Idomeneo, re di Creta
| Idomeneo, re di Creta | |||||||||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| |||||||||||||
| |||||||||||||
| |||||||||||||
| |||||||||||||
| |||||||||||||
| |||||||||||||
| |||||||||||||
| |||||||||||||
| Wikidata C:Commons | |||||||||||||
Idomeneo, re di Creta (en galego, Idomeneo, rei de Creta) é unha ópera en tres actos con música de Wolfgang Amadeus Mozart e libreto en italiano de Giambattista Varesco, segundo un texto en francés de Antoine Danchet ao que puxo música André Campra como Idoménée en 1712. Carlos Teodoro, elector de Baviera, fíxolles o encargo a Mozart e Varesco en 1780 para un carnaval de corte. Probablemente elixiu o tema, aínda que puido ter sido Mozart.[1] Foi estreada o 29 de xaneiro de 1781 no Cuvilliés-Theater de München baixo a dirección do propio compositor.
Instrumentación orixinal
[editar | editar a fonte]A partitura de Mozart prevé o emprego de cordas, dúas frautas, un piccolo, dous óboes, dous clarinetes, dous fagots, catro trompas, tres trombóns, timbais. E para os recitativos, clavicordio e violonchelo.
Personaxes
[editar | editar a fonte]| Personaxe | Tesitura | Elenco na estrea, 29 de xaneiro de 1781 (Director: Wolfgang Amadeus Mozart) |
|---|---|---|
| Ilia, princesa de Troia | soprano | Dorothea Wendling |
| Idomeneo (Idomeneus), rei de Creta | tenor | Anton Raaff |
| Idamante (Idamantes), fillo Idomeneo | soprano castrato (posteriormente reescrito para tenor) | Vincenzo dal Prato |
| Elettra (Electra), princesa de Argos | soprano | Elisabeth Wendling |
| Arbace (Arbaces), conselleiro de Idomeneo | tenor | Domenico de' Panzacchi |
| Sumo sacerdote de Neptuno | tenor | Giovanni Valesi |
| Voz do Oráculo de Neptuno | baixo | |
| Dúas mulleres cretenses | soprano e mezzo-soprano | |
| Dous Troianos | tenor e baixo |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ David Cairns, Mozart and his Operas, 2006, p. 36. University of California Press. ISBN 978-0-520-22898-6
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]| A Galipedia ten un portal sobre: Ópera |
Este artigo sobre música é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre. Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |
