Saltar ao contido

Tosca (ópera)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Tosca
Imaxe
 Instancia de
 Composto por
 Título
Tosca (it) Editar o valor en Wikidata
 Nome orixinal
Tosca (it) Editar o valor en Wikidata
 Baseado en
La Tosca (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Características
 Xénero artístico
 Forma artística
 Ambientado en
 Época ambientación
 Obra derivada
 Lingua
Implicados
 Compositor/a
 Libretista
Datas
 Fundación / creación
1898 Editar o valor en Wikidata
 Data de publicación
1900 Editar o valor en Wikidata
 Data de estrea
14 de xaneiro de 1900 Editar o valor en Wikidata
Cifras e dimensións
Duración2 h Editar o valor en Wikidata
Nº de partes3 Editar o valor en Wikidata
Localización
 Lugar estrea
 País de orixe
Códigos e identificadores
VIAF178595470 Editar o valor en Wikidata
Freebase/m/09jjg Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
IBDB: 10427
IMSLP: Tosca,_SC_69_(Puccini,_Giacomo) Editar o valor en Wikidata
Wikidata C:Commons

Tosca é unha ópera en tres actos con música de Giacomo Puccini e libreto en italiano de Luigi Illica e Giuseppe Giacosa. Foi estreada no Teatro Costanzi Roma o 14 de xaneiro de 1900 cun notable éxito. O texto da obra baséase nun intenso drama, La Tosca, de Victorien Sardou, presentado en París en 1887, onde actuaba a gran actriz Sarah Bernhardt.

Tosca é considerada unha das óperas máis representativas do repertorio verista italiano pola súa intensidade dramática, violencia, e por conter algunhas das arias máis fermosas do repertorio. O argumento combina intriga, violencia e paixón. Xunto con Madama Butterfly e La Bohème, integra o trío de óperas máis coñecidas de Puccini.

Musicalmente, a obra mantense no estilo desenvolvido por Puccini ata o momento: continuidade do discurso musical, roto apenas por unha ou dúas arias. As escenas máis impactantes son o Te Deum do final do primeiro acto, e as arias Vissi d'arte (para Tosca) e E lucevan le stelle (para Mario). Dramaticamente, o segundo acto é dunha intensidade inigualada por outra obra de Puccini.

A acción transcorre en Roma o 14 de xuño de 1800, cando Napoleón vence a Austria na batalla de Marengo.

Personaxes

[editar | editar a fonte]
Personaxe Tesitura Intérpretes na estrea, 14 de xaneiro de 1900[1]
(Director: Leopoldo Mugnone)[2]
Floria Tosca, unha célebre cantante soprano Hariclea Darclée
Mario Cavaradossi, un pintor tenor Emilio de Marchi
Baron Scarpia, xefe de policía barítono Eugenio Giraldoni
Cesare Angelotti, anterior Cónsul da República Romana baixo Ruggero Galli
Un sancristán barítono Ettore Borelli
Spoletta, un axente de policía tenor Enrico Giordano
Sciarrone, un xendarme baixo Giuseppe Gironi
Un carceleiro baixo Aristide Parassani
Un rapaz pastor alto Angelo Righi
Soldados, axentes de policía, monaguillos, nobres cabaleiros e damas, cidadáns, artesáns
  1. "Tosca: Performance history". Stanford University. Consultado o 27 de junio de 2010.
  2. Osborne, p. 115

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre música é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.