Antón García Abril

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Antón García Abril
Nacemento19 de maio de 1933
Lugar de nacementoTeruel
Falecemento17 de marzo de 2021
Lugar de falecementoMadrid
CausaCOVID-19
NacionalidadeEspaña
Alma máterReal Conservatorio Superior de Música de Madrid e Accademia Musicale Chigiana
Ocupacióncompositor, catedrático e compositor de bandas sonoras
FillosAntón García-Abril
Coñecido porHimno de Aragón, Divinas palabras e Música de cámara
Premiosdoutor honoris causa pola Universidade Complutense de Madrid, Medalla de Ouro ao Mérito nas Belas Artes, Prize Tomás Luis de Victoria, Gran Cruz de Afonso X o Sabio, Premio Nacional de Música e Medalla de ouro
editar datos en Wikidata ]

Antón García Abril, nado en Teruel (Aragón) o 19 de maio de 1933 e finado en Madrid o 17 de marzo de 2021,[1] foi un compositor español. Foi pai do arquitecto Antón García-Abril.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

En 1974 gañou por oposición a cátedra[1] de Composición e Formas Musicais do Real Conservatorio Superior de Música de Madrid[2] na que estivo até 2003. En 1982 foi elixido membro da Real Academia de Belas Artes de San Fernando de Madrid, e en 2008 foi nomeado membro da Real Academia de Belas Artes de San Carlos de Valencia. Foi tamén presidente de honra da Real Academia de Nobles y Bellas Artes de San Luis. Obtivo o Premio Nacional de Música de España e en 2006 recibiu o VII Premio Iberoamericano de la Música Tomás Luis de Victoria, considerado o equivalente ao Cervantes da música clásica.

Obra[editar | editar a fonte]

A súa obra obra sinfónica é moi extensa e abrangue a maioría das formas musicais: ópera, obras para orquestra, cantatas, concertos, (para violín, piano, guitarra, violonchelo, frauta, dous pianos e dúas guitarras) e música de cámara, destacando nesta última os seus numerosos ciclos de cancións inspirados en poetas españois. Cómpre destacar tamén a súa faceta como autor de música para o cine e a televisión como El hombre y la tierra, de Félix Rodríguez de la Fuente, e Los Camioneros, Fortunata y Jacinta, Anillos de oro, Segunda enseñanza, Brigada Central, Ramón y Cajal, La ciudad no es para mí, Compuesta y sin novio e Requiem por Granada.

En 1966 realizou a banda sonora da película Texas, Adiós, un spaghetti western protagonizado por Franco Nero. Tamén, en 1969, traballou xunto ao cineasta madrileño Rafael Romero Marchent na banda sonora da película Manos torpes, outro spaghetti western.

Dentro da música para voz e piano destacan as súas cancións levadas ao disco de xeito maxistral por Ainhoa Arteta.

Compuxo o Himno de Aragón por encarga das Cortes de Aragón, que acadou a oficialidade en 1989.

A súa obra concertística, de carácter eminentemente sinfónico, pretende continuar a tradición nacionalista española cos adiantos vangardistas do momento. Malia todo, nos derradeiros anos a música de García Abril parece tender máis ao nacionalismo que á vangarda. Considérase un estudoso e admirador da melodía, que adoita adobiar con frecuentes cambios de ritmo e unha orquestración xeralmente explosiva.

Selección de composiciónds[editar | editar a fonte]

  • Doce canciones sobre texto de Rafael Alberti (para voz e orquestra, 1969).
  • Hemeroscopium (para orquestra, 1972).
  • Concierto Aguediano (para guitarra amplificada e orquestra, 1976).
  • Concierto Mudéjar (para guitarra e orquestra de cordas, 1986).
  • Vademecum (colección de 12 pezas para guitarra, 1987).
  • Divinas palabras (ópera, 1992).
  • Concierto para piano y orquesta (1994).
  • Nocturnos de la Antequeruela (para piano e orquestra, 1996).
  • Concierto de las tierras altas (para violonchelo e orquestra, 1999).
  • Alba de los caminos (para quinteto de corda e piano, 2007).

Música para cine e televisión[editar | editar a fonte]

Entre 1956 e 1994 compuxo máis de 150 composicións para cine e televisión, entre as que destacan:

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 Axencias (17 de marzo de 2021). "Muere a los 87 años Antón García Abril, compositor de 'El hombre y la tierra' o 'Anillos de oro'". rtve.es (en castelán). Consultado o 18 de marzo de 2021. 
  2. "Antón García Abril". march.es (en castelán). 21 de maio de 2003. Consultado o 18 de marzo de 2021. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]