Juan José Cardona
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 28 de setembro de 1962 (62 anos) Arucas, España |
Alcalde das Palmas de Gran Canaria | |
Actividade | |
Lugar de traballo | As Palmas de Gran Canaria |
Ocupación | político |
Partido político | People's Party of the Canary Islands (en) Partido Popular |
Juan José Cardona González, nado en Arucas (Gran Canaria) o 28 de setembro de 1962, é un político canario. O 22 de maio de 2011 foi proclamado alcalde de Las Palmas de Gran Canaria, sendo investido no cargo o 11 de xuño dese mesmo ano.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]No ano 1986 licénciase en Dereito na Universidade Complutense de Madrid. Desde 1986, até 1995 exerce de avogado, profesión que levou a cabo xunto coa de Secretario Xeral da Confederación de Empresarios en 1991. É en 1991 cando se afilia como militante ao Partido Popular na cidade das Palmas de Gran Canaria.
É en xuño de 1995 cando exerce como concelleiro no Concello das Palmas de Gran Canaria, durante este período de tempo exerce de Terceiro Tenente de Alcalde e Concelleiro de Tráfico, Aparcadoiros e Transportes, até o ano 1996, ano no que asume as áreas de Organización, Tráfico e Seguridade. Juan José repite por segunda vez nas filas do Partido Popular nas Palmas de Gran Canaria. Entre os anos de 1999 e 2003, ocupou a área de Urbanismo e Aparcadoiros e foi Terceiro Tenente de Alcalde por segundo mandato consecutivo na súa carreira política.
Tamén ocupa outros cargos entre os que cabo destacar o de ser representante da corporación na Zona Franca de El Puerto da Luz, tamén como membro do Consello de Administración de Gestur e Visocan; da Caja de Canarias, na Fundación Auditorio Alfredo Kraus e no Consello de Administración da Autoridade Portuaria.
Entre os anos de 2000 a 2004 é Presidente Insular en Gran Canaria polo Partido Popular, e en 2003, Juan José decide comezar o seu avance na política no Cabido Insular de Gran Canaria, onde exerceu de Vicepresidente e Conselleiro de Turismo e Presidente do padroado de Turismo entre os anos de 2003 e 2007.
O 22 de maio de 2011, é proclamado alcalde das Palmas de Gran Canaria.