George Hoyt Whipple

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «George Whipple»)
Infotaula de personaGeorge H. Whipple
Nome orixinal(en) George Hoyt Whipple Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento28 de agosto de 1878
Ashland, Estados Unidos de América (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Morte1 de febreiro de 1976 (97 anos)
Rochester, Nova York
Lugar de sepulturaCemitério Mount Hope (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
ResidenciaEstados Unidos de América
País de nacionalidadeEstados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade Johns Hopkins
Coñecido porTerapia contra a anemia
Actividade
Campo de traballoMedicina
Ocupaciónmédico , patólogo Editar o valor em Wikidata
EmpregadorUniversidade de Rochester (pt) Traducir
Universidade de California Editar o valor em Wikidata
Membro de
AlumnosErnest William Goodpasture (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua inglesa Editar o valor em Wikidata
Obra
DoutorandoErnest William Goodpasture (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Premios
Premio Nobel de Medicina (1934)

Find a Grave: 7938354 Editar o valor em Wikidata

George Hoyt Whipple, nado en Ashland, Nova Hampshire o 28 de agosto de 1878 e finado en Rochester, Nova York o 1 de febreiro de 1976, foi un médico e profesor universitario estadounidense.Os seus traballos fundamentais de investigación médica foron sobre a función dos nutrientes na estimulación da medula ósea. Obtivo o Premio Nobel de Fisioloxía ou Medicina en 1934, compartíndoo con William Parry Murphy e George Richards Minot.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Fillo de Ashley Cooper Whipple e Frances Anna Hoyt, naceu en Ashland, Nova Hampshire. Era fillo e neto de médicos. Foi á Phillips Academy e logo á Universidade Yale, onde se graduou en 1900. Logo estaría na Universidade Johns Hopkins, onde se doutorou en 1905.

Whipple traballou logo no departamento de patoloxía de Hopkins até que foi para Panamá, durante a construción da Canle de Panamá, como patólogo para o Ancon Hospital en 1907–08. Logo volvería para Baltimore, para traballar para a Universidade Johns Hopkins entre 1910 e 1914.

En 1914, Whipple foi nomeado director da Fundación Hooper para a Investigación Médica na Universidade de California. Foi decano na facultade de medicina desta universidade en 1920 e 1921.

A instancias de Abraham Flexner, que fixera estudos pioneiros na educación médica, e o presidente da Universidade de Rochester, Rush Rhees, Whipple aceptou en 1921 ser profesor na recente e aínda en construción facultade de medicina de Rochester. Traballaría para este centro até 1954 e ficaría en Rochester para o resto da súa vida, sendo recordado como un gran profesor.[1] Whipple faleceu en 1976 con 97 anos e está soterrado no Mount Hope Cemetery de Rochester.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Notas autobiográficas de Lauren V. Ackerman. IN: Rosai J (Ed): Guiding the Surgeon's Hand, American Registry of Pathology, Washington, D.C., 1997; pp. 275–285.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]