Eleccións municipais de España de 2011

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Capitais de provincia, máis Santiago de Compostela e Mérida (capitais de Comunidades Autónomas que non o son das súas provincias) e Vigo, Xixón e L'Hospitalet de Llobregat (cidades con máis de 250.000 habitantes que non son capitais); segundo a formación política na alcaldía como resultado das eleccións de 2011:
O PP consegue a alcaldía de 34 capitais de provincia, Santiago de Compostela e Mérida
O PSOE consegue a alcaldía de 9 capitais de provincia, Vigo e L'Hospitalet de Llobregat
CiU consegue a alcaldía de 2 capitais de provincia (Barcelona e Xirona)
EAJ-PNV consegue a alcaldía de Bilbao
Bildu consegue a alcaldía de Donostia
CC-PNC-CCN consegue a alcaldía de Santa Cruz de Tenerife
O BNG consegue a alcaldía de Pontevedra
FAC consegue a alcaldía de Xixón
UPN consegue a alcaldía de Pamplona.
Resultados das eleccións municipais de 2011. Partido máis votado en cada comunidade autónoma.
Resultados das eleccións municipais de 2011. Partido máis votado en cada provincia.

De acordo co establecido pola Lei Orgánica do Réxime Electoral Xeral (LOREG),[1] o 22 de maio de 2011 (cuarto domingo de maio), celebráronse en España eleccións municipais. O 29 de marzo foi publicado no BOE o Decreto de convocatoria.[2]

Por outra parte, na mesma xornada, tamén se celebraron eleccións en trece das dezasete comunidades autónomas españolas (Asturias, Cantabria, Navarra, Castela e León, A Rioxa, Comunidade Valenciana, Comunidade de Madrid, Castela-A Mancha, Rexión de Murcia, Canarias, Illas Baleares, Aragón e Estremadura) e nas dúas cidades autónomas (Ceuta e Melilla); ás Xuntas Xerais do País Vasco; aos Cabidos Insulares canarios; aos Consellos Insulares de Baleares; ao Consello Xeral de Arán; aos concellos de Navarra; e ás entidades de ámbito territorial inferior ao municipio.

En 35 municipios e en 110 entidades menores houbo que repetir as eleccións o 20 de novembro do mesmo ano (coincidindo coas Eleccións a Cortes Xerais), ben por defectos no reconto dalgunha mesa, por defectos na comunicación de resultados, ou pola falta de candidatos.[3] [4]

Reforma da lei electoral[editar | editar a fonte]

Transfuguismo político[editar | editar a fonte]

O 29 de xaneiro de 2011 foi publicada no Boletín Oficial del Estado a reforma da Lei Orgánica do Réxime Electoral Xeral.[5] Esta reforma imposibilita as mocións de censura con tránsfugas, ao requirirse unha maioría maior á absoluta no mesmo número de concelleiros propoñentes da moción de censura que pertencen ao mesmo grupo político municipal que o do alcalde ou ben deixaran de pertencer ao grupo político ao que se adscribiron ao inicio de lexislatura.[6]

Na lexislatura previa ás eleccións déronse 59 casos de alcaldes declarados tránsfugas.[7] Deles, 19 mantivéronse no PP, 10 no PSOE, catro en CiU, dous no Partido Andalucista, dous en ERC, un en IU, un en Nueva Canarias e 19 pasaron a ser non adscritos. Destes 19, nove fórono do PSOE, tres do PP, dous de IU, dous do Partido Andalucista, un do Partido Regionalista de Cantabria, un de Coalición Canaria e outro de Unión del Pueblo Navarro.

Voto inmigrante e emigrante[editar | editar a fonte]

Nestas eleccións puideron votar os cidadáns dos países da Unión Europea sempre e cando tivesen manifestado a súa vontade de votar ante a oficina do censo electoral e estiveran empadroados. Ademais, tamén puideron votar os cidadáns dos países con acordos de reciprocidade, estes países foron: Bolivia, Cabo Verde, Chile, Colombia, Ecuador, Islandia, Noruega, Nova Zelandia, Paraguai e Perú. Os requisitos para inscribirse no censo electoral e así votar foron: ser maior de 18 anos e non estar privado do dereito de sufraxio activo, estar empadroado, ter o permiso de residencia e ter residido legalmente 5 ou 3 anos no caso de Noruega.

A oficina do censo electoral enviou 350.135 comunicacións informadoras aos inmigrantes de fóra da Unión Europea, así como 757.495 aos da UE.

Por outro lado, outra das novidades da reforma da lei electoral foi a de impedir o voto daqueles non residentes no municipio, polo tanto, todos os españois residentes no estranxeiro non puideron votar nas eleccións municipais; este cambio afectou principalmente os municipios de Galiza onde o voto exterior podía supoñer preto do 40% nalgúns concellos.[8]

Composición equilibrada entre sexos[editar | editar a fonte]

A partir do 1 de xaneiro de 2011 a composición equilibrada das listas electorais entre sexos é de obrigatorio cumprimento nos municipios de máis de 3.000 habitantes, ao deixar de ser aplicable a Disposición Transitoria Sétima da Lei Orgánica do Réxime Electoral Xeral.[9]

Campaña[editar | editar a fonte]

Lemas electorais[editar | editar a fonte]

Os slogans dos principais partidos foron estes:

Candidatos[editar | editar a fonte]

Na seguinte táboa figuran os candidatos ás alcaldías dos municipios españois con más de 250.000 habitantes, ordenados segundo os resultados obtidos na anterior convocatoria de eleccións de 2007:

Municipio e alcalde na anterior lexislatura Candidatos Observacións
Escudo de Madrid.svg
Madrid
3 273 049 hab.
Alberto Ruiz-Gallardón Jiménez (PP)
Escudo de Barcelona.svg
Barcelona
1 619 337 hab.
Jordi Hereu i Boher (PSC-PM)
Escut de València.svg
Valencia
809.267 hab.
Rita Barberá Nolla (PP)
Escudo de Sevilla.svg
Sevilla
704.198 hab.
Alfredo Sánchez Monteseirín (PSOE)
Escudo de Zaragoza.svg
Zaragoza
675.121 hab.
Juan Alberto Belloch Julbe (PSOE-Aragón)
Escudo de Málaga.svg
Málaga
568.507 hab.
Francisco de la Torre Prados (PP)
Escudo de Murcia.svg
Murcia
441.345 hab.
Miguel Ángel Cámara Botía (PP)
  • IU sen LV.
Escudo de Palma de Mallorca.svg
Palma
404.681 hab.
Aina Calvo Sastre (PSOE)
Escudolaspalmasgc.png
As Palmas de Gran Canaria
383.308 hab.
Jerónimo Saavedra Acevedo (PSOE)
Escudo heráldico de Bilbao.svg
Bilbao
353.187 hab.
Iñaki Azkuna Urreta (EAJ-PNV)
Escudo de Alicante corona abierta.svg
Alacant
334.418 hab.
Sonia Castedo Ramos (PP)
Escudo oficial de Córdoba (España).svg
Córdoba
328.547 hab.
Andrés Ocaña Rabadán (IULV-CA)
Valladolid-COA.svg
Valladolid
315.522 hab.
Francisco Javier León de la Riva (PP)
Vigo.svg
Vigo
297.124 hab.
Abel Caballero Álvarez (PSdeG-PSOE)
Escudo de Gijón.svg
Xixón
277.198 hab.
Paz Fernández Felgueroso (PSOE)
Escut de L'Hospitalet de Llobregat.svg
L'Hospitalet de Llobregat
258.642 hab.
Núria Marín Martínez (PSC-PM)

Acampadas de protesta (Movemento 15-M)[editar | editar a fonte]

O domingo 15 de maio levouse a cabo en 58 cidades españolas unha serie de manifestacións convocadas pola plataforma Democracia Real Xa! que levaron á rúa decenas de millares de cidadáns. En Madrid, algúns manifestantes permaneceron acampados na Porta do Sol na fin da mobilización, sendo desaloxados na madrugada do 16 de maio pola policía. A partir deste feito, a acampada da Porta do Sol creceu enormemente en número de asistentes e as acampadas reproducíronse por outras cidades españolas. Desde entón, a praza foi lugar de protestas e multitudinarias asembleas cidadáns espontáneas.

A Xunta Electoral considerou que non existían causas extraordinarias de urxencia para a convocatoria de manifestación por parte do Movemento de indignados 15-M, ademais a solicitude tivo entrada ás 20,50 horas do día 17 de maio. Ademais deste requisito meramente formal, considerou que "a petición de voto responsable á que se fai referencia na solicitude, pode afectar a campaña electoral e a liberdade dos cidadáns no seu dereito a voto".[15]

Resultados electorais[editar | editar a fonte]

Resultados globais[editar | editar a fonte]

Eleccións municipais de España de 2011, 22 de maio de 2011

Partido Votos [16] Variación Porcentaxe Concelleiros
Participación 22 971 350 + 727.973 66,23% -
Voto en branco 584.012 + 156.945 2,54% -
Voto nulo 389.506 + 127.102 1,70% -
PP 8 474 031 + 557.956 37,53% 26.499
PSOE 6 276 087 - 1 484 778 27,79% 21.767
IU 1 424 119 + 207.089 6,31% 2.230
CiU 778.679 + 55.354 3,45% 3.862
UPyD 465.125 + 465.125 2,06% 152
PNV 327.100 + 17.064 1,45% 882
Bildu 313.231 + 313.231 1,39% 1.138
ERC 271.349 + 76.252 1,20% 1.399
BNG 261.513 - 53.766 1,16% 590
ICV-EUiA-E 241.919 - 16.260 1,07% 398
PA 230.274 - 4.611 1,02% 470
Coalición Canaria 202.720 - 14.687 0,92% 392
BLOC-Compromís 198.667 + 98.901 0,82% 344

Resultados nos principais municipios[editar | editar a fonte]

O cadro recolle os resultados electorais nas cincuenta capitais de provincia e de Xixón, Vigo e L'Hospitalet de Llobregat, cidades que, sen ser capitais, contan cunha poboación superior aos 250.000 habitantes, así como Mérida e Santiago de Compostela por ser as capitais das súas respectivas Comunidades Autónomas.

Comunidade autónoma Municipio Alcalde e goberno municipal Partido Votos % Concelleiros +/-
Flag of Andalucía.svg
ANDALUCÍA
Escudo ciudad de Almería.svg
Almería
27 concelleiros
PP 44.785 58.50% 18 +5
PSOE 17.474 22,82% 7 -4
IULV-CA 6.615 8,64% 2 +1
Escudo de Cádiz (oval).svg
Cádiz
27 concelleiros
PP 33.046 53,36% 17 -1
PSOE 13.015 22,20% 7 -1
IULV-CA 5.559 9,48% 3 +2
Escudo oficial de Córdoba (España).svg
Córdoba
29 concelleiros
PP 79,493 48,80% 16 +2
UCOR 24.805 15,23% 5 +5
IULV-CA 24.158 14,83% 4 -7
PSOE 19.544 12,00% 4 =
Escudo de Granada2.svg
Granada
27 concelleiros
PP 60.519 51,87% 16 =
PSOE 31.736 27,20% 8 -1
IULV-CA 9.106 7,80% 2 =
UPyD 6.242 5,35% 1 +1
Escudo de Huelva1.svg
Huelva
27 concelleiros
PP 28.428 45,33% 14 -1
PSOE 19.099 30,46% 9 -1
IULV-CA 6.314 10,07% 3 +1
MRH 3.364 5,36% 1 +1
Escudo de la ciudad de Jaén.svg
Xaén
27 concelleiros
PP 32.166 51,78% 16 +3
PSOE 21.769 35,05% 10 -2
IULV-CA 3.687 5,94% 1 -1
Escudo de Málaga.svg
Málaga
31 concelleiros
PP 123.655 53,46% 19 +2
PSOE 57.245 24,75% 9 -3
IULV-CA 25.354 10,96% 3 +1
Escudo de Sevilla.svg
Sevilla
33 concelleiros
PP 166.040 49,31% 20 +5
PSOE 99.168 29,45% 11 -4
IULV-CA 24.066 7,15% 2 -1
Flag of Aragon.svg
ARAGÓN
Escudo de Huesca.svg
Huesca
25 concelleiros
(4 máis que nas eleccións de 2007)
PP 9.164 38,06% 11 +4
PSOE-Aragón 7.583 31,50% 9 =
PAR 1.653 6,87% 2 =
CHA 1.632 6,78% 2 =
IUA 1.558 6,47% 1 =
Escudo de Teruel.svg
Teruel
21 concelleiros
PP 7.932 47,90% 12 +4
PSOE-Aragón 3.460 20,89% 5 -2
CHA 1.388 8,38% 2 =
IUA 1.174 7,09% 1 +1
PAR 1.170 7,06% 1 -3
Escudo de Zaragoza.svg
Zaragoza
31 concelleiros
PP de Aragón 131.350 41,26% 15 +3
PSOE-Aragón 86.395 27,14% 10 -3
CHA 29.402 9,24% 3 =
IUA 25.197 7,92% 3 +2
Flag of Asturias.svg
ASTURIAS
Escudo gijon.svg
Xixón
27 concelleiros
PSOE 47.583 31,56% 10 -3
FAC 42.680 28,31% 9 +9
PP 28.253 18,74% 5 -7
IU-LV 15.897 10,55% 3 +1
Uvieu coat of arms.svg
Oviedo
27 concelleiros
PP 39.736 33,79% 11 -6
FAC 24.317 20,67% 7 +7
PSOE 23.886 20,31% 6 -3
Oviedo por la Izquierda 13.394 11,39% 3 +3
Flag of the Balearic Islands.svg
BALEARES
Escut de Palma.svg
Palma
29 concelleiros
PP 69.779 48,11% 17 +3
PSOE 39.071 26,94% 9 -2
PSM-IV-EN-APIB 12.005 8,28% 3 +3
Flag of the Canary Islands (simple).svg
CANARIAS
Escudolaspalmasgc.png
As Palmas de Gran Canaria
29 concelleiros
PP 68.641 43,21% 16 +4
PSOE 36.615 23,05% 9 -6
CGCa 11.096 6,98% 2 =
NCa 9.729 6,12% 2 +2
Escudostacruztfe.png
Santa Cruz de Tenerife
27 concelleiros
PP 25.406 28,36% 9 +3
CC-PNC-CCN 24.523 27,37% 9 -2
PSOE 13.965 15,59% 5 -2
ASSPPT 6.717 7,50% 2 +2
IU-LV-SxTf 5.193 5,80% 1 +1
CSC 4.810 5,37% 1 -1
Flag of Cantabria.svg
CANTABRIA
Escudo de Santander.svg
Santander
27 concelleiros
PP 52.657 56,24% 18 +3
PSOE 15.874 16,95% 5 -2
PRC 13.703 14,63% 4 -1
Bandera Castilla-La Mancha.svg
CASTELA-A MANCHA
Escudo Albacete.svg
Albacete
27 concelleiros
PP 46.383 52,13% 16 +3
PSOE 29.556 33,22% 10 -3
IU 5.561 6,25% 1 =
CoA Ciudad Real.png
Cidade Real
25 concelleiros
PP 20.207 51,56% 15 =
PSOE 12.419 31,69% 9 -1
IU 2.306 5,88% 1 +1
Escudo de Cuenca.svg
Cuenca
25 concelleiros
PSOE 12.828 43,79% 13 +2
PP 12.690 43,32% 12 -1
Escudo de Guadalajara.svg
Guadalaxara
25 concelleiros
PP 22.783 54,21% 16 +3
PSOE 12.773 30,39% 8 -3
IU 2.566 6,11% 1 =
Escudo de Toledo.svg
Toledo
25 concelleiros
PSOE 20.025 43,78% 12 +1
PP 19.395 42,40% 11 -1
IU 3.616 7,91% 2 =
Flag of Castile and León.svg
CASTELA E LEÓN
Escudo de Ávila.svg
Ávila
25 concelleiros
PP 14.732 51,70% 14 -2
PSOE 4.944 17,34% 4 -3
UPyD 4.062 14,26% 4 +4
IUCyL 2.977 10,45% 3 +1
Escudo de Burgos.svg
Burgos
27 concelleiros
PP 40.674 46,14% 15 =
PSOE 22.539 22,57% 8 -2
UPyD 10.424 11,82% 3 +3
IUCyL 4.550 5,16% 1 +1
Escudo de León (ciudad).svg
León
27 concelleiros
PP 29.932 44,61% 15 +4
PSOE 20.792 30,99% 10 -3
UPL 4.615 6,88% 2 -1
Escudo heraldico de Palencia.svg
Palencia
25 concelleiros
PP 21.335 49,20% 14 +3
PSOE 16.119 37,17% 10 -2
IUCyL 2.954 6,81% 1 =
Escudo de Salamanca.svg
Salamanca
27 concelleiros
PP 40.347 52,93% 18 +2
PSOE 22.018 28,89% 9 -2
Escudo de Segovia.svg
Segovia
25 concelleiros
PP 12.116 42,63% 12 =
PSOE 12.007 42,25% 12 -1
IUCyL 1.572 5,53% 1 +1
Escudo de Soria.svg
Soria
21 concelleiros
PSOE 8.374 46,07% 12 +3
PP 6.391 35,16% 9 =
Valladolid-COA.svg
Valladolid
29 concelleiros
PP 85.006 50,41% 17 +2
PSOE 45.525 27,00% 9 -4
IUCyL 17.727 10,51% 3 +2
Escudo de Zamora.svg
Zamora
25 concelleiros
PP 15.399 46,93% 14 +2
PSOE 7.582 23,10% 6 -2
IUCyL 5.296 16,14% 4 +1
ADEIZA-UPZ 1.998 6,09% 1 -1
Flag of Catalonia.svg
CATALUÑA
Escut de Barcelona.svg
Barcelona
41 concelleiros
CiU 174.022 28,74% 14[17] +2
PSC-PM 134.084 22,14% 11 -3
PP 104.301 17,22% 9 +2
ICV-EUIA-E 62.939 10,39% 5 +1
UxB 33.593 5,55% 2 -2
Spain.Girona.Escut.Timbrat.svg
Xirona
25 concelleiros
CiU 10.122 31,53% 10 +4
PSC-PM 7.500 23,36% 7 -3
PP 3.749 11,68% 3 +1
CUP-PA 2.981 9,28% 3 +3
ICV-EUIA-E 2.253 7,02% 2 -1
Escut de L'Hospitalet de Llobregat.svg
L'Hospitalet de Llobregat
27 concelleiros
PSC-PM 32.919 38,89% 13 -4
PP 15.693 18,54% 6 +1
CiU 10.421 12,31% 4 +1
ICV-EUiA-E 7.532 8,90% 2 =
PxC 6.192 7,31% 2 +2
Escudo de Lérida.svg
Lleida
27 concelleiros
PSC-PM 18.864 42,07% 15 =
CiU 8.212 18,31% 6 =
PP 7.410 16,52% 6 +3
Escut de Tarragona.svg
Tarragona
27 concelleiros
PSC-PM 17.826 36,94% 12 -1
CiU 9.920 20,55% 7 -1
PP 9.917 20,55% 7 +3
ICV-EUIA-E 2.602 5,39% 1 +1
Flag of the Land of Valencia (official).svg
COMUNIDADE VALENCIANA
Escudo de Alicante corona abierta.svg
Alacant
29 concelleiros
PP 75.434 52,14% 18 +3
PSOE 36.255 25,06% 8 -6
EUPV 11.008 7,61% 2 +2
UPyD 7.306 5,05% 1 +1
Escut de Castelló ornamentat-2.svg
Castelló de la Plana
27 concelleiros
PP 34.680 46,61% 15 +1
PSOE 19.816 26,63% 9 -3
BLOC-Compromís 6.572 8,83% 2 +1
EUPV 4.257 5,72% 1 +1
Escut de València.svg
Valencia
33 concelleiros
PP 208.727 52,54% 20 -1
PSOE 86.440 21,76% 8 -4
Compromís 35.881 9,03% 3 +3
EUPV 28.489 7,17% 2 +2
Flag of Extremadura.svg
ESTREMADURA
Badajoz city escudo.svg
Badaxoz
27 concelleiros
PP 41.438 56,81% 17 +2
PSOE 20.395 27,96% 8 -3
IU-V-SIEX 5.214 7,15% 2 +1
Cáceres - Escudo.svg
Cáceres
25 concelleiros
PP 29.013 56,58% 16 +4
PSOE 12.450 24,28% 7 -4
IU-V-SIEX 4.020 7,84% 2 +1
Escudo de Mérida.svg
Mérida
25 concelleiros
PP 13.848 44,98% 13 +1
PSOE 11.357 36,89% 10 -3
IU-V 1.843 5,99% 1 +1
SIEX 1.555 5,05% 1 +1
Galician flag.svg
GALICIA
Escudo de A Coruña.svg
A Coruña
27 concelleiros
PP 51.262 43,62% 14 +4
PSdeG-PSOE 31.338 26,67% 8 -3
BNG 14.149 12,04% 4 -2
EU-V 7.068 6,01% 1 +1
Escudo de Lugo 3.svg
Lugo
25 concelleiros
PP 22.844 44,25% 12 +3
PSdeG-PSOE 19.786 38,32% 11 +1
BNG 4.659 9,02% 2 -2
Escudo de Ourense.svg
Ourense
27 concelleiros
PP 21.564 37,84% 11 -2
PSdeG-PSOE 20.896 36,67% 11 +3
BNG 6.146 10,79% 3 -3
DO 4.529 7,95% 2 +2
Escudo de Pontevedra.svg
Pontevedra
25 concelleiros
PP 17.244 39,52% 11 -1
BNG 17.130 39,25% 11 +4
PSdeG-PSOE 5.803 13,30% 3 -3
Escudo de Santiago de Compostela.svg
Santiago de Compostela
25 concelleiros
PP 20.787 43,27% 13 +2
PSdeG-PSOE 14.876 30,97% 9 -1
BNG 6.389 13,30% 3 -1
Vigo.svg
Vigo
27 concelleiros
PP 61.616 42,39% 13 =
PSdeG-PSOE 50.045 34,43% 11 +2
BNG 16.374 11,26% 3 -2
Bandera de La Rioja.svg
A RIOXA
Coat of Arms of Logroño.svg
Logroño
27 concelleiros
PP 23.587 48,52% 17 +4
PSOE 21.686 29,57% 10 -2
Flag of the Community of Madrid.svg
MADRID
Escudo de Madrid.svg
Madrid
57 concelleiros
PP 756.952 49,69% 31 -3
PSOE 364.600 23,93% 15 -3
IU-LV 163.706 10,75% 6 +1
UPyD 119.601 7,85% 5 +5
Bandera da Rexión de Murcia
MURCIA
Escudo de Murcia.svg
Murcia
29 concelleiros
PP 123.052 60,71% 19 =
PSOE 39.489 19,48% 6 -3
IU-VRM 15.812 7,80% 2 +1
UPyD 12.506 6,17% 2 +2
Bandera de Navarra.svg
NAVARRA
Escudo de Pamplona.svg
Pamplona
27 concelleiros
UPN 34.426 35,80% 11 -2
NaBai 2011 21.715 22,58% 7 -1
PSN-PSOE 11.269 11,72% 3 -1
Bildu 10.463 10,88% 3 +3
PP 6.466 6,72% 2 +2
I-E 5.107 5,31% 1 +1
Flag of the Basque Country.svg
PAÍS VASCO
Escudo heráldico de Bilbao.svg
Bilbao
29 concelleiros
PNV 74.302 44,12% 15 +2
PP 29.046 17,25% 6 -1
Bildu 23.933 14,21% 4 +4
PSE-EE (PSOE) 22.680 13,47% 4 -3
Escudo de Donostia.svg
Donostia
27 concelleiros
Bildu 21.110 24,29% 8 +8
PSE-EE (PSOE) 19.666 22,63% 7 -3
PP 16.502 18,99% 6 =
PNV 15.587 17,93% 6 +1
Escudo de Vitoria.svg
Vitoria
27 concelleiros
PP 32.300 29,19% 9 =
PNV 21.149 19,11% 6 =
PSE-EE (PSOE) 20.727 18,73% 6 -3
Bildu 19.677 17,78% 6 +6

Resultados provisionais pendentes do escrutinio definitivo da Xunta Electoral.

Voto en branco en Aduna[editar | editar a fonte]

En Aduna (Guipúscoa) a campaña a favor do voto en branco por parte da esquerda abertzale ante a imposibilidade de presentar unha candidatura sen vinculación con Batasuna, impediu a chegada á alcaldía do PP -único partido que se presentaba- ao non chegar este ao mínimo 5% dos votos válidos. A Deputación de Guipúscoa decidiu a continuidade á fronte do Concello da corporación anterior formada por membros da ilegalizada ANV.[18]

Idéntica situación sucedeu en Irura (Guipúscoa) nas eleccións municipais de 2007 cando debido ao voto en branco ningunha das candidaturas presentadas: PSE-EE e PP, alcanzou o 5% dos votos válidos. A alcaldesa de EH elixida en 1999 prorrogou o seu mandato.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Lei Orgánica 5/1985, de 19 de xuño, do Réxime Electoral Xeral, en noticias.juridicas.com (en castelán)
  2. Real Decreto 424/2011, de 28 de marzo, polo que se convocan eleccións locais e ás Asembleas de Ceuta e Melilla para o 22 de maio de 2011. (en castelán)
  3. Eva Sáiz (23 de setembro de 2011). "145 pueblos repetirán las elecciones municipales del 22-M el 20-N". elpaís.com. Consultado o 8 de novembro de 2012. 
  4. Eva Sáiz (27 de setembro de 2011). "El 20-N habrá también elecciones municipales en 145 pueblos". elpaís.com. Consultado o 8 de novembro de 2012. 
  5. El Senado da luz verde a la reforma global de la Ley Electoral
  6. Artigo 197 da lei orgánica 2/2011, do 28 de xaneiro, pola que se modifica a Lei orgánica 5/1985, do 19 de xuño, do réxime electoral xeral.
  7. El PSOE ofrece no presentar ningún candidato tránsfuga si todos hacen lo mismo, en elmundo.es
  8. O censo exterior bate marcas cando queda sen poder votar
  9. Disposición Transitoria Sétima, da Lei Orgánica 5/1985, do 19 de xuño, do Réxime Electoral Xeral (en castelán)
  10. Centrados en Ti Arquivado 01 de setembro de 2011 en Wayback Machine. - PP
  11. 'Para que gane tu ciudad', eslogan de los socialistas para las municipales - El Mundo
  12. "Sobran motivos, IU-CM". Arquivado dende o orixinal o 07 de decembro de 2012. Consultado o 08 de novembro de 2012. 
  13. [1]
  14. 'Unitat per Barcelona', la marca electoral de Laporta y Portabella
  15. La Junta Electoral prohíbe la concentración de 'indignados' en Sol - Libertad Digital
  16. Resultados Ministerio do Interior
  17. El Tribunal Constitucional entrega al PP su noveno concejal en Barcelona
  18. El PP, única lista en Aduna, no logra los votos suficientes El Correo, 23/05/2011

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]