Myspace é un servizo de rede social virtual fundado nos Estados Unidos, que pon gratuitamente á disposición dos seus membros rexistrados un espazo web personalizado, que permite crear un blog, mostrar as súas composicións musicais e difundir información de tipo persoal, sobre gustos, afeccións etc.
O site posúe tamén un sistema de mensaxería que facilita a comunicación entre os seus membros. Unha das maiores achegas deste espazo é a posibilidade que dá de albergar numerosos sites de grupos musicais e dj's dos estilos musicais máis variados, procedentes de múltiples países. Myspace é empregado por moitos artistas para daren a coñecer a súa obra.