Heitor Villa-Lobos
![]() | Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde xullo de 2013.) |
![]() | A introdución deste artigo precisa dunha ampliación, redución, carece de contexto ou non fornece un resumo axeitado do artigo segundo indica o libro de estilo da Galipedia. Pode axudar a mellorar este artigo e outros en condicións semellantes. |
Heitor Villa-Lobos | |
---|---|
![]() | |
Nacemento | 5 de marzo de 1887 |
Río de Xaneiro | |
Falecemento | 17 de novembro de 1959 |
Río de Xaneiro | |
Nacionalidade | Brasil |
Pai | Raul Villa-Lobos |
Parella/s | Arminda Villa-Lobos |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Heitor Villa-Lobos, nado o 5 de marzo de 1887 e finado o 17 de novembro de 1959, foi un compositor brasileiro.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Primeiros anos[editar | editar a fonte]
O seu pai era de ascendencia española e a súa nai de ascendencia indíxena[1]. Raúl, o pai, era historiador e ensinou ó seu fillo a tocar a frauta e o clarinete. Na casa era habitual a música clásica, e o propio Heitor, sendo neno reuníase cos músicos da rúa para improvisar sobre instrumentos locais partindo de melodías de moda. Deste xeito, o mozo Villa-Lobos de seguida converteuse nun gran guitarrista[1]. Instrumento no que tocaba ós clásicos, adaptándo as súas composicións. De seguida pasou ó violocello, que tocaba na orquestra do Teatro Recreio cun repertorio variado de zarzuelas, óperas e operetas[1]. No 1905, antes de cumprir os vinte anos, decidiu abandonar a formación académica e comezou a traballar en bandas de música que percorrían o Brasil, entrando en contacto cos ritmos e melodías dos indios, os ritmos nos negros de Baía e as cancións populares urbanas e rurais[1]. Posteriormente asentouse en Río de Xaneiro, onde proseguiu a súa formación co estudo dos grandes clásicos. Así recibiu formación de Vincent d'Indy e estudou con frecuencia a compositores clásicos coma Wagner, Puccini, Dukas, Debussy e especialmente Bach[1].
Traxectoria europea[editar | editar a fonte]
Na década de 1920, marca o inicio dunha etapa de exaltación nacionalista, onde moitos artistas brasileiros tentan facer internacional a súa obra. Deste xeito do 1923 ó 1930, Villa-Lobos trasládase a París, apoiado por diferentes grupos de vangarda[1]. Aquí entrou en contacto con músicos coma o pianista Artur Rubinstein ou o compositor de vangarda Edgar Varèse. Nesta época, o compositor atopábase na súa etapa máis orixinal. Así, nos concertos na capital francesa, combinaba os instrumentos tradcionais coas percusións brasileiras surxidas do mundo negro e indio. Desta época xorde Chôros, considerada por algúns coma a maior achega do Brasil á música mundial[1].
Madurez e últimos anos[editar | editar a fonte]
Na súa volta ó Brasil no 1930, foi encargado de organizar o sistema educativo musical do país e posteriormente levou a cabo a fundación do conservatorio nacional. Non obstante, seguiu compondo a un ritmo incesante. Desta época son as populares Bachianas Brasileiras e O Descubrimento do Brasil[1]. Pouco a pouco acada unha fama mundial e dirixe as súas obras perante orquestras e filharmónicas de todo o mundo. Da a coñecer os seus últimos cuartetos, a ópera Yerma, a obra Os bosques do Amazonas e os poemas sinfónicos Erosión e Xénese. Cando morre, no 1959, estaba a compoñer a súa sinfonía número 13[1].
Notas[editar | editar a fonte]
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Bibliografía[editar | editar a fonte]
- Villa-Lobos, Sinfonía Nº10. Amerindia. Orquesta Sinfónica de Tenerife. Director de Orquesta: Víctor Pablo Pérez. CD e Libreto editado por Harmonía Mundi Ibérica s.a. (en castelán)