Colexio de San Xerome: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
m →‎top: Arranxos varios, replaced: |dirección = → | enderezo =
Sen resumo de edición
Liña 1: Liña 1:
{{Coordenadas|42|52|48|N|8|32|44|W|display=title}}
{{Edificio
{{Edificio
|nome = Colexio de San Xerome
|nome = Colexio de San Xerome

Revisión como estaba o 20 de setembro de 2019 ás 18:55

Colexio de San Xerome
Colexio de San Xerome
Edificio
TipoColexio residencial
Estilobarroco galego, románico
EnderezoPraza do Obradoiro
LocalizaciónSantiago de Compostela
Coordenadas42°52′48″N 8°32′44″O / 42.88, -8.54555556Coordenadas: 42°52′48″N 8°32′44″O / 42.88, -8.54555556
Construción
Construciónséculo XVII, con pórtico medieval
Remate1652
Dimensións
Plantasplanta terrea e sobrado
Equipo
Arquitecto(s)Descoñecido
editar datos en Wikidata ]
Portada medieval do Colexio de San Xerome.

O Colexio de San Xerome, dito tamén Colexio de Artistas, é un edificio civil de Santiago de Compostela, sito no lado meridional da praza do Obradoiro, cerrándoa por ese lado.

Historia

Este colexio maior era, en orixe, unha fundación do arcebispo compostelán Alonso de Fonseca, terceiro dese nome, con intención de dedicalo a colexio de estudantes pobres e artistas, que se localizaba no denominado Hospicio da Acibecharía. Dependía do Colexio de Fonseca.

Durante o século XVII, en 1652, decidiuse trasladalo desa localización. Para iso edificouse un novo edificio, na entón chamada praza do Hospital (por situarse nela o Hospital dos Reis Católicos), a actual praza do Obradoiro. Até hai poucos anos atribuíanse os planos ao arquitecto Bartolomé Fernández Lechuga (así Chamoso Lamas), e o patio ao prestixioso José de la Peña de Toro; mais na actualidade debe dicirse que descoñecemos quen foi realmente o autor da edificación.

Estaba dotado dun vicerreitor e tres profesores. Desapareceu como colexio maior en 1840.

Descrición

O resultado foi un edificio de liñas puras e apenas dous corpos de altura, no que se insertou o pórtico medieval, proveniente do devandito Hospicio, que até aquela altura acollía o colexio, que se acostuma datar entre 1490 e 1500. Este elemento arqueolóxico, foi mal interpretado en anos pasados, ao tomarse por unha longa persistencia de hábitos construtivos dos mestres arquitectos galegos e proba do arraigo da arte románica en Galiza.

A portada representa, na esquerda e de dentro a fóra, as figuras de Santiago apóstolo, San Xoán e San Francisco. Á dereita e na mesma orde, San Pedro, San Paulo e San Mauro[1].

No tímpano, a figura da Inmaculada, flanqueada por Santa Margarida e Santa Catarina.

Na arquivolta, a Virxe co Neno, no centro, rodeada de figuras de santos e santas.

Galería de imaxes

Usos

Durante boa parte do século XX, foi sede da Escola Normal de Maxisterio. Desde os anos 1980, e xunto co pazo de Fonseca, alberga o Reitorado da Universidade de Santiago.

Notas

Véxase tamén