Johannes Fibiger
Nome orixinal | (da) Johannes Andreas Grib Fibiger |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | 23 de abril de 1867 Silkeborg, Dinamarca (pt) |
Morte | 30 de xaneiro de 1928 (60 anos) Copenhague, Dinamarca |
Causa da morte | cancro |
Lugar de sepultura | Garnison Cemetery (en) |
Reitor Universidade de Copenhague | |
1925 – 1926 ← Frederik Torm – Holger Pedersen → | |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | Dinamarca |
Educación | Universidade de Copenhague |
Director de tese | Robert Koch e Emil Adolf von Behring |
Actividade | |
Campo de traballo | Microbioloxía e Anatomía patolóxica |
Ocupación | médico , parasitólogo , patólogo , zoólogo , bacteriólogo , químico , profesor universitario , anatomista |
Empregador | Universidade de Copenhague |
Profesores | Robert Koch e Emil Adolf von Behring |
Lingua | Lingua dinamarquesa |
Familia | |
Nai | Elfride Fibiger (en) |
Premios | |
Johannes Andreas Grib Fibiger, nado en Silkeborg, Dinamarca, o 23 de abril de 1867 e finado en Copenhague o 30 de xaneiro de 1928, foi un médico danés.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Estudou na Universidade de Copenhague onde obtivo a súa licenciatura en 1890. Posteriormente ampliou os seus estudos na Universidade de Berlín, onde foi discípulo de Robert Koch e Emil Adolf von Behring e onde exerceu como profesor de anatomía patolóxica.
Regresou á súa cidade natal para traballar no Laboratorio de Bacterioloxía da Universidade de Copenhague como axudante, onde obtivo o doutoramento en 1895 cunha tese sobre estudos bacteriolóxicos da difteria.
Recibiu varias distincións, entre as que destaca o Premio Nobel de Medicina en 1926, polas súas investigacións sobre a hipótese inflamatoria na etiopatoxenia do cancro.