Götterdämmerung
| Götterdämmerung | |||||||||||||||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| |||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||
| Wikidata G:Commons C:Commons | |||||||||||||||||||
Götterdämmerung (en galego O ocaso dos deuses, ou literalmente O crepúsculo dos deuses) é unha ópera en 3 actos cun prólogo, con música e libreto de Richard Wagner. É a última das catro óperas que compoñen o ciclo Der Ring des Nibelungen (O anel do Nibelungo). Tivo a súa estrea no Bayreuth Festspielhaus de Bayreuth o 17 de agosto de 1876, dentro da primeira representación completa da tetraloxía.
O título é unha tradución ao alemán da expresión Ragnarök, que en antigo nórdico e no contexto da mitoloxía xermánica se refería á profetizada guerra entre os deuses que conduciría á fin do mundo. Porén, como no resto das óperas do ciclo, a narración da apocalipse que fai Wagner, difire significativamente das antigas fontes nórdicas.
É a terceira xornada do anel chamada "Götterdammerung". Aquí os personaxes mitolóxicos que sostiveron a acción das xornadas anteriores ceden o seu posto aos homes, que proseguen na terra a loita iniciada na segunda escena de Das Rheingold, ao saber Wotan, polo relato de Loge, da existencia dos tesouros do Nibelungo. O mesmo título mostra que, aínda que Wotan non aparece en escena, tamén aquí a acción principal é a que se desenvolve na alma do deus, e tanto a música (co leitmotiv de Wotan, o da súa lanza, e o do poder dos deuses) coma os relatos dos personaxes, nos lembran permanentemente a presenza do deus.
Esta ópera segue no repertorio, aínda que non está entre as máis representadas; nas estatísticas de OperabaseArquivado 14 de maio de 2017 en Wayback Machine. aparece no posto nº 59 das cen óperas máis representadas no período 2005-2010, sendo a 16ª en Alemaña e a oitava de Wagner, con 75 representacións.
Personaxes
[editar | editar a fonte]| Personaxe | Tesitura | Elenco na estrea, 17 de agosto de 1876 (Director: Hans Richter) |
|---|---|---|
| Siegfried | tenor | Georg Unger |
| Brünnhilde | soprano | Amalie Materna |
| Alberich | barítono | Karl Hill |
| Hagen, seu fillo | baixo | Gustav Siehr |
| Gunther, medio irmán de Hagen | barítono | Eugen Gura |
| Gutrune, medio irmán de Hagen | soprano | Mathilde Weckerlin |
| Waltraute, valquiria irmá de Brünnhilde | mezzo-soprano | Luise Jaide |
| Primeira Norna | contralto | Johanna Jachmann-Wagner |
| Segunda Norna | mezzosoprano | Josephine Schefsky |
| Terceira Norna | soprano | Friederike Grün |
| Woglinde, filla do Rin | soprano | Lilli Lehmann |
| Wellgunde, filla do Rin | soprano | Marie Lehmann |
| Flosshilde, filla do Rin | mezzosoprano | Minna Lammert |
| Vasalos, mulleres | ||
Instrumentación
[editar | editar a fonte]
A partitura de Wagner require da utilización de:
| Instrumentación de Götterdämmerung |
| Madeiras |
| 3 frautas, 3 óboes, corno inglés, 3 clarinetes en Si bemol, |
| Metais |
| 4 trompas, 4 trompas wagnerianas en Si e en Fa, 3 trompetas en Mi bemol,
trompeta baixa, 3 trombóns (tenor, baixo e contrabaixo), tuba. |
| Archi |
| 16 violíns I, 16 violíns II, 12 violas, 12 violonchelos, 8 contrabaixos |
Notas
[editar | editar a fonte]Véxase tamén
[editar | editar a fonte] Este artigo sobre música é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre. Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |