Saltar ao contido

Igrexa da Compañía de Xesús de Santiago de Compostela

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Igrexa da Compañía de Xesús de Santiago de Compostela
Igrexa da Compañía
PaísEspaña
LocalizaciónSantiago de Compostela
Coordenadas42°52′42″N 8°32′32″O / 42.87847222, -8.54227778
Estiloarquitectura barroca
editar datos en Wikidata ]

A Igrexa da Compañía de Xesús, máis coñecida polos composteláns como Igrexa da Compañía ou Igrexa da Universidade, situada na praza da Universidade, lindando coa praza de Mazarelos ou do Instituto, foi construída polos xesuítas no século XVII, rematando a súa construción en 1767, e pertenceu ao Colexio da Compañía de Xesús até que, tras a expulsión dos xesuítas, pasou a ser a capela da Universidade desde 1769.[1][2]

O edificio é un dos que, pola súa nudez ornamental no exterior e ao aparente clasicismo chamou a atención dos historiadores da arte que a estudaron até o día de hoxe. Isto deu lugar a discusións sobre o seu estilo e, consecuentemente, sobre a súa cronoloxía. Por exemplo, Antonio Bonet Correa sinala que estas razóns (a situación do sepulcro do arcebispo Francisco Blanco Salcedo) e a perfecta adaptación da capela de San Xosé á capela maior e a impresión de que a fachada actual non concorda coa estrutura interior e o estilo da igrexa, leva a pensar que é obra de finais do século XVI, e, polo tanto, a primeira que se construíu en estilo clasicista en Santiago de Compostela, o que o levou a atribuíla a Gaspar de Arce.[3]

Ramón Otero Túñez rebateu tal atribución, aínda que baseándose en razóns documentais, o desapropiado que o propio autor do proxecto, Gaspar de Arce, fora el mesmo designado polo concello compostelán para comprobar a nova liña de edificación solicitada polos xesuítas ou, incluso, materiais como os danos do sepulcro do arcebispo Blanco e, concretamente, a supresión da escena da Asunción que aparece citada no seu contrato de execución que poderían explicarse como "danos ocasionados polo traslado desde o emprazamento primitivo".[4]

O paso da igrexa á Universidade foi clave para a realización dunha serie de modificacións no edificio. A súa fachada principal, de aire clásico, como quedou dito, presenta as figuras de San Pedro e San Paulo, que substituíron as orixinais de San Ignacio e a San Francisco Xabier situadas en nichos laterais que serven de marco ao escudo real. O campanario que a culmina fíxose dous anos máis tarde. Pero o realmente salientable é o seu interior, onde se se sitúan varios retablos que adornan as naves laterais, o cruceiro e o altar maior; están considerados como auténticas e exclusivas pezas do barroco.[2]

Actualmente o edificio úsase como sala de exposicións e sede da Orquestra da Universidade de Santiago de Compostela.[1]

  1. 1,0 1,1 Iglesia de la Compañía o de la Universidad en Santiago de Compostela. Turismo.
  2. 2,0 2,1 Iglesia de la Compañía o de la Universidad en Turismo Galicia. Xunta de Galicia.
  3. Bonet Correa, A. (1984): La arquitectura en Galicia durante el siglo XVII. Madrid: Consejo Superior de Investigaciones Científicas, p. 98.
  4. Otero Túñez, R. (1986): El "Legado" artístico de la Compañía de Jesús a la Universidad de Santiago. Universidad de Santiago de Compostela, p. 24.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • López Vázquez, José Manuel B. (2016): "Las intervenciones de la Universidad de Santiago y del Colegio de Racioneros del Espíritu Santo en la Iglesia de la Compñía tras la expulsión de los jesuitas". Boletín del Seminario de Estudios de Arte y Arqueología. Nº 82, pp. 229-256 . Universidad de Valladolid. ISSN 1888-9751.