Le nozze di Figaro
| Le nozze di Figaro | |||||||||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| |||||||||||||
| |||||||||||||
| |||||||||||||
| |||||||||||||
| |||||||||||||
| |||||||||||||
| |||||||||||||
| |||||||||||||
| |||||||||||||
| Wikidata C:Commons | |||||||||||||
Le nozze di Figaro é unha opera buffa en catro actos con música de Wolfgang Amadeus Mozart e libreto en italiano de Lorenzo da Ponte, baseado na obra de Pierre-Augustin de Beaumarchais, As vodas de Fígaro. Foi composta entre 1785 e 1786 e estreada en Viena o 1 de maio de 1786 baixo a batuta do propio compositor.
Escrita en italiano, é considerada como unha das mellores creacións de Mozart e como unha das óperas máis importantes da historia da música. A pesar de recibir moitas críticas na súa época, logrou grandes éxitos nas súas representacións. Le nozze di Figaro é unha das óperas máis destacadas do repertorio operístico estándar e aparece como a número 5 na lista de Operabase das óperas máis representadas en todo o mundo para o período 2005-2010.[1]
Personaxes
[editar | editar a fonte]| Personaxe | Tesitura | Elenco o 1 de maio de 1786 Director: Wolfgang Amadeus Mozart |
|---|---|---|
| Conde de Almaviva (aristócrata sevillano) | barítono lírico | Stefano Mandini |
| Condesa Rosinna de Almaviva (dona do Conde) | soprano | Luisa Laschi |
| Susanna (doncella da Condesa e prometida de Fígaro) | soprano lixeira | Ann Storace |
| Fígaro (criado do Conde) | baixo barítono | Francesco Benucci (1) |
| Cherubino (paxe do Conde) | mezzosoprano | Dorotea Bussani (3) |
| Marcellina (criada da Condesa) | mezzosoprano | Maria Mandini (4) |
| Don Bartolo (médico) | baixo bufo | Francesco Bussani (2) |
| Don Basilio (profesor de música) | tenor lixeiro | Michael Kelly |
| Don Curzio (notario) | tenor | Michael Kelly |
| Antonio (xardineiro) | baixo | Francesco Bussani |
| Barbarina (filla de Antonio) | soprano | Anna Gottlieb (5) |
| Cidadáns, vendedores, servintes etc. | ||
- (1) Francesco Benucci (1745-1824) foi o creador, dous anos máis tarde en Viena, do personaxe de Leporello (Don Giovanni, Mozart).
- (2) Francesco Bussani, responsable da posta en escena.
- (3) Dorotea Bussani, dona de Francesco Bussani (Don Bartolo)
- (4) Maria Mandini, dona de Stefano Mandini (Almaviva).
- (5) Anna Gottlieb, que daquela contaba con doce anos de idade.
Instrumentación
[editar | editar a fonte]A partitura de Mozart require da utilización de:
| Instrumentación de Le nozze di Figaro |
| Madeiras |
| 2 frautas, 2 óboes, 2 clarinetes e 2 fagots. |
| Metais |
| 2 trompas, 2 trompetas. |
| Percusión |
| 2 Timbais. |
| Cordas |
| violíns primeiros, violíns segundos, violas, violonchelos e contrabaixos |
Notas
[editar | editar a fonte]Véxase tamén
[editar | editar a fonte]| A Galipedia ten un portal sobre: Ópera |
