Der Rosenkavalier
| Der Rosenkavalier O cabaleiro da rosa | |
|---|---|
Robert Sterl Schuch dirixindo unha representación de Der Rosenkavalier. | |
| Forma | Ópera |
| Actos e escenas | 3 actos |
| Idioma orixinal do libreto | Alemán |
| Libretista | Hugo von Hofmannsthal |
| Estrea | 26 de xaneiro de 1911 |
| Teatro da estrea | Semperoper |
| Lugar da estrea | Dresden |
| Duración | 4 horas |
| Música | |
| Compositor | Richard Strauss |
| Personaxes | |
María Teresa (soprano lírico-spinto) | |
Der Rosenkavalier (en galego, O cabaleiro da rosa) é unha ópera cómica en tres actos con música de Richard Strauss e libreto en alemán de Hugo von Hofmannsthal e o propio compositor. Tivo a súa estrea no Semperoper de Dresden o 26 de xaneiro de 1911 baixo a dirección de Ernest von Schuch e a dirección artística de Alfred Roller.
Logo de compoñer óperas como Salomé (1905) e Elektra (1909), onde asomaba a politonalidade, a atonalidade e o paroxismo expresionista, cun texto dramático influído polo vocabulario freudiano das paixóns humanas, Strauss comunicou a Von Hofmannsthal o seu desexo de compoñer unha ópera distinta, ao estilo da ópera mozartiana, lixeira, humorística e ambientada na sociedade do século XVIII (Le nozze di Figaro).
A diferenza das óperas anteriores, o libreto de Von Hofmannsthal é orixinal; é dicir, non está baseado en obras literarias existentes. No bosquexo inicial, os protagonistas ían ser o barón Ochs e Octavian. Porén, a medida que avanza a escritura da obra, a personaxe da Mariscala creceu e afirmouse a si mesma ata transformarse nun rol protagonista.
O título da ópera alude a un costume inexistente inventado por Von Hofmannsthal, que serve de escusa para o desenvolvemento argumental.
Personaxes
[editar | editar a fonte]| Personaxe | Tesitura | Elenco na estrea, 26 de xaneiro de 1911 Director: Ernst von Schuch |
|---|---|---|
| Octavian (Conde de Rofrano, rapaz de 17 anos) | mezzosoprano | Eva von der Osten |
| A Mariscala (Princesa de Werdenberg, dona dun mariscal imperial) | soprano | Margarethe Siems |
| Barón Ochs von Lerchenau (curmán da Mariscala) | baixo | Karl Perron |
| Sophie von Faninal (Rapariga rica e casadeira) | soprano | Minnie Nast |
| Faninal (Rico burgués, pai de Sophie) | barítono | Karl Scheidemantel |
| Marianne Leitmetzerin (Doncela de Sophie) | soprano | Riza Eibenschütz |
| Annina (Intrigante ao servizo do Barón) | contralto | Erna Freund |
| Valzacchi (Compañeiro de Anninna) | tenor | Hans Rüdiger |
| Cantante italiano | tenor | Fritz Soot |
| Un notario | baixo | Ludwig Ermold |
| Un pousadeiro | tenor | Josef Pauli |
| Serventes, policías, camareiros etc. | ||
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Martín Triana, José María (1992). El libro de la ópera (en castelán) (2ª ed.). Alianza Editorial, S.A. p. 421. ISBN 84-206-0284-1.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]| A Galipedia ten un portal sobre: Ópera |
Este artigo sobre música é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |
