Lorenzo Bandini
Biografía | ||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Nacemento | 21 de decembro de 1935 Al Marj (Italia) | |||||||||||||||||||
Morte | 10 de maio de 1967 (31 anos) Mónaco | |||||||||||||||||||
Causa da morte | morte accidental, queimadura accidente de tráfico | |||||||||||||||||||
Lugar de sepultura | cemetery of Lambrate (en) | |||||||||||||||||||
Actividade | ||||||||||||||||||||
Ocupación | piloto de motociclismo, piloto de automobilismo, piloto de Fórmula Un | |||||||||||||||||||
Deporte | Motociclismo | |||||||||||||||||||
| ||||||||||||||||||||
Participou en | ||||||||||||||||||||
24 Horas de Le Mans | ||||||||||||||||||||
Lorenzo Bandini, nado en Barce (Libia) o 21 de decembro de 1935 e finado en Monte Carlo o 10 de maio de 1967 foi un piloto italiano de automobilismo que correu en Fórmula 1 para os equipos Scuderia Centro Sud e Ferrari.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Bandini naceu en Barce,[1] Cirenaica,[2] Libia, entón unha colonia italiana. A familia regresou a Italia en 1939 e residiu preto de Florencia, Italia. Cando tiña 15 anos o seu pai morreu. Bandini foise de casa e atopou un traballo como aprendiz de mecánico no taller Freddi en Milan.
Abriuse camiño no automobilismo desde o motociclismo.[3] Comezou as carreiras de coches en 1957 nun Fiat 1100 prestado. Os ricos Freddi moldearon a carreira de Bandini e axudaronlle desde o comezo da mesma.
Logrou unha vitoria de primeira clase na Mille Miglia, nun Lancia Appia Zagato, en 1958. Logo correu en Fórmula Júnior ata 1961. Bandini comprou un coche Volpini de Fórmula Júnior e quedou en terceiro lugar na súa primeira carreira en Sicilia. En 1959 e 1960 pilotou un Stanguellini na Fórmula Júnior. En 1960 quedou en cuarto lugar no Campionato do Mundo de Fórmula Júnior.
En 1961 Bandini decepcionouse cando Giancarlo Baghetti, tamén italiano, foi seleccionado para pilotar un Ferrari patrocinado pola asociación italiana motor clubs FISA. Con todo, chamou a atención de Mimo Dei, o patrón do equipo Scuderia Centro Sud. Foi invitado a unirse á Scuderia Centro Sud na Fórmula Un. Nunha carreira fóra de campionato, terminou terceiro en Pau. Bandini pilotou a súa primeira carreira de campionato do mundo en Spa máis tarde en 1961. Retirouse por un fallo de motor. Durante o inverno de 1961-1962 pilotou nas carreiras da Tasman Series. Nas carreiras de Australia e Nova Zelandia.
Na sede en Maranello do equipo Ferrari o éxito do equipo diminuía logo dos triunfos da Phil Hill e Wolfgang von Trips cos novos coches con motor traseiro. Hill gañou o Campionato do Mundo de Fórmula Un en 1961.[2] Bandini foi contratado por Ferrari para as tempadas de 1962 e 1963, fíxoo bastante ben. O seu debut no equipo oficial Ferrari foi bo, no Gran Premio de Mónaco de 1962. Obtivo o terceiro lugar.
En 1963 Bandini foi retido por Ferrari soamente para as carreiras de autos deportivos. Dei, unha vez máis axudouno comprándolle un BRM desechado por Graham Hill. Bandini participou co BRM cas cores da Scuderia Centro Sud.
Bandini, xunto con Ludovico Scarfiotti, gañou as 24 Horas de Le Mans pilotando para Ferrari en 1963. De novo converteuse no piloto número un de Ferrari, en substitución de John Surtees que se foi a metade de tempada de 1966. Tivo a mala sorte de non gañar os Grandes Premios de Francia e os Estados Unidos dese ano, que dominaba antes de que abandonara debido a problemas mecánicos cando tiña unha vantaxe enorme. O mellor resultado de Bandini foi un segundo posto no Gran Premio de Mónaco nun 2.4 litros V-6 Ferrari detrás do BRM de Jackie Stewart.
En 1964 Bandini gañou o primeiro Gran Premio de Austria no circuíto de Zeltweg, a súa única vitoria nun GP. Tamén logrou vitorias para Ferrari en Sports car racing, en particular a xa mencionada 24 Horas de Le Mans en 1963, a Targa Florio en 1965, e as 24 Horas de Daytona en 1967 e os 1.000 quilómetros de Monza, ambos con Chris Amon.
Bandini estaba casado con Margherita Freddi en 1963 e dirixía un garaxe propiedade dos seus sogros en Milán. Residía en Maranello, preto da Ferrari.[4]
Durante a rodaxe da película "Grand Prix", dirixida por John Frankenheimer, Bandini recomendou a localización na chicane do porto para unha escena de accidente na película filmada no circuíto de Monte Carlo. Segundo a actriz Eva Marie Saint en "The Making of Grand Prix", esta localización foi ironicamente o sitio da súa propia morte en carreira un ano despois.
Accidente e morte
[editar | editar a fonte]En maio de 1967 Bandini estaba correndo no Gran Premio de Mónaco, marchaba segundo tras Denny Hulme na volta 82, cando perdeu o control do seu coche na chicane do porto. Acababa de entrar nunha curva en forma de S cando a roda traseira esquerda do seu Ferrari golpeou a varanda, enviándoo nun derrapaxe errático. Impactou cun poste de luz e envorcou.[5] O coche bateu cas pacas de palla que bordeaban o lado do porto, rompeu o tanque de combustible, e as faíscas acenderon o combustible cando o coche deu a volta, con Bandini atrapado debaixo del. Os comisarios puxeron o seu auto en posición vertical e sacaron a Bandini, inconsciente, do Ferrari en chamas. Crese que, durante o esforzo para por dereito o coche envorcado, a gasolina filtrouse ao circuíto de freado ou ao tubo de escape que estaban quentes e explotou. Un segundo incendio produciuse cando o tanque de gas explotou logo de que Bandini fora extraído do Ferrari.
As queimaduras de Bandini eran extensas, con queimaduras de terceiro grado que cubrían máis do 70% do seu corpo. As peores foron as queimaduras nos brazos e as pernas, con queimaduras leves na cara. As queimaduras causaron graves lesións. Tamén sufriu unha ferida no peito e dez fracturas torácicas.
Tres días máis tarde, Bandini sucumbiu ás súas feridas. Morreu no Hospital Policlínico Princesa Grace en Monte Carlo. Había preocupación pola rapidez do rescate de Bandini. Pero, os investigadores do Principado de Mónaco ditaminaron o 10 de maio "que a operación de seguridade funcionara correctamente". As pacas de palla, foron eliminadas de todas as carreiras de Fórmula 1 como consecuencia do accidente, foron substituídos por unha longa varanda ao ano seguinte.[6]
O funeral de Bandini celebrouse en Reggiolo o 13 de maio.[7] 100.000 persoas asistiron ao funeral.[8] Foi enterrado posteriormente no cemiterio de Lambrate, en Milán.[9][10]
Resultados completos na Fórmula Un
[editar | editar a fonte](Chave) As carreiras en letra grosa indican pole position; as carreiras en cursiva indican volta rápida.
Ano | Equipo | Chasis | Motor | 1 | 2 | 3 | 4 | 5 | 6 | 7 | 8 | 9 | 10 | 11 | Pos | Pts. |
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
1961 | Scuderia Centro Sud | Cooper T53 | Maserati 4 en liña |
MON |
NED |
BEL Ret |
FRA |
RU 12 |
ALE Ret |
ITA 8 |
USA |
NC | 0 | |||
1962 | Scuderia Ferrari | Ferrari 156 | Ferrari V6 | NED |
MON 3 |
BEL |
FRA |
RU |
ALE Ret |
ITA 8 |
USA |
RSA |
12º | 4 | ||
1963 | Scuderia Centro Sud | BRM P57 | BRM V8 | MON |
BEL |
NED |
FRA 10 |
RU 5 |
ALE Ret |
10º | 6 | |||||
Scuderia Ferrari | Ferrari 156 | Ferrari V6 | ITA Ret |
USA 5 |
MEX Ret |
RSA 5 |
||||||||||
1964 | Scuderia Ferrari | Ferrari 156 | Ferrari V6 | MON 10 |
RU 5 |
ALE 3 |
AUT 1 |
4º | 23 | |||||||
Ferrari 158 | Ferrari V8 | NED Ret |
BEL Ret |
FRA 9 |
ITA 3 |
|||||||||||
North American Racing Team | Ferrari 1512 | Ferrari Flat-12 | USA Ret |
MEX 3 |
||||||||||||
1965 | Scuderia Ferrari | Ferrari 1512 | Ferrari Flat-12 | RSA 15 |
MON 2 |
BEL 9 |
FRA 8 |
ITA 4 |
USA 4 |
MEX 8 |
6º | 13 | ||||
Ferrari 158 | Ferrari V8 | RU Ret |
NED 9 |
ALE 6 |
||||||||||||
1966 | Scuderia Ferrari | Ferrari 246 | Ferrari V6 | MON 2 |
BEL 3 |
9º | 12 | |||||||||
Ferrari 312/66 | Ferrari V12 | FRA NC |
RU |
NED 6 |
ALE 6 |
ITA Ret |
USA Ret |
MEX |
||||||||
1967 | Scuderia Ferrari | Ferrari 312/67 | Ferrari V12 | RSA |
MON Ret |
NED |
BEL |
FRA |
RU |
ALE |
CAN |
ITA |
USA |
MEX |
NC | 0 |
Resultdos Non de campionato
[editar | editar a fonte](Chave) As carreiras en letra grosa indican pole position; as carreiras en cursiva indican volta rápida.
Ano | Equipo | Chasis | Motor | 1 | 2 | 3 | 4 | 5 | 6 | 7 | 8 | 9 | 10 | 11 | 12 | 13 | 14 | 15 | 16 | 17 | 18 | 19 | 20 | 21 |
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
1961 | Scuderia Centro Sud | Cooper T53 | Maserati Straight-4 |
LOM | GLV | PAU 3 |
BRX | VIE | AIN |
SYR 7 |
NAP 3 |
LON | SIL |
SOL |
KAN | DAN | MOD Ret |
FLG 11 |
OUL |
LEW | VAL | RAN | NAT | RSA |
1962 | Scuderia Ferrari | Ferrari 156 | Ferrari V6 | CAP | BRX | LOM | LAV | GLV | PAU 5 |
AIN | INT | NAP 2 |
MAL | CLP | RMS | SOL |
KAN | MED 1 |
DAN | OUL | MEX |
RAN | NAT | |
1963 | Scuderia Centro Sud | BRM P57 | BRM V8 | LOM | GLV | PAU | IMO Ret |
SYR | AIN | INT DSC |
ROM | SOL 4 |
KAN |
MED 3 |
AUT | OUL |
||||||||
Scuderia Ferrari | Ferrari 156 | Ferrari V6 | RAN 2 | |||||||||||||||||||||
1964 | Scuderia Ferrari | Ferrari 156 | Ferrari V6 | DMT | NWT | SYR 2 |
AIN |
INT WD |
SOL Ret |
MED | RAN | |||||||||||||
1965 | Scuderia Ferrari | Ferrari 1512 | Ferrari Flat-12 | ROC WD |
SYR 3 |
SMT |
INT 7 |
MED | RAN | |||||||||||||||
1966 | Scuderia Ferrari | Ferrari 246 | Ferrari V6 | RSA |
SYR 2 |
INT |
OUL | |||||||||||||||||
1967 | Scuderia Ferrari | Ferrari 312/67 | Ferrari V12 | ROC 2 |
SPC | INT |
SYR |
OUL | ESP |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Hulme Takes Monaco Race; Bandini Seriously Hurt, New York Times, May 8, 1967, Page 59
- ↑ 2,0 2,1 Lorenzo Bandini, The Times, May 11, 1967, Page 12.
- ↑ Italy's Bandini Dies Of Monte Carlo Burns, Stars and Stripes, May 11, 1967, Page 20.
- ↑ Bandini Dies of Race Injuries, New York Times, May 11, 1967, Page 62.
- ↑ "Hulme Wins Monte Carlo; Bandini Hurt", Sheboygan Press, May 8, 1967, Page 13.
- ↑ Stanley, Louis.T (1969). Grand Prix 10. London: W H Allen Ltd. p. 15. ISBN 0-491-00272-6.
- ↑ "Mass Held For Bandini", New York Times, May 12, 1967, Page 56.
- ↑ "100,000 at Bandini Rites", New York Times, May 14, 1967, Page S4.
- ↑ "Lorenzo Bandini (1935–1967)". Find A Grave Memorial. Consultado o 2012-12-03.
- ↑ Photos of Bandini's tombstone Arquivado 18 de febreiro de 2013 en Archive.is. Accessed 2012-12-03.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Lorenzo Bandini |