, demos
  1. O teatro é mencionado como o Teatro di Praga no libreto para a estrea de 1787 (Deutsch 1965, 302–303); para o nome actual do teatro véxase "The Estates Theatre" Arquivado 27 de setembro de 2011 en Wayback Machine. na páxina web do Teatro Estatal de Praga.
  2. Opera Statistics
  3. Elenco da estrea de Casaglia (2005)
  4. Deutsch 1965, 313
  5. Benucci foi o primeiro Fígaro en Le nozze di Figaro.
  6. Weber, cuñada de Mozart, cantou con frecuencia nas súas obras.
  7. Cavalieri foi a primeira Konstanze en Die Entführung aus dem Serail.
  8. O papel é frecuentemente cantado por barítonos
  9. Abert, Spencer, Eisen: W. A. Mozart

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]