Saltar ao contido

Anatomía patolóxica

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Anatomía patolóxica
 Instancia de
 Subclase de
 Oposto a
Implicados
 Practicado por
Identificadores
Freebase/m/0h20p Editar o valor en Wikidata
OpenAlexC549673821 e C2993260030 Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
Wikidata C:Commons

A anatomía patolóxica é unha subdisciplina da medicina encargada de estudar os tecidos para orientar un diagnóstico e posible tratamento.

O profesional da anatomía patolóxica é o patólogo. Os tecidos que examinan proceden de todo o organismo, mediante os seguintes métodos:

  • Biopsia: consiste na extracción dun anaco dun tecido para o seu estudo microscópico. A biopsia pode realizarse nunha sala ou habitación convencional cando non supón unha intervención agresiva, por exemplo, unha biopsia de pel. Noutros casos é preciso realizar unha biopsia no medio dunha operación cirúrxica. A esta biopsia denomínaselle biopsia intraoperatoria, e os seus resultados poden condicionar o resto da cirurxía.
  • Punción aspiración con agulla fina: consiste na extracción de células libres, que non tecidos. A súa utilidade é limitada, pero é un método moito menos invasivo, con poucos riscos e poucas secuelas. Hoxe en día emprégase para o diagnóstico de certos tumores de tiroide.

As mostras biopsiadas son procesadas por diversos aparellos do patólogo. A peza anatómica córtase en cortes de varios milímetros, dependendo do estudo a realizar. Unha vez obtido o fragmento, esténdese nunha superficie de cristal ou plástico e procésanse. Durante estes procesos o tecido pode somerxerse en parafina ou noutras substancias. Unha vez tratadas, as mostras tínxense. Existen numerosas tinguiduras: hematoxilina-eosina, tricrómicos, tinguiduras de prata etc.

Microscopia

[editar | editar a fonte]

A microscopia é a técnica estándar para o estudo anatomopatolóxico. A observación microscópica permite ver estruturas inferiores a un milímetro. Os sistemas máis clásicos de microscopia consisten na superposición de lentes, para conseguir visualizar estruturas moi pequenas. Non obstante, o número de aumentos é limitado, e é indispensable unha boa tinguidura. Algunhas tinguiduras en particular requiren moito tempo de procesado, é o caso das tinguiduras de prata para o tecido nervioso.

Microscopia óptica

[editar | editar a fonte]

É a microscopia clásica, baseada na superposición de lentes ópticas. Requiren o procesado e tinguidura das mostras. Ten un alcance limitado, pero é un método accesible e moi dispoñible.

Microscopia electrónica convencional

[editar | editar a fonte]

A microscopia electrónica é un método máis moderno que a óptica. Permite a visualización de estruturas moito máis pequenas. Por exemplo, permite a visión da membrana plasmática, dos ribosomas, dous elementos que non se poden visualizar coa microscopia óptica. A diferenza con estas, non emprega lentes ópticas, senón lentes electrónicas. Require ademais outros tipos de tinguiduras, que son as tinguiduras electrónicas, coma o tetróxido de osmio.

Microscopia electrónica de barrido

[editar | editar a fonte]

A microscopia de barrido é un tipo de microscopia electrónica que permite visualizar imaxes en tres dimensións, e non cortes coma nos casos anteriores. Non obstante, proporciona menos aumentos que a convencional.

Necropsia

[editar | editar a fonte]

A necropsia é a examinación dun cadáver con fins científicos. En moitas ocasións búscanse mediante esta técnica a causa da morte, sempre con intención médica. A necropsia é realizada xeralmente nos servizos de anatomía patolóxica dos hospitais. A autopsia en cambio é realizada por un patólogo forense, con fins legais e non é realizada nos servizos hospitalarios, senón nos lugares designados polas forzas e corpos de seguridade do Estado.