Gemma di Vergy

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Gemma di Vergy
Forma Ópera
Actos e escenas 2 actos
Idioma orixinal do libreto Italiano
Libretista Giovanni Emanuele Bidera
Fontes literarias Baseado na traxedia Charles VII chez ses grands vassaux de A. Dumas
Estrea 26 de decembro de 1834
Teatro da estrea Teatro alla Scala
Lugar da estrea Milán
Música
Compositor Gaetano Donizetti
Personaxes

Il conte di Vergy (barítono)
Gemma di Vergy (soprano)
Ida di Gréville (mezzosoprano)
Tamas (tenor)
Guido (baixo)
Rolando (baixo)
Cabaleiros, arqueiros, damas, soldados

Gemma di Vergy é unha traxedia lírica ou ópera en dous actos con música de Gaetano Donizetti e libreto en italiano de Giovanni Emanuele Bidera, baseado na traxedia Charles VII chez ses grands vassaux (Carlos VII nas casas dos seus grandes vasalos de 1831) de Alexandre Dumas, que foi posteriormente o tema da ópera Saracin do compositor ruso César Cui. Estreouse o 26 de decembro de 1834 no Teatro alla Scala de Milán baixo a batuta de Eugenio Cavallini, obtendo un bo éxito.

Esta ópera apenas se representa, aparecendo nas estatísticas de Operabase cunha soa representación no período 2005-2010.

Personaxes[editar | editar a fonte]

Personaxe Tesitura Reparto na estrea, 26 de decembro de 1834
(Director: - Eugenio Cavallini)
Earl of Vergy barítono Giovanni Orazio Cartagenova
Gemma soprano Giuseppina Ronzi de Begnis
Ida di Greville mezzosoprano Felicita Baillou-Hillaret
Tamas tenor Domenico Reina
Guido baixo Ignazio Marini
Rolando baixo Domenico Spiaggi
Cabaleiros, arqueiros, soldados e damas

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Operalogo.svg
A Galipedia ten un portal sobre: